"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Mineraloxista británico. Fixo estudos importantes sobre cristalografía e introduciu o uso dos símbolos cristalográficos, ideados por W. Wavell, que desenvolveu e adaptou, e que se coñecen co nome de índices de Miller. Da súa produción destacan Treatise on Cristallography (1839), An Elementary Introdution to Mineralogy (1852) e A Tract on Cristallography (1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Socialista independente, foi ministro de Industria e Comercio e despois de Traballo e de Guerra. Pasou á dereita e foi un dos fundadores do Bloc National. Converteuse en presidente da República (1920-1924) e dimitiu pola oposición radical-socialista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Nunha primeira etapa dedicouse principalmente ao retrato, como Mme Lecourtois (1845), pero unha vez instalado en Barbizon tratou o tema rural, que situaba as figuras dentro da paisaxe, nun estilo próximo ao realismo holandés. A simplicidade coa que representou a sociedade campesiña fixo que os críticos liberais considerasen a súa pintura como socialista. Destacan Le Vanneur (1848), Les Glaneuses (1857) e L’Angélus (1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Experimento destinado a medir a carga eléctrica do electrón, realizado entre 1910 e 1916 por un equipo dirixido por R.A. Millikan. O experimento consiste esencialmente en facer caer gotas de aceite, mediante un pulverizador, no seo dun campo eléctrico. Algunhas das gotas cárganse electricamente e, se se dá ao campo eléctrico un valor apropiado, é posible equilibrar a caída. Millikan observou que os valores das cargas eléctricas das gotas son múltiplos enteiros dunha cantidade fixa, que é a carga elemental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Foi profesor de física na University of Chicago e director do laboratorio Norman Bridge (1921-1926). Despois de estudar os fenómenos da descarga eléctrica en gases, verificou a ecuación fotoeléctrica de Einstein e avaliou a constante de Planck. Traballou en diversas ramas da física, como as radiacións ultravioletas e a estrutura atómica, e estudou os raios cósmicos (1918). Conseguiu calcular a carga elemental do electrón, mediante o denominado experimento de Millikan. Recibiu o Premio Nobel de Física (1923) .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa habilidosa, que ten destreza para facer moitas cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de santa Eufemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Celanova. Edificada sobre unha cidadela romana, no s X pertencía ao mosteiro de Celanova e no s XII reconstruíuno a Coroa. Destruído e reconstruído polos irmandiños, no s XVIII comezou a súa decadencia e construíuse a igrexa de Santa María de Milmanda, que ten como campanario unha das torres do castelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e humorista. En 1906 entrou na redacción da revista Punch, onde publicou unha tira cómica. A súa obra narrativa destaca polo conxunto de contos infantís sobre os animais, sobre todo as historias de Christopher Robin e o seu oso de xoguete, Winnie-the Pooh. Publicou os libros Winnie-the-Pooh (1926) e The House at Pooh Corner (1928), e como poeta Now We are Six (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político serbio. En 1984 foi nomeado presidente da Savez Komunista Srbije (Liga Serbia dos Comunistas), que se rebautizou como Socijalisticka Partija (Partido Socialista), e en 1988 foi escollido presidente de Serbia, cargo renovado en 1990 e 1992. Foi o impulsor do proxecto da Gran Serbia. En 1992 promoveu a guerra contra Croacia e deu soporte ao goberno serbio instaurado en Bosnia e presidido por R. Karadzić. Baixo presión diplomática, en 1995 asinou os Acordos de Dayton que deron fin á guerra da antiga Iugoslavia. As eleccións municipais de 1996 mostraron a derrota da súa coalición Socijalisticka Partija Srbije (Partido Socialista Serbio) e o non recoñecemento dos resultados ocasionou multitudinarias manifestacións promovidas pola coalición opositora Zejedno. Foi nomeado presidente da República Federal de Iugoslavia en 1997 pero en 2001 foi derrotado e xulgado polo Tribunal Internacional de Xustiza tras a intervención iugoslava en Kosovo (1999), por crimes contra a humanidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista ucraíno. Actuou habitualmente co pianista V. Horowitz. En 1929 marchou a EE UU, onde deu numerosos concertos, e foi aclamado polas súas interpretacións de obras de J.S. Bach e o seu repertorio romántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona montañosa de Sumatra Occidental, situada na illa de Sumatra, Indonesia, onde habita unha poboación malaia dedicada ao cultivo de arroz, cocos, cacahuetes e café.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e escritor. Aínda que inicialmente se negou a recoñecer a Xosé I Bonaparte como rei de España (1808-1813), despois converteuse nun dos seus conselleiros. Emigrou a Francia en 1814 pero volveu a España entre 1816 e 1831. Escribiu Lamentos políticos de un pobrecito holgazán (1820) e Dicionario Geográfico Estadístico e Histórico-Biográfico (1885). Foi membro da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e porto do estado de Veracruz, México, situada no istmo de Tehuantepec, na beira do río Coatzacoalcos (142.060 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Filipinas, a máis meridional e a segunda en extensión (99.311 km2; 12.243.000 h [estim 1999]). O relevo predominantemente montañoso acada a súa máxima altitude en Apo (2.953 m), volcán activo próximo a Davao. O clima é tropical. A pesca e a explotación forestal son a base da súa economía. A industria dedícase á transformación de produtos agrícolas, especialmente copra e ananás para a exportación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Filipinas, formada polas provincias de Cotabaco do Norte, Lanao do Norte, Lanao do Sur, Maguindanao e Sultan Kudarat (14.373 km2; 2.598.210 h [2000]). A cidade máis importante é Iligan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Filipinas, formada polas provincias de Cotabato do Sur, Davao do Norte, Davao Oriental, Davao do Sur e Surigao do Sur (27.141 km2; 5.189.335 h [2000]). A cidade máis importante é Davao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Filipinas, formada polas provincias de Basilan, Sulu, Tawi-Tawi, Zamboanga do Norte e Zamboanga do Sur (16.042 km2; 3.091.208 h [2000]). A cidade máis importante é Pagadian.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Filipinas, formada polas provincias de Aguan do Norte, Aguan do Sur, Bukidnon, Camiguin, Misamis Occidental, Misamis Oriental e Surigao do Norte (14.033 km2; 2.747.585 h [2000]). A cidade máis importante é Cagayan de Oro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fosa de Filipinas.

    VER O DETALLE DO TERMO