"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

    1. Pechar os ollos momentaneamente para facer un sinal ou por acto reflexo.

    2. Tocar unha cousa rozándoa lixeiramente.

    3. Facer un ruído unha cousa ao bater con outra. Ex: Chiscaron os vasos durante toda a festa.

    4. Tomar unha pequena cantidade dunha bebida, especialmente alcohólica. Ex: Só chiscou unha copiña de augardente.

    5. Facer lume cun seixo.

    6. Cuspir entre dentes.

    7. Expulsar vómito pola boca.

    8. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘beber’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proporcionar certos vertebrados calor corporal aos seus ovos para que estes completen o seu desenvolvemento e dean lugar a novos individuos. É típico da maior parte das aves, dos anfibios apódodos, de réptiles como as cobras, e de mamíferos como os ornitorrincos. Xeralmente, a acción de chocar practícana as femias, aínda que en aves como as xacanas é labor dos machos. Nos casos nos que os ovos non son chocados, a calor procede directamente da natureza do niño, por unha orientación e posición favorable ou pola descomposición de materia orgánica que a nai ou o pai acumularon previamente.

    2. Manifestarse ou comezar a sentir os primeiros síntomas dunha enfermidade.

    3. Estender a bagaña do liño para que o sol a quente e solte a liñaza.

    4. Poñer as castañas ao sol para que maduren.

    5. Poñerse choca unha ave, especialmente a galiña. Ex: Chocaron dúas galiñas case ao mesmo tempo.

    6. Quentar un rescoldo ou un lume pouco intenso unha materia, que está verde ou mollada, ata que prende chama e arde. Ex: A fogueira chocou toda a tarde ata que prendeu lume.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colidiren dúas cousas ou persoas cando se están movendo as dúas ou cando unha está parada e a outra en movemento.

      1. Ter un encontrón ou loitar dous bandos opostos.

      2. Discutir dúas persoas. Ex: O primeiro día de traballo chocaron e nunca máis se levaron ben.

      3. Provocar antipatía ou non caer ben. Ex: O pai e o fillo sempre chocaran un co outro.

      4. Ser os pensamentos, as ideas, os plans, etc, contrarios a outros. Ex: A súa conduta chocaba cos preceptos promulgados polo dirixente da secta.

    2. Resultar algo estraño ou sorprendente. Ex: Chocoume moito a reacción que tivo naquel momento tan delicado.

    3. Facer bater unha cousa con outra. Ex: Chocaron as copas e fixeron un brinde polos vellos tempos.

    4. Darlle a man a alguén para saudalo ou como un sinal de ratificación dun acordo. OBS: Normalmente úsase como imperativo en expresións fixas, como choca eses cinco ou chócaa. Ex: Choqueille a man aínda que non me agradaba moito velo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Choca de pequeno tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chorar debilmente, sen gana e sen motivos suficientes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fechar un ollo co outro aberto coa intención de facer un aceno ou de dar a entender algunha cousa.

