"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Antigo mosteiro situado en Montes (Campo Lameiro). Foi priorado de San Martiño Pinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Françoise Athénaïs de Rochechouart de Mortemart.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Montevideo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Montevideo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Nas súas obras reflectiu a súa personalidade autocrática e egocéntrica. As súas experiencias en España valéronlle para escribir Le relève du matin (1920), Le songe (1922) e Les Olympiques (1924). Tamén publicou a tetraloxía Les jeunes filles (1936-1939) e os libros Le Rose de sable (1951), Le chaos et la nuit (1963) e Un assassin est mon maître (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal, par e condestable de Francia, duque de Montmorency. Gobernador de Languedoc, defendeu Provenza contra o Emperador Carlos V e reinando Carlos IX de Francia, formou parte do triunvirato católico (1561) fronte aos hugonotes. Morreu na loita contra eles, dirixindo o exército católico en Saint-Denis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político flamengo, barón de Montigny. Foi enviado por Margarida de Parma, gobernadora dos Países Baixos (1559-1567), preto de Filipe II (1566), para negociar unha solución ao problema flamengo. A crise de Flandres agravouse e foi feito prisioneiro e executado secretamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, conde de Horn. Loitou pola liberdade dos Países Baixos contra a dominación hispánica. Á chegada de Xoán de Austria, foi arrestado e decapitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal de Francia, duque de Luxemburgo. Participou nas Revoltas de Fronda, pasou ao servizo de Filipe IV e despois do Tratado dos Pireneos (1659) volveu ao servizo de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre flamengo, conde de Horn. Participou nas batallas de Saint-Quentin (1557) e de Gravelines (1558). Xuntamente co conde de Egmont e Guillerme I de Orange-Nassau, en 1566 iniciou a revolta dos nobres flamengos contra a dominación hispánica. Á chegada do duque de Alba foi arrestado e decapitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista de jazz. Coñecido como Tete Montoliu, formouse co seu pai e con D. Cots. Cego de nacemento, foi discípulo de Don Byas (1945-1947). Durante a década de 1960 actuou como músico con Dexter Gordon, John Coltrane, Stephane Grappelli, Lucky Thompson e Chet Baker. Son especialmente importantes as súas colaboracións a dúo co vibrafonista Bobby Hutcherson e co contrabaixista danés Niels Henning Orsted Pedersen. Da súa discografía destacan Body & Soul (1971), Tete a Tete (1976), The Man From Barcelona (1990), Tete en el San Juan (1995) ou Free boleros (1996). Postumamente editouse o seu derradeiro concerto co título Per sempre, Tete (1997). Obtivo o premio Ciutat de Barcelona polo conxunto da súa obra (1988) e a Creu de Sant Jordi (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborador habitual de ABC nos Países Baixos, é autor de estudos como Las mujeres en la historia (1927), Anecdotario de la Grecia clásica (1949), Como es Azorín? (1953) ou El romanticismo literario europeo (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto italiano. Imitou a Miguel Anxo, con quen traballou, en Florencia, na Sagrestia Nuova da igrexa de San Lorenzo. En 1531 ingresou na orde dos serventes. Foi a Nápoles e a Xénova, onde fixo a Estatua de Andrea Doria para o Palazzo Ducale, e a Messina, onde construíu diferentes fontes públicas e urbanizou a Piazza del Duomo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista. Ingresou no sindicato de Profesións Liberais da CNT e lanzou unha campaña contra os trentistas desde El Luchador (1931-1933). Converteuse nunha das principais voceiras da FAI, aínda que non ingresou na organización ata a fin de 1933. En decembro de 1935, realizou, en compaña de Claro Xosé Sendón e Jaime Baella Pérez, unha viaxe de propaganda anarcosindicalista por Betanzos, Carballo, Cariño, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela e tivo, como acto central, o congreso da Confederación Regional Galaica celebrado na Casa do Pobo de Ourense e presidido por ela mesma. O percorrido foi recollido logo nunha serie de artigos publicados en La Revista Blanca, en que empezou a escribir desde moi nova e onde deu unha especial importancia á temática feminina. Membro do comité rexional da CNT de Catalunya en 1936, a partir dese ano pasou a formar parte do comité peninsular da FAI. Posteriormente, durante a guerra, afastouse da ortodoxia anarquista e aceptou ser ministra de Sanidade e Asistencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Intelectual anarquista. Colaborou no xornal coruñés El Corsario e publicou na súa Biblioteca o folleto El proceso de un gran crimen (1895). Neste tempo pasou algunhas tempadas agochado en Compostela fuxindo da represión imperante en Catalunya. Moitos anos despois, en 1933, acadou unha forte notoriedade nos medios libertarios galegos, cando, desde o seu semanario El Luchador levou a cabo unha intensa campaña contra o talante moderado do secretario da Confederación Regional Galaica, Xosé Villaverde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chileno. Elixido presidente polos votos de conservadores e moderados, a súa etapa presidencial (1851-1861) foi unha das máis expansivas do s XIX chileno. Fundou o Partido Nacional para se enfrontar á coalición liberal-conservadora financiada polos capitalistas mineiros, á que derrotou electoral (1858) e militarmente (1859). Retirouse da presidencia en 1861.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de fontes históricas medievais de Alemaña e de Europa, fundada e dirixida inicialmente (1818-1823) por G.H.Pertz e publicada primeiro pola Gesellschaft für Deutschlands ältere Geschichitskunde, e despois por outras entidades coma a Akademie der Wissenschaften in Berlin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado a un dos catro documentos redactados por Augusto para ser lido no Senado despois da súa morte e para ser gravado en dúas taboas de bronce emprazadas no exterior do seu mausoleo. Este documento, escrito no ano 14 a C, ofrece unha relación das honras recibidas polo emperador, un estado de contas dos seus gastos persoais, enumera as súas xestas e fai unhas consideracións sobre a súa figura dentro do Estado romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista británico. Naturalizado canadense, escribiu The Lonely Passion of Miss Judith (1955), unha crítica dos prexuízos relixiosos irlandeses. Tamén publicou The Great Victorian Exhibition (1976), The Mangan Inheritance (1979), Cold Heaven (1983), Lies of Silence (1990) e The Magician’s Wife (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Julie Anne Smith.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa estadounidense. Editora da revista literaria The Dial (1925 - 1929), a súa obra caracterízase por unha visión detallada e intelectual da realidade, especialmente do mundo animal. Publicou as obras Poems (1921), Observations (1924), The Pangolins and Other Verse (1936), What are Years? (1941), Collected Poems (1951, premio Pulitzer 1952) e Tell Me, Tell Me (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO