"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Bioquímico estadounidense. Doutorouse en 1938 en química pola University of Wisconsin. Investigou a estrutura química de proteínas e aminoácidos utilizando métodos cromatográficos. En 1972 recibiu, xunto con W. Stein e Ch. Anfinsen, o Premio Nobel de Química, polo seu descubrimento da estrutura e modo de acción das proteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    E María de Austria (1551).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Discípulo de J. de Herrera, con quen colaborou ao comezo, pero de quen se diferenciou por unha maior liberdade construtiva. Por encargo do duque de Lerma, privado de Filipe III,   iniciou a urbanización da cidade de Lerma en 1604. Encargouse, con motivo do traslado da corte a Valladolid en 1600, do acondicionamento da residencia dos reis, a modificación da fachada e a cuberta da nave da igrexa de San Pablo, e a construción dunha tribuna no seu interior. Tamén construíu a igrexa do convento de San José de Ávila (1618).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado en Muxía. Só se conserva a igrexa, convertida en parroquial. Suponse que o mosteiro foi fundado cara a metade do s XI. Arxilo Peláez, relacionado coa familia dos Traba, doou ao mosteiro e ao seu abade Paio Pedro, en 1095, o mosteiro familiar de San Xoán Bautista de Borneiro (Cabana). Destruído polas invasións sarracenas reconstruíuse en 1115. Favorecido pola monarquía mediante a concesión de privilexios e protección, en 1500 converteuse en priorado do mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela. A igrexa é un edificio románico do s XII, de planta basilical con tres naves, tres ábsidas antigamente semicirculares cubertas con bóvedas de forno, posto que á central se lle deuposteriormente forma rectangular, e o teito de madeira. A nave central, máis ancha ca as laterais, está dividida en cinco tramos con arcos de medio punto, a diferenza das laterais que os teñen apuntados. A fachada conta con dúas torres. A da dereita ten dous corpos con aberturas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Catedrático de Lingua e Literatura Gregas na Universidade de Santiago de Compostela, é membro da Sociedad Española de Estudios Clásicos, da Sociedad Española de Lingüística e da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Das súas obras destacan a participación no Dicionario Griego-Español, dirixido por Rodríguez Adrados, Sonantes y griego micénico (1973), Gramática de las inscripciones délficas (1973), A lingua galega hoxe (1976), As paráfrases do grego en Cabanillas (1977), O bilingüismo e os seus problemas (1980), Gallaecia y sus etimologías (2002) e Topónimos y leyes de Galicia (2003), ademais de numerosas traducións do grego ao galego. Recibiu o Premio Fernández Latorre (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, escenógrafo e autor teatral. Coñecido como Francisco Nieva, estivo influído polo postismo e formou parte do grupo Cobra. Colaborou con Pier Paolo Pasolini e Adolfo Marsillach. A súa produción teatral, caracterizada pola síntese das influencias realistas e vangardistas, divídese en “Teatro Inicial”, “Reóperas”, “Teatro Furioso”, “Teatro de Farsa y Calamidad”, “Tres versiones libres”, “Teatro de Crónica y Estampa” e “Teatro en clave de Brevedad”. Destacan Pelo de tormenta (1961), La carroza de plomo candente (1976), Delirio del amor hostil (1978), Los baños de Argel (1979), El baile de los ardientes (1990) e a colección de doce obras curtas Centón de teatro (1996). Autor das novelas El viaje a Pantaélica (1994), Granada de las mil noches (1994), La llama vestida de negro (1995) e Los rabudos y otros cuentos (2000), foi elixido membro de la Real Academia Española de la Lengua en 1986. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Letras (1992), o Premio Nacional de Teatro (1980 e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor. Coñecido co nome de Júnior, formou parte do grupo de música Los Brincos e despois formou dúo con Juan Pardo en Juan y Júnior (1966-1968), co que gravou doce temas, entre os que destaca “Anduriña”. Cando o grupo se separou el dedicouse principalmente á composición e á produción musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva, en campo de azul, cinco puntas de lanza de prata, manchadas de sangue e colocadas en aspa. Outra variante trae, en campo de prata, un león rampante de azul. Outros ostentan, en campo de goles, tres bandas de azul, acompañadas de dúas flores de lis de ouro, unha no alto e outra no baixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e profesor. Catedrático de Lingua e Literatura Galega, foi membro fundador do grupo musical Agra. Colaborador de diversos medios de comunicación con estudos filolóxicos e de crítica literaria, das súas obras destacan O mundo narrativo de Álvaro Cunqueiro, a música dos discos compactos O pobo da noite (1998), en colaboración con Manuel Rivas, e Río de son e vento (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Diplomático e político. Cofundou con Enrique Tierno Galván o Partido Socialista del Interior en 1967, refundado como Partido Socialista Popular en 1974. Foi ministro de Asuntos Exteriores no primeiro goberno de F. González (1982-1985) e xestionou o ingreso de España na CEE. Representante de España na ONU (1985-1987), foi deputado no Parlamento Europeo   en 1987, 1989 e 1994. Foi candidato á alcaldía de Madrid en 1998. Das súas obras destaca
    Revolución y tradición en África

