"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Construción situada nas aforas de Oviedo. Datada no s IX, orixinariamente foi unha das dependencias da aula rexia de Ramiro I de Asturias. Ten forma rectangular cunha soa nave, con contrafortes no exterior, dous pisos e un corpo central coa volta de canón, e está reforzada con arcos faixóns. O piso superior remata en dous miradoiros. Obra clave da arte asturiana, destaca polas súas influencias visigóticas, carolinxias e orientais. Foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) ; en 1885 e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985 xunto co resto dos monumentos de Oviedo e do Reino de Asturias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico da Cordilleira Cantábrica situado no sector central de Picos de Europa (2.519 m), no límite de Asturias, Castela e León e Cantabria. É un lugar de escaladas frecuentes, sobre todo polas caras S e NL.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira esquerda da ría de Arousa, situada na parroquia e concello de Boiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do distrito de Dacca, Bangladesh, situada ás beiras do río Lakhya, na confluencia co Dhaleswari (276.549 h [1991]). É o principal porto fluvial de Dacca, que conecta cos maiores portos interiores e con Chittagong. Xunto con Dacca forma a principal rexión industrial de Bangladesh, con industria téxtil de xute e algodón. Conserva a fortaleza de Bara Bhaiyas, do s XV, e o templo de Lakshmi Narayan Vixnu, do que tomou o nome a cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Xerusalén. Presidiu un concilio en que se decidiu que a Pascua tiña que celebrarse sempre en domingo. A súa festividade celébrase o 29 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Girona 18.3.307?) Bispo de Girona. Fuxiu da súa diocese durante a persecución de Diocleciano e refuxiouse en Augsburgo, na casa da cortesá Afra, a quen converteu. Nesa cidade tamén consagrou a san Denís como bispo. De volta en Girona, morreu martirizado xunto co seu diácono Fiz. A súa festividade celébrase o 18 de marzo e o 29 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento psicoterapéutico que consiste en producir un estado de relaxación próximo ao sono mediante a administración de drogas específicas como o pentotal sódico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica ao tráfico ilegal de narcóticos ou doutros estupefacientes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político colombiano. Intelectual liberal, foi nomeado presidente do estado (1811). Centralista, enfrontouse aos federalistas e máis tarde foi derrotado e feito prisioneiro polos realistas (1814). Liberado, Bolívar nomeouno vicepresidente de Colombia (1821).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. Foi enviado a México polo gobernador de Cuba, Velázquez, para someter a Hernán Cortés, ao que atacou en Cempoala e ao que fixo prisioneiro (1520). Liberado en 1523, morreu nun naufraxio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Coñecido como Pelé, en 1956 ingresou no Santos, club de São Paulo co que gañou dúas edicións da Copa Libertadores (1962 e 1963), da Copa Intercontinental (1962 e 1963) e cinco títulos consecutivos do Campionato de Brasil (1961-1965). É o único xogador da historia que logrou tres triunfos na Copa do Mundo, en Suecia (1958), Chile (1962) e México (1970). En 1995 foi nomeado ministro extraordinario de Deportes de Brasil e en 2000 a FIFA nomeouno mellor xogador do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e sacerdote. Coñecido como Elísio Filinto, considérase un poeta prerromántico debido á simpatía que sentía pola Ilustración. Purista da lingua e poeta arcádico, realizou traducións de autores latinos e franceses, cultivou a sátira e escribiu epigramas e espístolas. A súa obra máis destacada é Da Arte Poética Portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao nariz e ás queixadas.

    2. Rañura que separa as ventas do nariz das queixadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s III) Mártir. Casada con santo Adrián, mantivo a súa relixión en segredo ata que o seu home, oficial romano, se converteu ao cristianismo polo que recibiu martirio. Disfrazouse de home para estar a carón del no cárcere. A súa festividade celébrase o 1 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Discípulo de Xesús Cristo. Sábese da súa existencia polo Evanxeo segundo san Xoán, onde se conta que ía acompañado doutro discípulo, Filipe, camiño de Emaús. Identificouse tamén co apóstolo Bertomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos natantios.

    2. Crustáceo decápodo da suborde dos natantios.

    3. Suborde de crustáceos decápodos malacostráceos que se caracterizan por posuír un corpo aplanado lateralmente, dous pares de antenas e rostro prominente (gambas) ou reducido (camaróns). Son bos nadadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo molecular estadounidense. Estudou na Universidade de Delaware e na de Washington (San Luis), e foi profesor da Universidade de Johns Hopkins de Baltimore, onde tamén foi director do Departamento de microbioloxía. En 1978 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, xunto con W. Arber e H. O. Smith, polos seus traballos de aplicación dos enzimas de restrición illados da bacteria Haemophiplus influenzae, por elaborar o mapa da estrutura de ADN do virus canceroso SV 40 e contribuír á identificación das bases moleculares do cancro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de EE UU que se encarga de coordinar, dirixir e impulsar os programas civís de investigación aeroespacial e responsable da administración dos fondos que lle son destinados. A NASA foi legalmente creada en 1958, co impulso da American Rocket Society e da National Academy of Sciences, e ten a súa sede en Washington. As investigacións céntranse no voo espacial tripulado (lanzadeira espacial, estacións espaciais), na ciencia espacial (física e astronomía, exploración planetaria e lunar, foguetes lanzadores), nas aplicacións espaciais (meteoroloxía, física do Sol e dos océanos, telecomunicacións), na tecnoloxía aeronaútica, espacial e nuclear, e outras. Como traballos notables destacan o programa Apolo e os programas EOS e da Estación Espacial Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade multirracial estadounidense fundada en 1909 por W. E. B. du Blois para favorecer e facer respectar os dereitos das persoas negras en EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principal organismo federal estadounidense para a investigación científica en física, química, metalurxia e enxeñaría. Fundouse en 1901 para supervisar os métodos e os patróns de medir empregados no país e para investigar. Consta de catro centros principais: o Laboratorio Nacional de Medidas, o Laboratorio Nacional de Enxeñaría, o Instituto para as Ciencias da computación e a tecnoloxía e o Centro para a ciencia dos materiais, repartidos nas instalacións de Gaithersburg (Maryland) e Boulder (Colorado).

    VER O DETALLE DO TERMO