Mondriz, Santiago de

Mondriz, Santiago de

Igrexa parroquial situada en Castro de Rei. Foi reconstruída no s XVIII polos donos da casa señorial do Pacio, inmediata ao templo. De planta rectangular, está realizada en cantaría e cachotaría con cuberta de lousa. No seu interior destaca o arco triunfal de medio punto que dá acceso á capela maior de planta rectangular. O retablo maior é neoclásico, igual ca os dous laterais. Na fachada principal destaca a porta con molduras e na parte alta o frontón con tres escudos. A espadana é barroca con dous vans e remate.