Mindanao

Mindanao

Illa de Filipinas, a máis meridional e a segunda en extensión (99.311 km2; 12.243.000 h [estim 1999]). O relevo predominantemente montañoso acada a súa máxima altitude en Apo (2.953 m), volcán activo próximo a Davao. O clima é tropical. A pesca e a explotación forestal son a base da súa economía. A industria dedícase á transformación de produtos agrícolas, especialmente copra e ananás para a exportación.