"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Moaña. A edificación primitiva era de estilo románico (s XII), pero foi reformada no s XVIII. Con planta de cruz latina, da primitiva fábrica consérvase a nave principal e a fachada occidental que presenta arquivoltas semicirculares que cinguen o tímpano co baixorrelevo de san Martiño. Sobre o conxunto destaca un topete apoiado en dúas esveltas columnas e nunha fileira de canzorros. A torre, situada no ángulo, é de estilo barroco (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Moaña ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Moaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Realizou estudos de Veterinaria, Dereito e Maxisterio. Exerceu a docencia en diversas escolas e colaborou en diversos periódicos, ademais de estar vinculado á vida cultural galega do seu tempo. Rexeitou un ensino sumido na rutina e en locais incorrectamente acondicionados e avogou polo traballo manual como técnica pedagóxica. Da súa produción destacan La escuela primaria es libre. La escuela oficial obligatoria atenta a un derecho inalienable y a un deber sagrado del padre de familia, Santiago y Padrón e El trabajo manual educativo: Medios para implantarlo de un modo eficaz en las escuelas de primera enseñanza (1907), ademais dalgunhas composicións poéticas como o romance “O mayo” ou poema relixioso “A cruz de mayo” (1932). Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Recibiu a Medalla de Afonso XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e entallador. Traballou nalgúns dos trazados realizados por Fernando de Casas e por Domingo de Andrade. Realizou o retablo e a custodia para a capela maior de San Fiz de Lovio (1727), en Santiago de Compostela, e os retablos laterais para a capela da orde Terceira de San Francisco de Santiago (1737). Na catedral de Santiago de Compostela traballou na capela da Virxe da Azucena, sobre planos de Fernando de Casas, e nas bóvedas da sala capitular, baixo as ordes de Lucas Caaveiro (1754).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e astrónomo alemán. A súa obra Der barycentrische Calcül (1827) foi fundamental para o desenvolvemento da xeometría proxectiva. Estudou as transformacións circulares sobre o plano (1855) e deu o primeiro exemplo de superficie unilateral coa banda ou cinta de Möbius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superficie non orientada, é dicir, que ten unha soa cara. Foi ideada por A. F. Moübius, que a construíu tomando unha cinta plana, torcendo 180° un dos extremos e xuntándoo, seguidamente, co outro extremo. OBS: Tamén se denomina cinta de Möbius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paso marítimo do Océano Índico que separa a illa de Madagascar da costa do SL de África, fronte a Moçambique. A anchura máxima é de 850 km e a mínima de 450 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Considerouse o iniciador da escultura barroca italiana. Traballou en Orvieto, onde fixo a Annunziata para a catedral (1603-1610). En Roma fixo o San Matteo (1610-1612) para a capela Paulina de Santa María Maggiore e unha Veronica (1628-1640) para unha das fornelas da cúpula da basílica de San Pedro. En Piacenza fixo as estatuas ecuestres de Ranucio e Alessandro Farnese (1612-1629).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización xuvenil do Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei fundada en 1922. Ocupouse da formación premilitar e ideolóxica da mocidade alemá desde que Hitler ocupou o poder (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina do Partido Moderado.

    2. Ideoloxía dos moderados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Virxe e mártir, filla do gobernador romano Quirino. Convertida ao cristianismo por san Potenciano, a quen visitaba na cadea, o seu pai mandouna tirar a un pozo. A súa festividade celébrase o 13 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tréveris (?-486). Foi moi caritativo cos pobres. A súa festividade celébrase o 24 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Ingresou (1930) no Partido Comunista de España, e ao estoupar a Guerra Civil Española (1936) mandou, sucesivamente, o V Rexemento, a XVIII Brigada Mixta, a IV División, a Agrupación de Vallecas e o V Corpo do Exército. Ascendeu a tenente coronel de milicias (1938) e comandou a Agrupación Autónoma, máis tarde Exército do Ebro, á fronte da que librou a Batalla do Ebro e conseguiu o grao de coronel. Ao finalizar a guerra emigrou a URSS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Foi preceptor de san Vito e morreu martirizado durante a persecución de Diocleciano   co seu mestre e santa Crescencia. A súa festividade celébrase o 15 de xuño, aínda que a reforma litúrxica posterior ao Concilio Vaticano II o eliminou do calendario litúrxico universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Patriarca de Xerusalén. Foi abade de San Teodoro de Palestina e sucedeu a san Zacarías como patriarca de Xerusalén. Escribiu unhas homilías e un panexírico sobre a Asunción. A súa festividade celébrase o 16 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Despois dunha primeira etapa marcada polo tema da ocupación alemá, pasou a elaborar unhas obras cun estilo máis intimista. Colaborou con Louis Malle na elaboración do guión para o filme Lacombe Lucien (1973). Destacan as súas obras La place de l’Etoile (1968), Les boulevards de ceinture (premio da Académie Française, 1972), Villa triste (1975), Voyage de noces (1990) e Des Inconnues (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que modifica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor italiano. Estudou en Livorno, Florencia e Venecia e en 1906 trasladouse a París, onde recibiu a influencia de Cézanne, Toulouse-Lautrec e Picasso. Viviu en Montparnasse unha vida bohemia de fame e miseria, e morreu tuberculoso. Pintou practicamente só nus, cabezas de muller e retratos dos seus amigos, mediante un trazo lineal que subliñaba as formas, pintadas con temperanza en tons ocres, azuis, brancos e negros. A súa obra escultórica, iniciada co seu amigo C. Brâncuşi (1909), revelou un espírito e unha temática semellantes á súa pintura, como en Testa (1912). Entre os seus cadros destacan Nudo sdraiato a braccia aperte, Lolotte e Ritratto de Jean Cocteau, os tres de 1917.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista italiano. Naturalizado estadounidense, foi un especialista en teoría monetaria e fiscal. Publicou, entre outras, National Income and International Trade (1953), xunto con H. Neisser, e Role of Anticipations and Plans in Economic Behaviour (1961), con K. J. Cohe. Recibiu o Premio Nobel de Economía (1985) polos seus estudos sobre o aforro e os mercados financeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andrzej Frycz Modrzewski.

    VER O DETALLE DO TERMO