Musteriano
Musteriano
s
m
[PREHIST]
Época prehistórica correspondente ao Paleolítico Medio. A súa industria foi fabricada polo home de Neanderthal desde 100.000 a 40.000 anos a C. A extensión desta cultura foi basicamente europea, aínda que tamén hai xacementos en Asia occidental e industrias contemporáneas emparentadas no norte de África. Os intrumentos de sílex son máis complexos e máis diversificados ca os do Paleolítico Inferior, con pezas como as puntas triangulares e raspadores. Xeoloxicamente, o Musteriano correspóndese co derradeiro interglacial e a primeira fase da glaciación de Würm.