"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Misal Compostelano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución eclesiástica francesa encargada da evanxelización das rexións máis descristianizadas. Foi establecida pola xerarquía francesa en Lisieux (1941) e a súa sé foi trasladada a Pontigny (Yonne), onde pasou a depender dun prelado francés (o primeiro foi o cardeal Liénart, bispo de Lille), representado por un vigairo xeral residente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Época que se corresponde co Carbonífero Inferior e que está comprendida entre o Devónico e o Pennsylvaniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao río Mississippi.

    2. Relativo ou pertencente ao Mississippiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo reino de Oriente Medio (1560?-1350? a C), centrado na Alta Mesopotamia. A súa poboación era hurrita, foi dirixido por unha aristocracia militar indoaria, a dos maryanna, que practicou de 1560 a 1450 a C unha política antiexipcia para o control de Siria, e de 1450 a 1350 a C, unha política antihitita. O Rei Parattarna (1545?) someteu Alalakh (Siria) e Kizzuwadna (Cilicia). Baixo Saustatar (1500?), acadou o seu apoxeo estendéndose do Tauro ao Zagros e dos Amanus ata Al-Biqā’, aínda que foi nese momento cando Tutmosis III invadiu o reino (1472). Artatama I (1450) iniciou a política proexipcia e antihitita, pero Tušratta (1395?-1355 a C) foi atacado por Šuppiluliumaš I e perdeu a capital (1355), Waššukkani. Finalmente foi sometido polos hititas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico estadounidense. Interpretou fundamentalmente papeis tráxicos e westerns. Despois da súa participación en The Story of G. I. Joe (1945), pola que foi nominado ao Oscar como mellor actor secundario, converteuse nunha das estrelas máis cotizadas de Hollywood. Da súa filmografía destacan River of No Return (1954), The Night of the Hunter (1955), Home from Hill (1960), Cape Fear (1962 e 1991), El Dorado (1966), The Yakuza (1975), The Last Tycoon (1976), The Ambassador (1984) e Dead Man (1995). Recibiu o Premio Donostia polo conxunto da súa carreira (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inclinación enfermiza a inventar mitos ou historias fantásticas, que acompaña a miúdo certos estados psicopatolóxicos. No neno, a mitomanía é case fisiolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen está afectado de mitomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria xaponesa, creada en 1880, con domicilio social en Toquio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle navegable de Alemaña, de 323 km de longo. Vai en dirección O-L, desde a canle de Dortmund-Ems, en Bevergen, ata o Elba, ao N de Magdeburg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Doutor en Dereito, formou parte, entre 1947 e 1957, de diversos gobernos da Cuarta República e, ao se constituír o renovado Parti Socialiste (1971), pasou a ser o secretario xeral. En 1981 acadou o cargo de presidente da república, co apoio do conxunto da esquerda. Aplicou un programa de corte social, que foi en parte revisado en 1983 a raíz da crecente inflación, pero, coa introdución de medidas de austeridade, perdeu o apoio comunista. A derrota socialista nas eleccións lexislativas de 1986 obrigouno a gobernar cunha Assemblée Nationale dominada pola oposición. Reelixido nas presidenciais de 1988, mantivo o cargo ata 1995, en que foi sucedido por Jacques Chirac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ísceras dun animal que se mata para comer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Monterrei. Construída durante o s X, inicialmente debeu formar parte dun mosterio beneditino. En 1115 pasou a San Salvador de Celanova a consecuencia dunha doazón de Afonso VII, e con Carlos I pasou a depender de Monterrei. Ten tres naves separadas por piares e rematadas en ábsidas cuadrangulares por fóra e semicirculares por dentro, cubertas con bóvedas de aresta feitas de ladrillo. Presenta características propias dos estilos que se desenvolveron na Península Ibérica en época prerrománica (ss VI-X): visigodo, mozárabe e asturiano. Destaca o contraforte da esquina dunha das ábsidas laterais, posiblemente colocado para corrixir as deficiencias técnicas da construción inicial dos muros. As escavacións realizadas na década de 1960 mostraron a existencia de varias edificacións anexas. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome antigo de Sapitwa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Directora teatral e cinematográfica francesa. Fundou en 1964 o Théâtre du Soleil, compañía que dirixiu nas versións de O soño dunha noite de verán, Mephisto e 1789. En cine destacan os seus filmes Molière (1978) e La nuit miraculeuse (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de Virxe do Carme que dá nome ao concello de Moaña, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Moaña baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Morrazo, situado ao O de Galicia e ao centro-oeste da provincia de Pontevedra. A súa posición xeográfica é latitude 42° 16’ N e lonxitude 8° 44’ O. Limita ao N co concello de Marín (comarca do Morrazo), ao L co de Vilaboa (comarca de Pontevedra), ao S coa ría de Vigo e ao O cos concellos de Cangas e Bueu (comarca do Morrazo). Abrangue unha superficie de 35,1 km 2 nos que acolle unha poboación de 18.587 h (2007), distribuída nas parroquias de Domaio, Meira, Moaña (San Martiño), Moaña (Virxe do Carme) e Tirán. A capital municipal, a vila de Moaña, localízase a 26 km ao O da cidade de Pontevedra e a 85 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Cangas do Morrazo.
    Xeografía física
    Moaña está situada na ría de Vigo, bañada polo Atlántico interior ao longo de todo o seu perfil costeiro de 19,5 km de lonxitude. Forma parte da península do Morrazo, que divide as rías de Vigo e Pontevedra....

    VER O DETALLE DO TERMO