Mustelus
Mustelus
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes cartilaxinosos, da familia dos triáquidos, que presentan o corpo alongado e fusiforme, boca con numerosos dentes dispostos en mosaico e a pel recuberta de pequenos dentículos dérmicos. A este xénero pertencen o cazón branco (M. asterias) e o cazón liso (M. mustelus).