"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Coñecido como Aleksandr Sergejevič Neverov, a súa obra reflicte temas sociais no marco da revolución. Destacan Marja-bolsevistka (María a bolxevique, 1921) e Taškent gorod-khlebnij (Taškent, a cidade do pan, 1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo e xenetista. Estudou no Darmouth College e nas universidades de Harvard e Texas, e foi director do Jackson Laboratory Bar Harbor (Maine). Os seus traballos centráronse no estudo dos antíxenos de histocompatibilidade, responsables do rexeitamento dos transplantes. En 1980 recibiu, xunto con con J. Dausset e B. Benacerraf, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polos seus descubrimentos no campo da inmunoloxía e os estudos sobre os transplantes de tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Exceso de carga.

      2. Exceso de carga sobre a carga nominal dunha máquina ou dunha instalación.

      3. Exceso de carga embarcada a bordo dun barco, que chega a facer somerxer a liña de máxima carga.

      4. Carga suplementaria que pode ter que soportar unha estrutura, un aparato ou unha máquina en circunstancias excepcionais e que ha de ser prevista ao calcular a resistencia dos elementos.

    1. Impresión tipográfica de carácter oficial que se fai sobre un selo para aumentar o seu valor, conmemorar un suceso ou modificar o seu uso.

    2. Exceso de carga fiscal, deducida da comparación entre os cocientes dos impostos pagados e os da renda ou ingresos de contribuínte.

    3. Corda coa que se ata a carga das cabalarías ou coa que se asegura cada feixe dunha carga.

    4. Esforzo ou exceso engadido a unha actividade.

    5. Mandatario, no comercio marítimo, que exerce a bordo dun barco as funcións administrativas que lle confiaron o armador ou os propietarios da carga.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargar algo en exceso.

    2. Someter a alguén a un exceso de traballo ou a unha determinada actividade.

    3. Imprimir unha sobrecarga nun selo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cunha visión liberal e escéptica do mundo, destacan Doktor Glas (1905), Martin Birks ungdom (A mocidade de Martin Birks, 1930) e Den förvandlade Messius (O Mesías trasladado, 1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa rusa. Escribiu en sueco e introduciu o expresionismo na literatura sueca. Destacan Dikter (Poemas, 1916), Septemberlyran (A lista de setembro, 1918) e Rosenaltaret (O altar de rosas, 1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Erguer algo a certa altura.

    2. Levantarse con dificultade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e teólogo. Seguidor do eslavofilismo e crítico do racionalismo occidental, concibiu un ecumenismo en que Rusia facía de ponte entre Oriente e Occidente. Das súas obras destacan Filosofskie načala cel’nogo znanija (Os principios filosóficos do coñecemento integral, 1877), Čtenija o Bogočelovečestve (Leccións sobre o carácter teándrico 1877-1881) e Kritika otvlečonnykh načal (Crítica dos principios abstractos, 1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Foi director da Covent Garden de Londres (1961-1972), da Chicago Symphony Orchestra (1969-1991) e da London Philarmonic (1979-1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común que reciben os individuos da familia dos podicipédidos, que non presentan diferenzas morfolóxicas externas entre machos e femias, teñen o rabo curto e son acuáticas mergulladoras.

    2. Ave de aproximadamente 43 cm de lonxitude, con diferenzas entre a plumaxe estival e invernal. Esta última caracterízase porque é de cor cinsenta no dorso e nas costas, e branca sucia no ventre, mentres que no estío a plumaxe é máis colorida, xa que o pescozo é arrubiado pola parte ventral e as fazulas son máis brancas. Viven en zonas de lagoas e pantanos, e aliméntanse de peixes e pequenos invertebrados. Distribúese principalmente por Europa do centro e L, polo que é moi raro atopala en Galicia.

    3. Ave de entre 47 e 56 cm de lonxitude, que se caracteriza por presentar unha crista no curuto. Durante a plumaxe estival ten o dorso acastañado e o ventre branco; das fazulas sáelle un conxunto de plumas máis longas que chegan ata a gorxa, que forman unha especie de colar de cor parda vermella coas puntas negras. Durante a plumaxe invernal carecen deste especie de colar, e son de cor cinsenta no dorso e abrancazada no ventre. Vive en zonas de pantanos e lagoas con vexetación, que lle proporciona protección, alimentándose de peixes, cágados, pequenos crustáceos e insectos. Distribúese por toda Europa, e en Galicia está presente como invernante. Pódense observar en zonas costeiras ou no SL da rexión.

