"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Museo histórico e etnográfico inaugurado en 1983 pola Deputación de Lugo na fortaleza de San Paio de Narla (Friol). Pertence ao Consello Galego de Museos. A súa exposición componse de apeiros de labranza, obxectos tradicionais de uso cotiá como os utensilios para a preparación da la e do liño, a reprodución dunha cociña e dun comedor, artesanía popular e armaría (armas brancas e de fogo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte antiga fundado en 1884 baixo o nome de Museu Nacional de Belas Artes e Arqueologia, no palacio Alvor-Pombal de Lisboa. Os seus fondos iniciais proviñan do espolio artístico sofrido por numerosos conventos portugueses en 1834; posteriormente incrementáronse con doazóns e novas adquisicións. A súa colección abrangue desde restos arqueolóxicos a obras pitóricas europeas da Idade Moderna, desde o s XII ao XIX, gravados dos ss XIX e XX, así como todo tipo de obxectos preciosos e artes decorativas. En 1911 modificou o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico holandés. Foi profesor na Universiteit Leiden. Realizou experimentos coa electricidade que o levaron a descubrir o primeiro e máis simple condensador eléctrico, a ampola de Leiden, ideada ao mesmo tempo polo alemán E. J. von Kleist (1745). Inventou tamén un pirómetro (1740).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Época prehistórica correspondente ao Paleolítico Medio. A súa industria foi fabricada polo home de Neanderthal desde 100.000 a 40.000 anos a C. A extensión desta cultura foi basicamente europea, aínda que tamén hai xacementos en Asia occidental e industrias contemporáneas emparentadas no norte de África. Os intrumentos de sílex son máis complexos e máis diversificados ca os do Paleolítico Inferior, con pezas como as puntas triangulares e raspadores. Xeoloxicamente, o Musteriano correspóndese co derradeiro interglacial e a primeira fase da glaciación de Würm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Musteriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Islam.

    2. Seguidor do Islam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento relixioso nacionalista xurdido en Detroit en 1932 baixo o pulo de Elijah Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad e co nome de Comunidade Islámica en Occidente. Propugnaba a creación dunha nación do Islam en que se tiña que integrar a comunidade afroamericana de EE UU e que debía rematar coa supremacía branca. O movemento tivo a máxima difusión na década de 1960 con Malcolm X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada en Exipto polo xeque Palatino; Ḥ asan al-Bannā’. Nacionalista e xenófoba, acadou unha gran popularidade sobre todo nos medios rurais. En 1948 o seu xefe foi asasinado e o movemento pasou á clandestinidade. Despois de colaborar para que o partido Wafd gañase as eleccións, e conseguilo, foi de novo legalizado (1951), ata que os seus membros foron inculpados dun atentado contra Nasser (1954). A organización prohibiuse durante a apertura política promovida polo presidente A. Sadat e mesmo posteriormente, malia que participaron na vida política do país dentro do Partido do Traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De nome Abū-l- Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ṭ ayyib A Palatino; ḥ mad ibn Palatino; Ḥ usayn, dedicouse á poesía panexírica, primeiro na corte hamdanida de Sayf al-Dawla (948-958) e despois na buwayhí. Pola riqueza da súa linguaxe está considerado o máximo expoñente da poesía clásica árabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ āfa Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ẓ a de Iraq (51.740 km2; 350.000 h [estim 1991]). A capital é Al-Samāwa (33.473 h [1970]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao individuo, fenotipo, carácter, xene ou alelo que provén dunha forma salvaxe por mutación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘cos cambios necesarios’, ‘coas correccións necesarias’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto alemán. Formouse en Berlín e estudou en Londres a arquitectura e a decoración inglesas do momento. Cando volveu a Alemaña foi un dos participantes da Deutcher Werkbund e representou, dentro do grupo, o denominado funcionalismo integral, defensor da estandarización na arquitectura. Da súa obra destaca Die Englishe Baukunst der Gegenwart (A arquitectura inglesa actual, 1901) e Das Englische Haus (A casa inglesa, 1904-1908)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou telleiros que corresponde á voz ‘solteiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que dá o empréstito nun contrato mutuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Muxía. Datada a comezos do s XIII e realizada en estilo románico de transición sobre unha construción anterior (posiblemente do s X), consta dunha soa nave con cuberta a dúas augas de madeira. A nave divídese en tres tramos mediante dous arcos apuntandos transversais adornados con molduras e apoiados en columnas anexadas nos muros laterais. O acceso á ábsida, cadrada e cuberta cunha bóveda de canón apuntada, realízase a través dun arco triunfal apuntado. Presenta unha capela lateral gótica do s XIV, dedicada á Virxe do Rosario, de planta cadrada e cuberta cunha bóveda de cruzaría. A fachada componse de arquivoltas apuntadas e un bocel decorado con cabezas de cravo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Muxía ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Muxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Foi un dos fundadores da Accademia di San Luca, en Roma. Pintou nun estilo renacentista tardío e inventou o método para decorar o mosaico ao óleo. Da súa obra destacan San Giromalo e Pentecoste.

    VER O DETALLE DO TERMO