"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Nicolás Fernández de Moratín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático. Foi embaixador de España en Israel (1996) e representante especial da UE para o proceso da paz do Próximo Oriente (1996-2003). Foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores en 2004. Escribiu European Union-Middle East: Developing Societies for Peace: distinguished Lecture (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Impresor, redactor e administrador de El socialista (1886-1903), foi membro (1894-1899) e secretario (1899-1903) do comité nacional do PSOE. Expulsado do partido ao aceptar un traballo no Ministerio de Fomento, desenvolveu unha tarefa importante como historiador do movemento obreiro. Escribiu Jaime Vera y el socialismo (1918) e El partido socialista obrero (1918). Volveu ao PSOE en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de El Salvador (1.447 km2; 170.861 h [estim 1997]). A súa capital é San Francisco Gotera (20.497 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político hondureño. Presidente en 1827, foi presidente das Provincias Unidas de Centroamérica (1829, 1830 e 1835). A secesión de Guatemala (1839-1940) obrigouno a exiliarse. En 1842 volveu a Costa Rica, pero foi fusilado durante unha revolta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Bretaña, Francia (6.823 km2; 643.873 h [1999]). A súa capital é Vannes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora inglesa. Foi autora de ensaios, novelas e obras relixiosas. Da súa produción destacan as obras dramáticas Percy (1778), a máis importante, e Fatal Falsehood (1779), e os ensaios Village Politics (1793) e The Shepherd of Salisbury Plain (1796).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e político. Coñecido como Tomás Moro, formouse co arcebispo de Canterbury, John Morton, e estudou en Londres e Oxford. Estivo na cartuxa de Londres (1500-1504) e fundou a escola de More (1511-1534). Traballou como xuriconsulto e a súa dilatada carreira pública culminou co cargo de chanceler do reino (1529-1532), posto desde o que interveu no Tratado de Cambrai (1529). Contrario ao divorcio do Rei Enrique VIII, presentou a súa renuncia á chancelaría e negouse a aceptar a lei de supremacía. Estableceu unha forte amizade con Erasmo de Rotterdam, a quen lle dedicou a súa obra Moriae encomium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Iannis Papadiamantopoulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. En 1794 era xeneral de división. As rivalidades con Napoleón I Bonaparte e as súas boas relacións con C. Pichegru e os realistas valéronlle a deportación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica e teatral. Pertenceu á Comédie Française e ao Théâtre National Populaire de Jean Vilar. Dedicada ao cine, interpretou personaxes sensuais e ás veces misteriosos, só dominados por unha especie de fatalismo. Da súa filmografía destacan La notte (1960), Moderato Cantabile (1960, premio de interpretación en Cannes), Jules et Jim (1962), L’histoire inmortelle (1966), Mrs. Klein (1976), Querelle (1982), Je m’appelle Victor (1992), The Will to Resist (2002) e La contessa di Castiglione (2004). Recibiu o Leone d’Oro (1992), o Premio Donostia (1997), o Goldener Bär (2000) e a Palme d’Or (2003), honoríficos pola súa traxectoria cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pantón. Pertenceu a un antigo priorado do mosteiro de Samos ata 1835, e correspondeuse quizais co de San Xiao de Moreda, documentado xa no s X. De estilo románico, o templo data do s XII e ten unha soa nave e ábsida rectangular. Destaca o arco triunfal de medio punto apoiado sobre pilastras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. Construíuse no s XII, en estilo románico, aínda que sufriu diversas remodelacións no s XVIII. Na súa orixe era de planta rectangular, modificada pola construción de capelas que constituíron unha planta en cruz latina. Atopáronse pinturas murais baixo as capas de cal que cubrían as paredes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro feminino situado en Castroverde. Fundouno dona Sancha en 1198 e foi dependente do mosteiro de Yepes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Obreiro ferroviario e militante anarquista. Nado en Galicia, emigrou moi novo a Arxentina, onde militou na Federación Libertaria Arxentina desde a década de 1940 e participou activamente na denuncia do establecemento de antigos soldados nazis en Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, ilustrador e ceramista. Formado na Escola de Artes e Oficios de Ourense (1970-1973), estudou a técnica do gravado con Hernández Quero en Madrid (1973-1975), e nos anos 1982-1985 realizou unha longa estadía formativa en Italia, principalmente en Roma. Foi profesor de plástica na Escola Obradoiro Auria (Ourense). Participou na restauración do Tucho-Volter, onde pintou un mural, e fixo o debuxo conmemorativo do milenario de san Rosendo en 2007, que fabricou Sargadelos. Das súas pezas cerámicas destacan principalmente as series de pombas, que xa empezara a facer cando vivía en Castromau. Ilustrou, xa no ano 1976, Dende Lonxe, unha obriña que se fixera en Ourense en homenaxe ao lexicógrafo P. Crespo e mais ao pintor ourensán Luis Trabazo. Dos últimos anos son as ilustracións de: En el límite de la escritura, Poesía última de J. A. Valente (2002), de A. López Castro, ou as de Palabras da montaña; e tamén colaborou en Volverlles a Palabra: Homenaxe aos represaliados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Catedrático de Lingua e Literatura españolas, ademais do seu labor docente, realizou traballos de crítica literaria e erudición e colaboracións en La Región. Da súa produción destacan Escritores traducidos al gallego (1965), “Los siete cuentos de otoño de Cunqueiro” (1972), en Grial; El diminutivo y la atmósfera religiosa en “El obispo leproso” (1982) e Discografía literaria en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Colaborador de diversos medios de comunicación, foi correspondente de A Nosa Terra. Ordenouse sacerdote (1963) e foi un dos fundadores da editorial Alvarellos e un dos conselleiros da revista Encrucillada. Publicou Os mil e un refráns galegos da muller (1973), Os mil e un refráns galegos do home (1977) e Crónicas (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Toén. Na súa orixe foi un templo románico construído no s XII, que pertencía ao couto da catedral de Ourense. Tivo unha soa nave á que se lle engadiron os brazos laterais, polo que quedou constituída a planta de cruz latina. A súa fábrica é de estilo barroco (s XVIII). No interior ten un retablo renacentista do s XVI realizado por Bartolomeu de Nosendo, similar ao da catedral de Ourense e na fachada principal destacan as dúas torres barrocas que a flanquean, así como a súa balaustrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. En 1615 realizou o encargo de dous pasos para a confraría da Veracruz en Santiago de Compostela; un representaba a Xesús Cristo atado a unha columna e o outro ao ecce homo unha vez desatado. En 1631 tallou unha Virxe para a igrexa de San Pedro de Campañó (Pontevedra).

    VER O DETALLE DO TERMO