"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

    1. Que ten ou que produce seme.

    2. Que produce ou que porta sementes.

    3. Cada un dos túbulos que se encargan de transportar os espermatozoides maduros segregados polo lóbulo correspondente do testículo dos cordados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Licenciado en Filosofía e Letras, foi vicepresidente da Asociación de Tradutores Galegos e, desde 2000, presidiu a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) e foi subdirector xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura. Coordinador e autor de libros de texto, escribiu Gillermo Tell. Lenda suíza (1984) e traduciu, entre outras obras, Os dentes do león (1984), Polgariño (1991), Ética para o meu fillo (1996) ou O colar do rei (1996). Recibiu o Premio Francisco Fernández del Riego á cooperación no labor editorial (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das galaxias espirais que se caracterizan por ter un núcleo de cor azul, de moitas pequenas dimensións e extremamente luminoso. A primeira galaxia deste tipo foi descuberta no ano 1944 por Carl Seyfert, que o mesmo ano identificou 11 máis. A súa luminosidade, normal na rexión visible, é moi elevada na zona infravermella. Algunhas son tamén potentes fontes de ondas radioeléctricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Das súas obras destacan The Royal Hunt of the Sun (1964), baseada na vida de Pizarro; Black comedy (1965), Equus (1973) e The Gift of the Gorgon (1992). Algunhas foron levadas ao cine, como Amadeus (1984), pola que gañou o Oscar (1985) ao mellor guión adaptado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conectiva lóxica binaria coa que se poden expresar todas as outras conectivas clásicas. Se p e q son dúas proposicións, represéntase por p/q a dobre negación “nin p nin q”. A negación de p, “non p”, escríbese p/p e a disxunción, “p ou q”, escríbese (p/q)/(q/p).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen porta unha insignia ou un sinal.

    2. Portaestandarte romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da República Autónoma de Crimea, situada en Ucraína (337.118 h [1999]). Ten industria alimentaria e téxtil, unida por ferrocarril con Sebastopol. Xurdiu, no lugar da antiga Neápolis, durante a dominación dos tártaros, como residencia dos khans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • panhipopituitarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada en 1970 en Ferrol. Naceu coa finalidade de expandir e promocionar a arte. Organiza cursos, conferencias e exposicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía estatal francesa que ten o monopolio do transporte ferroviario de persoas e mercadorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Da súa filmografía destacan Los hijos del fierro (1973-1977) e La mirada de los otros (1980), exemplos do cine de liberación. Tamén salientan Tangos, el exilio de Gardel (1985) e Memoria del saqueo (2004). Recibiu o premio ao mellor director no Festival de Cine Independente de Cannes por Sur (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate que tivo lugar o 24 de xuño de 1859, preto da vila lombarda de Solferino, entre as tropas franco-piemontesas, dirixidas por Napoleón III, e as austríacas, mandadas polo Emperador Francisco Xosé I, no curso da guerra pola independencia de Italia. A derrota austríaca, xunto coa anterior de Magente, obrigou a Francisco Xosé I a ceder Lombardia a Francia, que a entregou a Piemonte, a cambio da Alta Savoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Muxía? 1902 -?) Produtor cinematográfico. Instalado en Cuba, iniciou o seu labor profesional como distribuidor de cine español en Cuba. Director de Cifesa (1935) en La Habana, en 1937 trasladouse a Berlín para crear Hispano-Film-Produktion, unha empresa constituída por Cifesa e UFA. En colaboración co realizador alemán Johann W. Ther participou na produción de diversas longametraxes. Despois de colaborar nalgunha coprodución italo-española, produciu en España La Dolores (1939) e La gitanilla (1939). Ao seu regreso a La Habana sufriu as acusacións dos medios de comunicación cubanos pola súa relación con réximes fascistas e a expulsión do país (1942). Ao seu retorno a España fundou as produtoras Marta Films e Profilms 21.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi arcipreste da catedral de Santiago de Compostela e provisor e vigairo da arquidiocese; desde 1907 foi bispo de Mondoñedo. Foi senador pola provincia eclesiástica de Santiago (1914-1915, 1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Pertenceu á Comisión dos 16, encargada da redacción do Anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Vinculado ao Partido do Traballo de Galicia (PTG), estivo presente na xuntanza o 10 de xaneiro de 1979 en Santiago no Pazo de Raxoi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce sono.

    2. hipnótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que produce sono ou sopor.

      2. Que produce aburrimento.

    1. Aplícase ao produto que diminúe o estado de vixilia sen chegar a producir a inconsciencia, provocando un estado de pre-hipnose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico, escritor e relixioso franciscano. Formado cos mestres Koechlin, Bertelin e Palau, en Tetuán fundou e dirixiu a Coral Polifónica Hispano Arábiga. Das súas composicións destacan Misa de Requiem (Ego Sum), Miserere, Cantares de amanecer e Cantigas Galaicas, con textos de Rosalía de Castro. Publicou Origen de la música marroquí (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, xornalista e mestre. Emigrou ao rematar o bacharelato á Arxentina e ao seu regreso traballou como mestre, presidiu (1935) a ATEO e participou na actividade sindical da FETE. En 1931 ingresou no PCE, feito que o levou durante a Guerra Civil Española a fuxir cara a Portugal e Francia. Regresou a España, uniuse ao bando republicano e creou Solidariedade Galega Antifeixista, da que foi secretario xeral. Colaborador de diversas publicacións, como El Eco, El Soviet e Escuela del Trabajo, en 1938 foi director da revista Nueva Galicia. Fundador de Alianza Nazonal Galega, do Padroado da Cultura Galega de México e da revista Loita, participou na creación da Unión do Pobo Galego (1964), do Partido Galego do Proletariado (1976), de Galicia Ceibe e, con D. Gurriarán, A. Souto e C. Velo, da revista Vieiros. Mantivo diversos contactos co grupo Brais Pinto nalgunha das súas visitas a España. Destaca a súa obra póstuma Castelao, a U.P.G e outras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Militou no PSdeG-PSOE (1978-1998), partido ao que axudou a fundar na clandestinidade e ao que representou como alcalde de Vigo entre 1979 e 1991. En 1998 fundou un novo partido, Progresistas Vigueses (Progresistas Galegos) que máis tarde se fusionou con outros partidos para crear Democracia Progresista Galega. Pertenceu á comisión xestora e á dirección da Federación Española de Municipios y Provincias, e foi vicepresidente dunha das catro comisións do Consello de Europa, como representante dos concellos, provincias, nacionalidades e rexións de España. Tamén exerceu como consultor de empresas e especialista en mercadotecnia e dirección comercial. Recibiu a Gran Cruz do Mérito Naval e a distinción de presidente de honra do Real Club Celta, así como a Insignia de Ouro e Brillantes do Club.

    VER O DETALLE DO TERMO