"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • PERSOEIRO

    Procurador e promotor turístico. Foi decano do Ilustre Colegio de Procuradores da Coruña (1978-1998) e o primeiro presidente do Consello Galego dos Procuradores. Tenente de alcalde da Coruña (1950-1963), foi presidente da Asociación de Amigos do Turismo de Galicia e cónsul de Portugal. Preside a agrupación folclórica Aturuxo e foi fundador do Club Naútico de Camariñas. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Prata de Galicia (2004). É académico de honra da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte inferior da atmosfera da Terra, que se estende desde a superficie ata unos 9 km de altura nos polos e a uns 17 km no Ecuador. A temperatura decrece uns 6,5°C por cada km de altitude. En conxunto, contén aproximadamente o 75% de toda a masa da atmosfera e case toda a humidade e os pos. Case todos os fenómenos que interveñen nos cambios de tempo teñen lugar na troposfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando Rodríguez Trueba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tubulíferos.

    2. Insecto da suborde dos tubulíferos.

    3. Suborde de insectos, da orde dos tisanópteros, cuxos membros se caracterizan porque teñen o último segmento do abdome alongado e en forma de tubo, e porque as femias carecen de oviscapto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Siberia, afluente do Ienisei pola dereita (2.989 km de lonxitude). Nace na divisoria do Lena e o Angara, e discorre polo altiplano de Siberia Central, a oblast’ de Irkutsk e o kraj de Krasnojarsk. Utilízase para o transporte fluvial pois é navegable desde Tura. Ten como afluentes principais o Kočečum, o Vivi, o Tutončana, o Ilimpeja, o Tajmura e o Učami.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acólito que porta o turíbulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. apiáceo.

    2. Que ten umbelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia contida en moitas resinas de umbelíferas, que absorbe a radiación ultravioleta e se emprega na preparación de aceites para a protección da pel contra a radiación solar. OBS: Tamén se denomina oxicumarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor noruegués. A súa obra principal, Dansen giennom skuggeheimen (A danza para o casal dos homes, 1911-1924), recollida en dez volumes, fala do mundo dos traballadores da terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén uranio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. De formación inicialmente autodidacta, traballou como deseñador gráfico, ilustrador e escenógrafo. As preferencias temáticas expostas nas súas pinturas, cunha estética pop, foron a representación da muller e das súas formas corporais núas (El espejo, 1966) ou as composicións con maletas e sombreiros, que transmiten certa nostalxia (La maleta del holandés, 1991; El cuarto hombre, 1996; ou La mirada, 1998). Nas súas últimas obras (Carmen, 2002) tratou o cubismo. Das súas esculturas destacan El viajero (1991), Y sin embargo hay algo que se queda (1994) e Culis Monumentalibus (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que transporta ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político. Bispo de Elna (1529), de Ourense (1530-1532), de Oviedo (1532-1539), de León (1539), de Sigüenza (1539-1546) e de Sevilla (1546), foi visitador de Navarra (1523) para urxir á obediencia aos seguidores do príncipe de Viana. Inquisidor xeral desde 1547, publicou un exhaustivo Índice de libros prohibidos (1559).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Favorito da Raíña Mariana de Austria, foi secretario de Carlos II. Enfrontado con Xosé Xoán de Austria, cando este entrou en Madrid coas súas tropas (1677), foi detido e desterrado a Filipinas. En 1689 trasladouse a Nueva España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Foi documentalista da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña. Profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo, das súas obras destacan La masonería y La Coruña. Introdución a la historia de la masonería gallega (1984), Galicia y la masonería en el siglo XIX (1990) e Laicismo, educación y represión en la España del siglo XX: Ourense 1909-1936/39 (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador e debuxante. Licenciado en Belas Artes pola Universitat de Barcelona (1987). Traballou en publicacións como A Nosa Terra, Can sen Dono, Taka de Tinta, TBO ou Golfiño, actividades que alternou coa ilustración de libros e o cartelismo. Promotor da revista A ameixa cacofónica (1983) e da primeira páxina web de banda deseñada en galego, Ameixa Cómics (1996), acadou sona cos personaxes Xeixas Johnson e Anamarciana, da que publicou Anamarciana (2001). Recibiu o Premio Curuxa do Humor (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego. Activo no primeiro cuarto do s XIII, pertenceu á nobreza menor, como vasalo de Gil Vasquez de Soverosa, e casou con Teresa Martins, da familia dos Mogudos. As súas composicións aparecen xunto coas de Fernan Rodriguez de Calheiros, polo que se pensa que puideron ter algunha relación de amizade ou parentesco. Autor de 29 cantigas, das que 25 corresponden ao xénero de amor; destas, 13 localízanse no inicio do Cancioneiro da Ajuda, polo que poden corresponder a algunhas das primeiras manifestacións deste xénero. Ademais do emprego de temas convencionais, salienta o uso constante da hipérbole e o seu estilo elegante, aínda que algo monótono. En canto ás cantigas de amigo, moi semellantes na temática ás de amor, a doncela láiase da separación do amado. Nunha delas, “Meu amigo, pois vós tan gram pesar” reprodúcese certo enfado da dama co amado, un motivo pouco usual, que tamén empregou Fernan Rodriguez de Calheiros, polo que invita a pensar na relación existente entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo. A súa obra está máis orientada cara á lectura que cara á representación. A súa obra máis importante é a comedia Eufrósina (1555), inspirada en La Celestina. Outras obras son Ulissipo (1616?) e Aulegrafia (1619).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso mercedario. Ordenouse presbítero en 1950 e estudou filosofía na Universidad Pontificia de Salamanca e na Universidad Complutense de Madrid, onde tamén cursou psicoloxía. Foi un dos fundadores e director do Instituto Christus Magister na Confederación de Religiosos Españoles en Madrid. Foi cofundador da Escuela Superior de Psicología da Universidad Pontificia de Salamanca, da que foi catedrático e decano. Escribiu Psicología profunda y Ética (1970), Freud y Jung: dos modelos antropológicos (1981), La psicología de la personalidad en Jung (1981) e Tolerancia: debilidad o fortaleza? (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo. Doutor en Filosofía e catedrático na Universidad Complutense de Madrid, realizou estudos sobre metafísica, ética, socioloxía e criminoloxía. Publicou La dialéctica, método de la filosofía (1966), Tres éticas del siglo XX (1970), Fundamentos de ética informativa (1986) e Ética y deontología de la información (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO