"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • CAPITAIS

    Capital da rexión homónima, en Tanzania, que está situada na beira meridional do lago Victoria (223.013 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Malawi situado na rexión Meridional (2.295 km2; 138.015 h [1998]). A súa capital é Mwanza (2.345 h [1976]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Tanzania (19.592 km{; 2.217.000 h [estim 1994]). A súa capital é Mwanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do SL de Asia, na parte NO da península de Indochina, que limita ao NL con China, con Laos e Tailandia ao SL, con India e Bangladesh ao NO, co golfo de Bengala ao SO, e co mar de Andaman ao S (676.577 km2; 45.976.000 h [estim 2001]). A súa capital é Yangon.
    Xeografía física
    O relevo de Myanmar consta dunha depresión central e unhas rexións periféricas, de montañas dificilmente penetrables; o Arakan Yoma, o Pātkai, o altiplano de Shan e os montes Chin. O cumio máis elevado do país é o Hkakabo Razi de 5.881 m de altitude. A depresión regada polo río Irauadi e os seus afluentes teñen no extremo meridional o delta deste río, cunha extensión duns 35.000 km2. O clima é tropical monzónico, con temperaturas elevadas durante todo o ano, e a pluviosidade varía moito segundo a altitude e o grao de exposición aos monzóns. Sucédense tres estacións, unha chuviosa (desde finais de maio a finais de outubro), unha relativamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta, xornalista e escritor. Autor de novelas e dramas, destacou, sobre todo, como autor de reportaxes dun forte compromiso político, das que destacan Kulturens korsväg (Encrucillada de culturas, 1960), Karriär (1975), 14! (1987) e México (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén se coñece o alcohol n-butílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rabino da alxama de Girona e médico. Destacou no xudaísmo como filósofo, talmudista e cabalista. Como filósofo derivou cara ao campo da cábala. Compuxo un musta ǧ āb para ser recitado o primeiro de ano, a mostra máis antiga da poesía cabalística peninsular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta árabe preislámico. É autor dunha casida incluída a miúdo no grupo das mu’allaqa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glándulas mucosas que están situadas ao redor do orificio do colo uterino. Cando se obstrúe o conduto secretor fórmanse os quistes de Naboth.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos peixes que aparecen no escudo en posición de nadar.

    2. Herba que aboia na tona da auga.

    3. Termo do verbo dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘peixe’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo austríaco. Entre 1933-1935 fixo unha grande enquisa antropolóxica entre os nupes de Nixeria, e en 1938 foi nomeado antropólogo do goberno no Sudán anglo-exipcio. Autor de numerosas monografías sobre temas africanos, das súas obras destacan Foundation of Social Anthropology (1951) e The Theory of Social Struture (1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Naturalizado estadounidense, traballou en Múnic e en París, e participou na exposición colectiva da Armony Show en Nova York en 1913, onde se instalou. Na súa obra, a base de liñas e curvas habilmente insinuadas, chegou a uns volumes decorativos sobre o tema do corpo humano. Publicou Vers l’unité plastique (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de India, o máis nororiental do país, situado na fronteira con Myanmar (16.579 km2; 1.988.636 h [2001]). A capital é Kohīma (53.122 h [1991]). É unha rexión montañosa, cun clima caloroso e húmido, que está atravesada por serras do NL a SO e bañada por afluentes do Brahmaputra e o Irauadi. Está habitada polos nagas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade do gando bovino que provoca o parasito Trypanosoma brucei. Foi descuberta por David Bruce e é moi común en África tropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken homónimo, situada na illa de Honshū, Xapón (361.391 h [1997]). Ten industria téxtil e de cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ken da illa de Honshū, Xapón (13.585 km2; 2.215.168 h [2000]). A capital é Nagano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico xaponés. Elaborou pouco despois que Rutherford unha teoría estrutural do átomo moi semellante á deste. Estudou as ondas radioeléctricas que reflectían sobre capas superiores ionizadas da atmosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo suízo. Foi un dos primeiros profesionais   que utilizou o canto coral como un medio de educación. Fundou unha casa editorial de música e a Liga Suíza para a Cultura Musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome húngaro da cidade de Baia Mare desde 1918.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento pictórico e grupo de pintores húngaros que foi fundado en 1896 por Simon Hollósy na cidade transilvana de Nagybánya. Destacan Hollósy, István Réti, Károly Ferenczy, János Thorma e Béla Iványi-Grünwald.

    VER O DETALLE DO TERMO