    (1971),
    Una política exterior para España: una alternativa socialista

    (1980),
    España en su sitio

    (1990) e
    Polimpsesto amodo de memoria

    (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello pertencente á comarca de Caldas, situado ao O de Galicia e da provincia de Pontevedra, da que administrativamente forma parte. A súa posición xeográfica é 42° 35’ de latitude N e 8° 35’ 12” de lonxitude O. Limita ao N co concello de Cuntis (comarca de Caldas), ao S cos de Campo Lameiro, Pontevedra e Barro (comarca de Pontevedra), ao L cos de Cuntis e Campo Lameiro e ao O cos de Caldas de Reis, Portas (comarca de Caldas) e Barro (comarca de Pontevedra). Abrangue unha superficie de 41,3 km 2 en que cunha poboación de 4.309 h (2007), distribuídos nas parroquias de Amil, Cosoirado, Gargantáns, Lamas, Laxe, Rebón, Saiáns, San Lourenzo de Moraña e Santa Xusta de Moraña. A súa capital, Santa Lucía de Moraña, situada na parroquia de Saiáns, dista 21,5 km de Pontevedra e 43 km de Santiago de Compostela. Esta adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Caldas de Reis.
    Xeografía física
    En Moraña atópanse dúas unidades morfolóxicas claramente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista. Escribiu libros de poemas, como Lampes à Arc (1920), pero a novela Lewis et Irène (1924) foi un dos seus éxitos máis notables. Escribiu tamén libros de impresións de viaxes e de recompilacións de crónicas, así como as novelas Ouvert la nuit (1922) e París-Tomboutou (1928), cheas de fina ironía. Foi elixido membro da Académie Française (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Residiu en Cuba, onde se considerou unha das escritoras máis importantes da súa época. Das súas obras destacan Auroras (1925), Plenilunios (1928), Estremecimientos (1930) e Vidas rotas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estivo influenciado por Cézanne, a pintura metafísica, o futurismo e o Valorici Plastici. Pintou naturezas mortas de obxectos familiares, a base de formas puras e uso de cores nítidas. Cultivou tamén a augaforte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Moraña ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Moraña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre a parroquia de Biobra (Rubiá) e a provincia de León. O seu cumio acada os 914 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. O conxunto da súa obra, centrada nos soños e nas contradicións do home, constitúe unha crítica do excesivo racionalismo europeo. É autora da recompilación de relatos Il gioco segreto (1941), as novelas Menzogna e sortilegio (premio Viareggio, 1948), L’isola di Arturo (premio Strega, 1957), Lo scialle andaluso (1963), La storia (1974) e Aracoeli (premio Medici, 1982), e das compilacións poéticas Alibi (1958) e Il mondo salvato dai ragazzi (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leandro Fernández de Moratín.

    VER O DETALLE DO TERMO