Musulmá, Liga

Musulmá, Liga
Nome científico: [All India Muslim League]

Organización política promusulmá fundada en India (1906) por Mohammed Ali Jinnah. Enfrontada co forte nacionalismo hindú do Congreso Nacional Indio, propugnou (1940) a creación dun estado islámico independente, o futuro Paquistán. Coa consecución deste participou activamente na súa vida política ata que foi abolida por Iskander Mirza (1958).