"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

    1. Que ou quen ten unha idade comprendida entre a infancia e a madurez, especialmente a que non chegou á puberdade.

    2. Nome co que os pais designan os fillos.

    3. Persoa moza coa que se mantén unha relación amorosa.

    4. Persoa, xeralmente de pouca idade, que realiza os traballos menos especializados nunha determinada área.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dito ou feito propio dos rapaces.

    2. Conxunto de rapaces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vigo. A súa construción comezou en 1625 coa entrada e a á norte da vivenda e continuou en 1712 co remate do patio en forma de U cara o L e a construción da torre. Realizouse en cachotaría e cantaría de granito e presenta dúas alturas, nunha planta en forma de U. Ten dous accesos, polo patio e pola horta. O conxunto complétase cunha torre e cunha capela exenta. Os escudos da torre, a porta principal de acceso e a porta da horta fan mención aos Saavedra e aos Montenegro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Espasante (Ortigueira). Ten planta rectangular e realizouse en cahotaría, parcialmente recebada. Ten patio interior rectangular e no exterior destacan os frontóns sobre as fiestras a xeito renacentista. O conxunto complétase cunha horta e unha plantación de árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista italiano. En 1848 foi sucesivamente ministro de Instrución Pública e de Agricultura e Comercio. Achegouse a Camilo B. di Cavour (1850), do que foi ministro de Graza e Xustiza (1853-1855) e do Interior (1855-1858). Rompeu con Cavour e entre 1862 e 1867 foi primeiro ministro. A súa actitude na Cuestión Romana obrigouno a dimitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Compostela. Mandouno construír o arcebispo Bertomeu Rajoy para seminario e vivenda dos nenos do coro, acólitos e sacerdotes, e como cárcere e casa consistorial. Deseñado polo enxeñeiro francés Carlos Lemaur, recolle o estilo neoclásico francés e destaca pola súa horizontalidade. De planta rectangular, conta con tres pisos e un ático con bufardas, percorrido por unha balaustrada. A planta baixa está porticada. A fachada principal, que dá á praza do Obradoiro, segue un esquema simétrico ordenado segundo un frontón central triangular e dous frontóns semicirculares laterais asentados sobre columnas xigantes de orde xónica. No frontón central presenta un relevo coa figura ecuestre do Apóstolo Santiago na Batalla de Clavijo, realizada polo obradoiro de Gambino e Ferreiro. No interior do pazo destaca a escaleira rococó. É sede do Concello de Santiago de Compostela e da presidencia da Xunta de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Pontedeume. De estilo barroco (s XVIII), foi mandado edificar polo arcebispo Bertomeu Rajoy. Antigo palacio, da construción orixinal só se conserva a fachada principal, en que se mesturan elementos barrocos tradicionais típicos da escola compostelá con outros máis clasicistas e de influencia francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de individuos que teñen unha ascendencia común e que se diferencian do resto de individuos da súa especie pola maior frecuencia de determinados grupos de caracteres hereditarios.

      2. Descendente dun antepasado común.

      3. raza humana

        Cada unha das combinacións de trazos físicos, fisiolóxicos e patolóxicos de orixe hereditaria que adoitan aparecer xuntos en diversas poboacións da especie humana. Hai que diferenciar o concepto estritamente biolóxico de raza humana doutros como pobo, nación ou etnia, de ámbito social e cultural. Os caracteres como a pigmentación cutánea, os valores morfolóxicos dados polos índices antropométricos que establecen as proporcións de diversas partes do corpo, o biotipo, a cara ou os cabelos, foron algúns dos elementos máis empregados para establecer a taxonomía. Modernamente, téndese a dar preponderancia a factores de tipo sanguíneo, hormonal, serolóxico e patolóxico. Existen catro grupos principais: leucodermo, melanodermo, xantodermo e australoide, clasificación a partir da que se distinguen as razas propiamente ditas, que poden continuar subdividíndose.

    1. Grupo en que se poden considerar divididas algunhas especies zoolóxicas, nas que os seus caracteres diferenciais se perpetúan en cada xeración.

    2. Calidade dunha persoa, animal ou planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. razada.

    2. Luz ou raio de sol que penetra por unha abertura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Montevideo a partir do 29 de abril de 1934. Cesou en febreiro de 1935 (nº12). Subtitulada “Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo”, funcionou como voceiro desta organización, creada para apoiar o Comité Central de Santiago na campaña a prol da autonomía e o Estatuto en Galicia. De tendencia nacionalista moderada, foi dirixida por Constantino Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo de tempo en que loce o sol nun día chuvioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cenlle baixo a advocación de santa María, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cenlle. Ten planta de cruz latina cunha soa nave lonxitudinal e ábsida semicircular. As capelas laterais e a ábsida cóbrense con bóvedas estreladas. Destaca o retablo do altar maior de estilo renacentista (ss XVI-XVII) e unha imaxe da Inmaculada do s XVI. Conserva restos románicos, como os canzorros e a porta sur, con arco de medio punto lixeiramente apuntado, decorado con motivos xeométricos. A fachada principal é sobria, sen decoración, e remata nunha espadana de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Escribiu Ta’ri muluk al-Andalus’ (Historia dos emires de Al-Andalus). Consérvase unha tradución portuguesa, da que xurdiu unha versión en castelán. Considerouse apócrifa, pero o editor P. Gayangos e o estudoso N. Sánchez Albornoz considerárona auténtica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e filósofo persa. Coñecido en Occidente como Rhazes, foi xunto con Avicena o médico máis destacado da Idade Media. Autor de numerosos escritos médicos, o máis coñecido é o Kitāb al-Hāwī (en latín Continens), a enciclopedia médica usada en Europa ata o s XVI. En filosofía escribiu máis de corenta obras e negou a posibilidade de conciliar pensamento filosófico e relixión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e astrónomo árabe. É autor do Kitāb al-kawākib al- ṯ ābita al-muawwar (Libro ilustrado das estrelas fixas), onde deu a coñecer diversas estrelas ignoradas por Ptolomeo e corrixiu datos erróneos deste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Stepan Timofejevič Razin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerrilleiro. Coñecido como Sten’ka Razin, foi cosaco do Don. Fillo de cosacos ricos, foi un guerreiro ao servizo do tsar e dirixiu a rebelión dos cosacos e campesiños (1660-1670). Figura popular, pasou a formar parte do folclore ruso como símbolo da liberdade e da loita do pobo contra a opresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta e praia do litoral atlántico situada na parroquia de Razo (Carballo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballo baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO