Moreiras, Xoán de

Moreiras, Xoán de

Escultor. En 1615 realizou o encargo de dous pasos para a confraría da Veracruz en Santiago de Compostela; un representaba a Xesús Cristo atado a unha columna e o outro ao ecce homo unha vez desatado. En 1631 tallou unha Virxe para a igrexa de San Pedro de Campañó (Pontevedra).