Sorge, Richard

Sorge, Richard

Espía acerbaixano. Estivo ao servizo da URSS e, tomado por hábil xornalista e alemán leal, en 1933 adheriuse ao partido nazi. En Xapón converteuse en asesor político do embaixador alemán Eugen Ott. En maio de 1941 avisou á URSS dos plans de invasión (22 de xuño de 1941) do exército alemán e das intencións xaponesas de atacar obxectivos do Pacífico. En outubro do mesmo ano foi detido e executado posteriormente.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bakú

  • Deceso

    Lugar : Toquio