Montseny, Juan

Montseny, Juan

Intelectual anarquista. Colaborou no xornal coruñés El Corsario e publicou na súa Biblioteca o folleto El proceso de un gran crimen (1895). Neste tempo pasou algunhas tempadas agochado en Compostela fuxindo da represión imperante en Catalunya. Moitos anos despois, en 1933, acadou unha forte notoriedade nos medios libertarios galegos, cando, desde o seu semanario El Luchador levou a cabo unha intensa campaña contra o talante moderado do secretario da Confederación Regional Galaica, Xosé Villaverde.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Reus

  • Deceso

    Lugar : Salon, Francia