"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Economista castelán. Defendeu a doutrina mercantilista, e explicou, nos seus Discursos (1619), as medidas que había que tomar para evitar a saída de produtos e metais preciosos do país e, ao mesmo tempo, favorecer a actividade económica interior.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo alcanzado o 25 de outubro de 1977, e aprobado polo Parlamento o día 27 do mesmo mes, polos partidos políticos de España, salvo Alianza Popular, para consolidar a transición democrática e dar impulso á modernización económica do país. Reuníronse no palacio de La Moncloa o presidente, os membros do goberno e os representantes dos grupos parlamentarios do Congreso de los Diputados. Despois do diagnóstico da situación económica do país, calificada como grave, decidiron establecer unha serie de medidas monetarias, financeiras e de emprego, que permitiron restablecer o equilibrio na economía española con actuacións a curto plazo, como a diminución da inflación, a redución do paro e a mellora da situación da balanza de pagamentos.
-
PERSOEIRO
Actor. Coñecido como Jean Gabin, foi o prototipo de home duro e un destacado intérprete do inspector Maigret, como en Maigret voit rouge (1963). Cómpre salientar os filmes La nuit est mon royaume (premio ao mellor actor en Venecia, 1951), Touchez paus au grisbi (1954, premio ao mellor actor en Venecia), Archimède, le clochard (1959, Silberner Bär en Berlín), Le chat (1971, Silberner Bär en Berlín) e L’année sainte (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Mondariz. Construída a mediados do s XVIII en estilo neoclásico, ten planta de cruz latina e cuberta con bóveda de pedra de cantaría, con imitación do gótico no corpo da igrexa e na sancristía. O presbiterio é neoclásico. No seu interior destacan cinco retablos, todos neoclásicos ou máis modernos, agás o do altar maior de estilo barroco. Na fachada principal destaca a torre do campanario con dous corpos e catro campás de bronce.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto monástico situado en Foz. A súa orixe non se coñece con exactitude pero si se sabe que foi refuxio de san Martiño de Dumio. Foi sé episcopal da diocese do N de Galicia ata a construción da catedral de Mondoñedo no s XII. Distínguense tres etapas construtivas no templo: iniciouse entre os ss V e VI en estilo prerrománico, do que quedan restos de muros, columnas e capiteis; no s XI comezou a influencia románica, que se observa na cabeceira de tres ábsidas semicirculares cubertas no exterior por arcos de medio punto; e xa no s XV, engadiuse unha torre no lado sur. A igrexa ten tres naves e a ábsida central leva contrafortes no exterior. No seu interior destacan as tallas dos capiteis historiados e os frontais do altar, ademais das pinturas murais. Na fachada presenta unha arquivolta semicircular e o lintel historiado. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1931.
-
PERSOEIRO
Compositor francés. Debutou en 1734 como violinista no Concert Spirituel, que dirixiu entre 1735 e 1762. Escribiu ópera, numerosas obras relixiosas, motetes e concertos para violín. Da súa produción destacan Pièces de clavecin en sonates (1734), Les sons harmoniques (1738), Triton et l’Aurore (1753) e Thésée (1765).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Coñecido como Piet Mondrian, considerouse o pai do neoplasticismo ou plástica pura. Formouse como profesor de arte na Academia de Belas Artes de Amsterdam e deuse a coñecer en 1906 como pintor tradicional de paisaxes. En 1911 instalouse en París. O seu espírito austero, e as súas crenzas teosóficas, levárono a unha linguaxe pictórica inspirada polo ángulo recto, a liña, o plano e as cores primarias e o negro, buscando sobre todos eles unhas leis de harmonía. En 1914 volveu a Amsterdam e continuou as súas investigacións dentro dun sistema severo de horizontais e verticais. Con Christian-Emil-Marie Küpper fundou a revista De Stijl (1917), voceira das tendencias xeométricas e construtivistas. Formulou teoricamente o neoplasticismo como unha nova organización do espazo e eliminou da pintura todo selo manual co fin de alcanzar na simplicidade a máxima forza plástica. Despois dunha estancia en París, en 1919 volveu a Holanda, pero fuxindo da guerra, pasou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pieter Cornelis Mondriaan.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Castro de Rei. Foi reconstruída no s XVIII polos donos da casa señorial do Pacio, inmediata ao templo. De planta rectangular, está realizada en cantaría e cachotaría con cuberta de lousa. No seu interior destaca o arco triunfal de medio punto que dá acceso á capela maior de planta rectangular. O retablo maior é neoclásico, igual ca os dous laterais. Na fachada principal destaca a porta con molduras e na parte alta o frontón con tres escudos. A espadana é barroca con dous vans e remate.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e escultor. Deseñou a capela do Santísimo da catedral de Toledo (1610), de influencia herreriana, e traballou como escultor no Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista. Coñecido como cabaleiro de Lamarck, foi discípulo de Bernard de Jussieu, e en 1778 publicou a súa obra Flore française, onde utilizou por primeira vez unha clave dicotómica para clasificar as plantas. O conde de Buffon, interesado polo seu traballo, confioulle unha misión científica por Europa central para enriquecer as coleccións de plantas do Jardin du Roi. En 1794 foille concedida a cátedra de zooloxía do museo de ciencias naturais, co cargo de clasificar as coleccións de animais inferiores. Da súa obra destacan Philosophie zoologique (1809), onde expuxo as súas ideas sobre os seres vivos e formulou a primeira teoría positiva sobre a evolución, e Histoire naturelle des animaux sans vertèbres (1815-1822), onde recolleu os seus coñecementos sobre invertebrados e puxo os fundamentos da súa clasificación sistemática.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Monfero. Ten a súa orixe nun cenobio cisterciense do s XII que recibiu o apoio do conde de Traba e de Afonso VII. Renovouse completamente no s XVII en estilo barroco. A igrexa, de orixe románica, é dunha soa nave con planta de cruz latina. Na intersección entre a nave principal e a do cruceiro sitúase unha cúpula-ciborio octogonal con ventás no tambor e bóveda de canón casetonada. Os muros laterais da nave están decorados con columnas que sosteñen unha cornixa que percorre a igrexa. A cabeceira está formada pola capela maior rectangular, enmarcada por dous capelas rectangulares. Está percorrida por un deambulatorio. Tras o altar maior atópanse unha sancristía e unha capela, onde celebraban misa os sacerdotes que non pertencían ao mosteiro. Cóbrese cunha bóveda de comezos do s XVIII. No brazo norte do cruceiro destaca o retablo pétreo da Virxe da Cela (1666). No interior do templo destacan os sepulcros de Nuno Freire de Andrade o Mao, de estilo gótico, o do seu...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento dominicano situado en Monforte de Lemos. Realizado en estilo renacentista con elementos barrocos, foi fundado en 1623 pola viúva do VII conde de Lemos. Destaca o seu patio que ocupa dous pisos, con pilastras que o abarcan en altura, dándolle monumentalidade. A igrexa ten unha soa nave presidida por unha capela maior, cuberta cunha cúpula renacentista. Destaca o artesoado formado por seis panos dispostos de xeito lonxitudinal e divididos en sete partes. O retablo da capela maior, de estilo plateresco, pretendía xustificar a presenza da orde dominicana no concello, fomentar a devoción pola Virxe María e o rezo do Rosario. No retablo da Virxe do Rosario atópase unha imaxe da Virxe co neno atribuída á escola de Valladolid do s XVII. Nas mesmas dependencias atópase o arquivo parroquial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hospital e ermida situada en Monforte de Lemos. A primeira nova documental coñecida refírese a un documento de 1592 escrito na sala De profundis do desaparecido convento franciscano de Santo Antonio de Padua. Trátase dun templo de orixe medieval pero con numerosas reformas posteriores. Conta con muros de cachotaría, un pórtico sustentado por piares cuadrangulares e un retablo dedicado a san Lázaro. Só se conserva o templo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convento situado en Monforte de Lemos. Foi fundado por Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, VII conde de Lemos, e a súa muller, dona Catarina de la Cerda, en 1622. Destaca polo seu claustro de estilo clasicista, realizado en cantaría nun estilo sobrio a base de pilastras. A igrexa, reconstruída na década de 1920, realizouse en estilo gótico e ten unha soa nave terminada en ábsida. No convento sitúase o Museo da Arte Sacra das Clarisas de Monforte de Lemos.
-
PERSOEIRO
Pintor e xilógrafo. Expuxo no Salon d’Automne de París e co grupo sintetista. Cultivou tamén a escultura e foi navegante de cabotaxe. Na casa de Émile Schuffenecker coñeceu a Paul Gauguin (1888), protexeuno economicamente e mercoulle obras. A súa correspondencia foi publicada en Lettres de Paul Gauguin à Daniel de Monfreid (1918). Fixo, segundo obras de Gauguin, os gravados da primeira edición de Noa-noa (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xogador de tenis de mesa. Foi campión de Galicia de todas as categorías individuais e campión de España en individual (1956) e en dobres (1959). Presidente da Federación Galega de Tenis de Mesa, foi adestrador e delegado do Círculo Mercantil de Vigo. Recibiu a medalla de bronce da Federación Española como xogador (1968) e a medalla de ouro como directivo (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir. Pertencente a unha familia cristiá, a súa biografía escribiuna o seu propio fillo, santo Agostiño, en quen influíu para lograr a súa conversión, pouco antes de morrer ela no porto de Ostia. Casou cun pagán, Patricio, do que tivo tres fillos. Na iconografía represéntase con expresión chorosa, polas bágoas que derramou pola conversión do seu fillo, vestida cun traxe escuro e unha touca envolvéndolle a cabeza e, ás veces, cun pano na man. A súa festividade celébrase o 9 de abril e o 27 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor polaco. Estudou en Varsovia e Berlín. Influído polas teorías do nacionalismo musical, foi o creador da primeira ópera polaca, Halka (1848). Tamén compuxo música sacra e música de cámara, e as obras Hrabina (1860) e Paria (1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Neurólogo e político portugués. Estudou medicina na Universidade de Coimbra, onde se doutorou en 1899. En 1902 pasou a exercer como profesor na facultade de Medicina da mesma universidade. En 1911 trasladouse á de Lisboa para ocupar a cátedra de Neuroloxía; en 1929 ostentou o cargo de director do centro. Introduciu e desenvolveu a anxiografía cerebral, método de diagnóstico de gran valor para a detección de enfermidades intracraniais que permite ver os vasos sanguíneos do cerebro ao inxectarlles substancias opacas aos raios X. En 1936 realizou con A. Lima unha lobotomía, primeira intervención cirúrxica no cerebro para tratar unha enfermidade mental. Compaxinou o seu labor científico coa carreira política; foi deputado (1903-1917), embaixador de Portugal en España (1917), ministro de Asuntos Exteriores (1918) e presidente da delegación portuguesa da Conferencia de Paz de París (1918). Publicou máis de 300 traballos científicos e estudos sobre figuras das letras e das artes plásticas entre...
VER O DETALLE DO TERMO