    2. Querer pecharse os ollos por causa do sono ou por outro motivo.

    3. Perder ou diminuír a visión nun ollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto filipino. Foi un dos fundadores do Grup d’Arquitectes i Técnics Catalans per el Progrés de l’Arquitectura Contemporània (GATCPAC). A súa obra máis representativa é a casa dos veciños da Diagonal, en Barcelona (1934-1937). Outras obras súas, tamén en Barcelona, son a Delegación do Patronato Nacional de Turismo (1930) e a casa da rúa de Iradier (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caer chuvia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino, mártir e un dos Pais da Igrexa. Tras vivir unha mocidade entregada aos vicios converteuse ao cristianismo no 246; tres anos despois foi elixido bispo de Cartago e reorganizou a Igrexa de África, malia a violenta persecución de Decio que o obrigara a saír da cidade. No 255 mantivo unha controversia co Papa Estevo, quen autorizaba os bautismos conferidos por herexes fronte á súa opinión, non tan indulxente, e á dos bispos africanos. O procónsul Paterno desterrouno ao tunesino cabo Bon, pero, tras volver ser arrestado, regresou a Cartago; meses despois foi decapitado ao se negar a sacrificar os ídolos. A súa obra divídese en cartas e tratados (sermones, libelli, tractatus), entre os que destaca De habitu virginum, Catholicae ecclesiaeunitate ou De lapsis. A súa festa celébrase o 16 ou o 26 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luís Cid Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Discípulo de Francesco Albani, a súa obra caracterízase pola minuciosidade e polo seu perfecto acabado. Realizou a decoración do palacio de Boloña, o fresco da Asunción da Virxe e o Paraíso na cúpula da catedral de Forlì. En 1711 converteuse no primeiro presidente da Accademia Clementina de Boloña. O seu fillo Felice Cignani (Boloña 1660 - 1724) e o seu sobriño Paolo Cignani (Boloña 1709 - 1764) foron tamén pintores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recubrir con cinc a superficie dun obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador de economía italiana. Catedrático de Historia Económica da Universidade de Pavia, estudiou sobre todo a historia da moeda, a poboación e a técnica; especializouse na xénese e desenvolvemento do capitalismo e nas condicións que fixeron posible a Revolución Industrial en Europa. Escribiu, entre outras obras, The Economic History of World Population (Historia económica da poboación mundial, 1962), The Economic Decline of Empires (A decadencia económica dos imperios, 1970), Istruzione e sviluppo: il declino dell’analfabetismo nel mondo occidentale (Educación e desenvolvemento: o retroceso do analfabetismo no mundo occidental, 1971), Storia economica dell’Europa pre-industriale (Historia económica da Europa preindustrial, 1974), Le macchine del tempo: l’orologio e la società, 1300-1700 (As máquinas do tempo: o reloxo e a sociedade, 1981), Introduzione allo studio della storia economica (Introdución ao estudo da historia económica,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e xesuíta. Realizou as súas primeiras experiencias científicas no observatorio meteorolóxico de Manila (1888-1894), onde promoveu o plan magnético das Filipinas. En 1905 fundou o Observatori de l’Ebre, que dirixiu ata 1920. En 1914 creou a revista científica Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. erter un líquido ou deixar caer aos poucos un grupo de cousas.

      2. Estender algo que estaba xunto ou nun montón.

    1. Manchar algo con algunha cousa.

    2. erterse un líquido ou caer ao chan aos poucos un grupo de cousas.

    3. Mancharse con algo. Ex: Ciscouse toda no xardín.

    4. Cagarse unha persoa por ela. Ex: A pobre muller ciscouse porque colleu frío no estómago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuberta en forma de urna arredondada, cunha abertura apical, que se forma nalgúns rodófitos por proliferación das células que recobren o procarpo despois da fecundación, e que envolve o gonimoblasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tornar claro ou facer menos denso e espeso. Ex: Clarificou a crema botándolle un pouco máis de leite.

    2. Poñer claro algo confuso e dubidoso. Ex: Antes de presentarse á reelección clarificou a súa postura.

    3. Facer algo máis intelixible.

    4. Efectuar unha clarificación.

    5. Usar técnicas de procesamento dixital da imaxe para corrixir unha imaxe borrosa. Para que sexa posible, debe coñecerse a natureza exacta do aspecto borroso da imaxe, algo que en ocasións se pode deducir da aparencia de calquera obxecto pequeno e brillante da imaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dividir en clases ou categorías un conxunto de cousas ou asignarlles unha determinada clase ou categoría. Ex: Fixeron a clasificación das follas das árbores que colleran no monte.

    2. Ordenar algunha cousa.

    3. Declarar un goberno que unha información ou un documento é materia reservada.

    4. Acadar un posto determinado nunha competición. Ex: Clasificouse entre os vinte primeiros nunha carreira de cincocentos participantes.

    5. Pasar a disputar outra competición de nivel superior.

    VER O DETALLE DO TERMO