"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • PERSOEIRO

    Eclesiático autríaco, irmán de Felix von Schwarzenberg. Sacerdote (1833) e bispo de Salzburgo (1836), foi cardeal (1842) e arcebispo de Praga (1850). No Concilio Vaticano I foi un dos xefes do grupo que se opuña á definición da infalibilidade papal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e naturalista alemán. Viaxou polo continente africano, especialmente pola conca alta do Nilo, por encargo da Academia Prusiana de Ciencias (1869-1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Destacou na interpretación de personaxes duros e desagradables. Destacan os filmes Anatomy of a Murder (1959), The Hustler (1961), Petulia (1967), Patton (1969, Oscar ao mellor actor en 1970), Islands in the Stream (1977) e The Exorcist III (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto inglés. Adscrito ao historicismo gótico, das súas obras destacan a Martyrs’ Chapel en Oxford (1841), a casa do concello, o palacio do senado e a estación de Hamburgo, o cárcere de Reading (1842) e o monumento ao príncipe Alberte en Hyde Park (Londres).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés, irmán de Madeleine de Scudéry. Foi autor de numerosas obras teatrais e de escritos contra Le Cid de Corneille durante a polémica de 1637. Publicou a novela Almahida (1660-1663) e outras en colaboración coa súa irmá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico estadounidense. Formouse nas universidades californianas de UCLA e Berkeley. Foi asistente de G. N. Lewis e dirixiu as investigacións sobre química nuclear no Lawrence Radiation Laboratory, e desenvolveu as investigacións sobre o plutonio do Proxecto Manhattan na University of Chicago. En 1940 descubriu o plutonio (con E. M. McMillan) e estableceu como obtelo nun reactor de uranio. Tamén descubriu o americio, o curio, o berkelio, o californio, o einstenio, o fermio, o mendelevio, o nobelio e o unnilhexio. En 1951 recibiu, xunto con McMillan, o Premio Nobel de Química, polos seus descubrimentos na química dos transuránidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e diplomático. Coñecido como Iorgos Seferis, en 1931 deuse a coñecer cun libro de poemas influído polo simbolismo e o hermetismo. Cónsul en Londres, publicou Mithistórima (1935), Diario de abordo (I-II e o III, dedicado á illa de Chipre) e, postumamente, Diario (1975-1978). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Geórgios Stylianou Seferiadis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Šělomó ibn Verga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, escritor e guionista. Exiliado a Francia en 1939, participou na Resistencia Francesa e foi deportado a Buchenwald. Militante do Partido Comunista de España, foi membro do comité central (1954) e trasladouse clandestinamente a Madrid. Con Fernando Claudín, protagonizou un enfrontamento coa liña política mantida pola dirección do partido, que se solucionou coa expulsión dos disidentes (1964), proceso que explicou en Autobiografía de Federico Sánchez (1977, Premio Planeta). Foi minitro de Cultura (1988-1991) no goberno de Felipe González. Da súa obra, ademais de diversos guións cinematográficos, destacan Le grand voyage (1963), La deuxième mort de Ramón Mercader (1969), Quel beau dimanche (1980), L’algarabie (1981), Montand, la vie continue (1983), Federico Sánchez se despide de ustedes (1993) e Las aventuras prodigiosas (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Jorge de Sena, foi catedrático de Literatura Portuguesa e Española na University of California. A súa poesía recolleuse nos tres volumes de Poesia (1977-1978). Publicou libros de contos, como Andanças do Demónio (1960), Novas Andanças do Demónio (1966) ou Os Grão-Capitães (1976), e as novelas O Físico Prodigioso (1977) e a inacabada Sinais de Fogo (1979). Como crítico literario, destacan os ensaios A Estrutura de “Os Lusíadas” e Outros Estudos Camoneanos e de Poesia Peninsular do Século XVI (1970) e Os Sonetos de Camões e o Soneto Quinhentista Peninsular (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Xoán de Río baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, creado en 1989. Está encargado de facilitar os servizos de prevención, asistencia e rehabilitación sanitario-sociais desde a dirección dos servizos sanitarios públicos, dependentes da comunidade autónoma. Asumiu a transferencia do INSALUD (1991) e asumiu a construción de novos centros de atención primaria e hospitais. Ten ao redor de 500 centros de atención primaria e hospitais propios en cada área sanitaria en que se divide o territorio galego e desenvolve tamén unha actividade docente e investigadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. De nome Viktor Lvović Kibalčić, relacionouse co anarquismo e en 1918 adheriuse aos bolxeviques. Naturalizado ruso, foi membro da Oposición de Esquerda de Leningrado e foi detido (1928 e 1933) e liberado despois dunha campaña internacional dos intelectuais. Escribiu S’il est minuit dans le siècle (1939) e L’an I de la Révolution russe (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Coñecido como Sergej Nikolajevič Sergejev-Censkij, foi un dos representantes do realismo crítico. Con Sevastopol’skaja strada (Os tempos penosos de Sebastopol, 1937-1939) obtivo o Premio Estatal 1941.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Residiu en Roma (1767-1678) pero chamado por Gustavo III volveu a Estocolmo, onde fixo o monumento conmemorativo a Descartes e a estatua de Gustavo III. Realizou tamén Amor e Psique e Fauno durmindo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Brasil, situado na rexión NL, limitado ao N polo estado de Alagoas, ao L polo Atlántico e ao S e ao O polo estado de Bahia (22.050 km2; 1.784.475 h [2000]). A súa capital é Aracaju. De L a O distínguense tres rexións fisiográficas: a costeira, a central, constituída por unha chaira, e a occidental de terreos máis elevados que forman parte do escudo paleozoico brasileiro. O río máis importante é o São Francisco, navegable. A súa economía baséase nos cultivos de algodón, cana de azucre, millo, arroz e mandioca, e na gandaría bovina e ovina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boqueixón baixo a advocación de san Breixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carral baixo a advocación de san Xián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Xornes (Ponteceso). Ten planta en forma de L con dúas alturas. Ten balcóns sobre canzorros as beiras da portada. Destaca a porta barroca con decoración de placas.

    VER O DETALLE DO TERMO