    4. Ave de aproximadamente 30 cm de lonxitude coa plumaxe estival, negra no dorso, cabeza e pescozo, costas pardas acastañadas, ventre abrancazado e cun penacho de plumas douradas en forma de abano que lle sae da base do ollo cara a atrás. Durante o inverno o dorso é negro e o ventre branco. Vive en rías, lagoas e zonas litorais, e aliméntase de peixes, crustáceos, moluscos e insectos. Pode atoparse en case todos os continentes, e en Galicia aparece como invernante nas zonas costeiras, entre os meses de decembro e marzo.

    5. Ave e 26 cm de lonxitude coa plumaxe estival de cor parda escura no dorso, coas fazulas e gorxa avermelladas, e a invernal de cor parda polo dorso e máis clara polo ventre. Vive en zonas próximas a desembocaduras de ríos, e en lagoas, entre a zona de vexetación. Aliméntase de crustáceos, moluscos, insectos, pequenos peixes e algunha materia vexetal. Atópase nas zonas temperadas de Eurasia e África; en Galicia é sedentaria e distribúese de forma irregular por todo o territorio.

    6. Ave de aproximadamente 32 cm de lonxitude coa plumaxe estival parda escura en costas e dorso, o ventre branco e cabeza negra cunha franxa dourada que vai desde a base do pico ata a caluga, onde remata formando un penacho. Durante o inverno, a plumaxe é parda escura pola zona dorsal do corpo e abrancazada pola ventral. Vive en augas calmas, preto da costa, como desembocaduras de ríos, rías ou encoros e aliméntase de peixes pequenos, crustáceos, moluscos e insectos. Distribúese polo N de Europa, e na Península Ibérica e en Galicia é invernante, pero aínda que raro, pode verse entre outubro e novembro en zonas costeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. De tendencia liberal conservadora, foi ministro de Finanzas (1893-1894 e 1894-1896), puxo orde na circulación bancaria e foi xefe do goberno (1906, 1909-1910). Ao estoupar a Primeira Guerra Mundial, e como ministro de Asuntos Exteriores, preparou a entrada de Italia na guerra ao lado das potencias da Entente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador e escritor francés. Teórico principal do sindicalismo revolucionario, formulou a teoría do mito histórico. Escribiu Reflexions sur la violence (1906) e Matériaux pour une théorie du proletariat (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Bola baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Bola. Ten planta en forma de U, cunha das ás rematada nunha torre e co patio pechado por un muro que enlaza os corpos laterais e onde se sitúa a porta de acceso decorada con placas. O escudo alude aos Feijoo, Ribadeneira, Villamarín, Puga e Novoa. Á beira da torre atópase a capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Sorga (A Bola). Fundárono no s X Placencio e a súa dona Adosinda. En 949 o Rei Ramiro II converteuno en priorado de San Salvador de Celanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Ourille (Verea). En 922 Aldreto e a súa filla Hodrozia, e Placencio e a súa dona Adosinda, cederon a igrexa de San Vicente de Levita para que se construíuse un mosteiro. En 927 Adosinda cedeu a metade do mosteiro ao de San Pedro de Sorga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Espía acerbaixano. Estivo ao servizo da URSS e, tomado por hábil xornalista e alemán leal, en 1933 adheriuse ao partido nazi. En Xapón converteuse en asesor político do embaixador alemán Eugen Ott. En maio de 1941 avisou á URSS dos plans de invasión (22 de xuño de 1941) do exército alemán e das intencións xaponesas de atacar obxectivos do Pacífico. En outubro do mesmo ano foi detido e executado posteriormente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, anuais ou perennes, da familia das poáceas, coas inflorescencias en panícula terminal, espículas dispostas por pares, unha sésil e hermafrodita e a outra masculina ou estéril e pedicilada. En Galicia está presente a especie S. halepense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea perenne, rexa, de 1 a 2 m de altura, coas follas lineares aguzadas e inflorescencias paniculares de gran tamaño. É orixinaria de China e do S de África e o seu cultivo é dos máis antigos. Cultívase como planta forraxeira e para alimento humano, constituíndo a base alimentaria de millóns de persoas de Asia e de África. Existe unha variedade S. vulgare saccharatum de talo groso que fornece un xarope azucrado, de emprego culinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política e guerrilleira namibia de liberación, fundada en 1959 por Herman Toivo ja Toivo. Xurdida dun grupo político ovambo, chegou a ser multirracial e de ideoloxía marxista. Desde 1966 atentou contra obxectivos sudafricanos en Namibia. A partir de 1990, coa independencia de Namibia, participou nas eleccións lexislativas e resultou o grupo maioritario.

    VER O DETALLE DO TERMO