Moaña, San Martiño de
Moaña, San Martiño de
Igrexa parroquial situada en Moaña. A edificación primitiva era de estilo románico (s XII), pero foi reformada no s XVIII. Con planta de cruz latina, da primitiva fábrica consérvase a nave principal e a fachada occidental que presenta arquivoltas semicirculares que cinguen o tímpano co baixorrelevo de san Martiño. Sobre o conxunto destaca un topete apoiado en dúas esveltas columnas e nunha fileira de canzorros. A torre, situada no ángulo, é de estilo barroco (s XVIII).