"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • GALICIA

    Historiadora. Doutorouse en Historia e é catedrática de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela. Investigou sobre a presenza monástica en Galicia e sobre a mentalidade colectiva e o papel da muller na evolución histórica. Das súas obras destacan El monasterio de Sobrado: un ejemplo de protagonismo monástico en la Galicia Medieval (1979), A Vida das mulleres na Galicia medieval (1100-1500) (1993) e Ilduara, una aristócrata del siglo X (1998), e con Ermelindo Portela Silva El Bajo valle del Miño en los siglos XII y XIII: economía agraria y estrutura social (1971), Galicia na época medieval (1991) e De Galicia en la Edad Media, sociedad, espacio, y poder (1993). Recibiu o premio de Investigación da Xunta de Galicia (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido en 1816 por Fernando VII a Manuel Xosé de Pallares e Correa e Gayoso e Somoza , señor da casa-torre de Outeiro, rexedor perpetuo de Lugo e cabaleiro da orde de Carlos III. O primeiro conde de Pallares morreu sen descendencia e o título pasou a Manuel de Taboada e Pallares , II conde de Pallares. Este deixoulle o condado a Manuel Vázquez de Parga e Somoza e Pallares (Vilalba 1828-Madrid 1908), político e xurista, que foi deputado e senador vitalicio a partir de 1877. O IV conde de Pallares foi Manuel Ramón Vázquez de Parga e de la Riva e Somoza (Lugo 1862-?), quen recibiu o título en 1902. Luis Vázquez de Parga y Iglesias , de orixe madrileña, foi o V conde de Pallares. Catedrático e escritor, foi doutor en Filosofía e Letras, membro da Real Academia de la Historia e director en funcións do Museo Arqueológico Nacional (1966). O VI conde de Pallares foi Luis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya (2.701 h [2001]). A súa economía baséase nos cultivos da vide, oliveira e ervellas de ceratonia, así como na industria química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Artes (Carballo). Ten planta rectangular e dous andares, cun engadido perpendicular nunha das esquinas. Foi construído en cachotaría agás os vans, os esquinais e a cheminea, que foron realizados en cantaría. Na fachada principal destaca o escudo de armas dos Villardefrancos, Bermúdez, Castro, Pardiñas e Moscoso, enmarcado nun frontón. Conserva un hórreo, unha capela e unha fonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto ou dito propio dun pallaso.

    2. Acción ou dito falto de seriedade, e que pode resultar ridículo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Siderólito en que predomina a olivina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Artista cómico, maquillado dun xeito esaxerado e vestido estrafalariamente, que nos circos representa pantomimas, fai acrobacias ou interpreta música para divertir o público. Pódense dividir en dous tipos: o clown, que interpreta o papel de listo, e o augusto, que fai de tonto.

    2. Que ou quen ten un comportamento pouco serio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía india que reinou en Kānci (actual Kānchīpuram), desde principios do s V a finais do s IX. Orixinaria do Deccan, os seus membros impulsaron o comercio e expandíronse limitadamente polo SL de Asia. Foron eclipsados pola dinastía támil dos Chola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Libelista italiano. Escribiu obras sacras, escenas retóricas, narracións bíblicas obscenas, novelas políticas antiespañolas e libelos satíricos. Apresárono en Venecia por un libelo contra o papa, a Igrexa e os xesuítas, Il corriere svagliato, e outro libelo contra Urbano VIII, La baccinata, foi a causa da súa detención e decapitación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e prelado italiano. Foi nomeado cardeal en 1659 polo Papa Alexandre VII. Escribiu numerosas obras literarias, filosóficas, teolóxicas e históricas, das que destaca a traxedia Ermenegildo (1644), Istoria del concilio di Trento (1656-1657), unha xustificación da política da Igrexa católica na época; e o estudo Trattato dell’arte e dello stile del dialogo (1662).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa pequena do Mar Cantábrico, situada entre a punta Niño do Corvo e a ría de Ribadeo, pertencente á parroquia de Vilaselán (Ribadeo).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caída repentina de fociños en que se bate con todo o corpo contra o chan.

    2. Conxunto de pedras que se derruban dun muro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Superficie que serve de obstáculo ou que intercepta determinados raios de luz ou doutra cousa.

      2. Obxecto, opaco ou translúcido, de vidro, metal, tea ou papel que se pon arredor ou ao lado dun foco de luz para dirixir a súa claridade cara a unha zona determinada, para difundila por todo un recinto ou para evitar que os raios luminosos molesten a vista.

    1. Persoa ou cousa que serve para ocultar ou protexer a outra con algunha finalidade.

    2. Personaxe típica do Entroido de Xinzo de Limia. Descoñécese a súa orixe, pero inicialmente remítese ao medievo. O seu emprego festivo tivo unha paréntese durante os anos da guerra e reapareceu nos anos corenta. Os elementos que a compoñen son: máscara, capa, campaíñas, vexiga, polainas, calzón branco, camiseta fina e pano. A máscara ten dúas partes: o cucurucho e a carauta. O cucurucho faise cun molde especial e vai unido á parte correspondente da cara. É de cartón groso e de cor branca ou amarela. A carauta faise cun chapeu de feltro. A á deste chapeu, ao recortala, tamén se emprega para facer a forma do nariz, das cellas e unhas orellas que van pegadas á máscara. O feltro moldéase con papel pegado e engrudo e déixase secar para que quede duro e así poder darlle logo varias mans de pintura. As cores que leva a máscara son sempre as mesmas; rosa para a cara, e negro e vermello para o resto. No gorro ou cucurucho hai máis liberdade creativa. A capa é vermella, negra ou branca e reberetada...

      1. Superficie branca, de material téxtil ou plástico, sobre a que se proxectan imaxes cinematográficas ou fotográficas. Poden ter concepcións e dimensións moi diversas, desde as pequenas pantallas portátiles para a proxección de diapositivas ou películas de 8 mm, ata as grandes pantallas empregadas no cinemascope, o cinerama e a vistavisión.

      2. pantalla panorámica

        Tipo de pantalla alongada e cóncava en que se proxectan as películas feitas en cinemascope.

      1. Superficie plana do televisor ou do ordenador que permite visualizar os datos que este subministran.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia espesa e branda de consistencia líquida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Parada de Sil baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que está situado na parroquia de Liñares (Pedrafita do Cebreiro). O seu cumio acada os 1.174 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe óseo de auga doce, inferior aos 12 cm de longo. Presenta corpo fusiforme alongado, algo comprimido lateralmente. As aletas teñen os raios osificados, a aleta dorsal é oposta ás ventrais e a aleta anal é posterior á aleta dorsal. A cor é cinsenta azulada ou verdosa no dorso, máis clara con reflexos dourados nos flancos. O ventre é branco prateado. É unha especie endémica da Península Ibérica, limitada á metade N da mesma, resulta abondosa nos afluentes do Miño, así como noutros ríos galegos que dan ao Atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político. Coordinador da cátedra Jean Monnet da Unión Europea na Universidade de Vigo, foi director do Centro de Información Pesqueira e Marisqueira da Consellería de Pesca e asesor da FAO. Foi deputado no Parlamento galego polo PSOE (1985-1989) e membro da área de Ciencias Mariñas do Seminario de Estudos Galegos. Especialista en economía rexional, escribiu Do marisqueo á acuicultura (1980), A Emigración (1978) e A integración europea: un efoque interdisciplinar (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO