"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. A súa obra, satírica, centrouse na observación das clases acomodadas da súa época. Escribiu sobre todo novelas, como Tys’ača duš (Mil almas, 1858), en que amosa de forma sombría os costumes rusos nunha época previa á abolición da servidume; e Meščane (Os pequenoburgueses, 1877), aínda que tamén destacou no xénero dramático coa súa obra Gorkaja sud’ba (Un destino amargo, 1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e diplomático. Estudou con Óscar Esplà e formou parte do Xeración da república. En 1930 estreou o ballet La romería de los cornudos, cunha estética moi persoal; ademais dun Concierto militar para violín e orquestra, a zarzuela El coro (1931), música de cámara e cancións. En homenaxe aos poetas da Xeración do 27 compuxo Llanto por Federico García Lorca (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Tras estudar filosofía e letras en Bos Aires e pintura, trasladouse a París (1960-1964) onde estudou historia da relixión e literatura francesa en La Sorbonne, ademais de realizar traducións e escribir poemas e críticas en varios diarios e revistas. A súa poesía xorde dunha absoluta introspección ante unha vida que a superaba; a soidade, o silencio e a linguaxe son referencias constantes na súa obra. Da súa produción destacan La tierra más ajena (1955), Los trabajos y las noches (1965), Extracción de la piedra de la locura (1968) e El infierno musical (1971), así como o seu traballo en prosa La condesa sangrienta (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plan pedagóxigo redactado por Vicente Risco a petición da III Asemblea Nazonalista Galega, celebrada en Vigo. O Plan, na óptica da escola nova no tocante ás súas propostas, establecía sete apartados: a) o edificio escolar, que bebe cumprir unhas condicións hixiénicas, pedagóxicas, estéticas e educativas adecuadas;   b) a ordenación do interior dos centros, en que defende unha aula ampla, luminosa e funcional; c) a vida escolar, que debe respectar a personalidade e o carácter de seu do neno; d) os profesores, que deben estar comprometidos co país e usar o galego na escola; e) os métodos de ensino, baseados na escola nova; f) o galego na escola, en que se prioriza a presenza ou ensino en galego para facilitar e optimizar a aprendizaxe; e f) o ensino da cultura galega nas escolas, en que se debe incluír no programa de estudos disciplinas referentes a Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plan de normalización lingüística aprobado, por unanimidade, polo Parlamento de Galicia o 22 de setembro de 2004. Este Plan, no seu conxunto, está orientado a informar e a poñer en práctica unha serie de medidas -presenta catrocentas corenta e cinco propostas- que permitan a recuperación de falantes, unha maior dignificación da lingua e a súa asunción con naturalidade. A dirección técnica e redacción do proxecto, así como a supervisión e coordinación dos traballos das diferentes comisións sectoriais, foi asumida por unha comisión técnica formada por catro especialistas e presidida polo académico Manuel González; ademais formáronse oito grupos de traballo (comisións e subcomisións sectoriais) con máis de sesenta especialistas que se responsabilizaron da selección, definición e proposta do inventario de obxectivos específicos e de medidas ponderadas para cada un dos sectores en que se estruturou o Plan. Igualmente hai outras contribucións de persoas ás que se lles pediron achegas a través...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membrana que rodea a célula, delimitando o seu territorio e controlando o seu contido. OBS: Tamén se denomina membrana celular, citoplasmática ou plasmática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación sen ánimo de lucro, con sede en Vilagarcía de Arousa, que naceu en 1994 para loitar contra o narcotráfico e denunciar socialmente a súa problemática. En 1999 creou o Comité de Axuda ao Drogodependente e en 2002 transformouse en Fundación Galega contra o Narcotráfico. As súas liñas de actuación baséanse na prestación de asesoramento e información, no desenvolvemento de campañas de prevención e sensibilización, na realización de foros de debate e xornadas formativas, e na elaboración e divulgación dun cómic para os nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos tresquiornítidos, que presenta a plumaxe de cor branca, o peteiro longo e aplanado de cor negra co extremo amarelo, e as patas negras. En Galicia está presente como hibernante o cullereiro común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • tresquiornítido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico marxista ruso. Iniciou a súa actividade no populismo en 1875. Deportado a Siberia, conseguiu fuxir e estableceuse en Xenebra ata 1917. Marxista convencido, defendeu a necesidade de organizar un poderoso partido obreiro baixo a dirección socialista como preparación para a futura revolución. En 1917 proclamou a continuación da guerra contra o invasor, o que o illou do triunfo da Revolución de Outubro, á que se opuxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Foi condenado a morte por pertencer, xunto con F. Dostojevskij, ao grupo revolucionario Petraševskij (1849) e logo desterrado a Orenburg. O seu poema Vper’od! bez strakha i somnenija (Adiante!, sen poñer dúbidas!, 1846) converteuse en canto revolucionario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • polivalencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • polivalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi notario en diversas poboacións españolas, alcalde de Arzúa e Lugo, gobernador civil en Salamanca e na Coruña. Como alcalde de Lugo foi procurador en Cortes (1973-1975). Deputado no Congreso por Coalición Democrática (1982-1986), foi membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (1987-1996). Recibiu a Medalla Castelao (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de polivalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que serve para moitos cousas ou usos.

      2. Aplícase ao sistema lóxico que, a diferenza da lóxica tradicional e da maioría das lóxicas contemporáneas, acepta máis de dous valores de verdade. A lóxica polivalente, baseada en sistemas finita ou infinitamente polivalentes é propia do s XX, e tipicamente exemplificable coa aceptación de que unha proporción pode ser “non verdadeira e ao mesmo tempo non falsa”. Entre os lóxicos polivalentes destacan Emil Post e Alfred Tarski.

    1. Que actúa cunha valencia de dous ou superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Coñecido como o ‘bardo de Bergantiños’, ocasionalmente asinou os seus escritos cos pseudónimos de Arístides Valtierra, Ezequiel e El Proscrito de Almendares. Está considerado, xunto a Rosalía de Castro e Curros Enríquez, como un dos grandes poetas do Rexurdimento en Galicia. Fillo de Xoán González Pondal e de Anxos Fernanda Abente Chans, pertenceu a unha familia de orixe fidalga que se enriquecera na emigración americana e que ocupou destacados postos na vida política e económica da comarca bergantiñá. Eduardo, o menor de sete irmáns, dedicou practicamente toda a súa vida á escritura, sen apenas reparar no seu mantemento, xa que os gastos corrían a cargo das rendas familiares. Formado nun ambiente aristocrático, de alto poder adquisitivo, iniciou os seus estudos de gramática latina e grega na reitoral de Vilela de Nemiña co párroco de Touriñán, Cristóbal de Lago, como era costume nos rapaces que querían iniciar carreira eclesiástica ou universitaria. Esta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Vedra. Construíuse ou reedificouse no s VIII por orde de Odoario, bispo de Lugo. De estilo románico, ten planta rectangular cunha ábsida semicircular cuberta con bóveda de canón rematada nun cuarto de esfera. O arco triunfal é lixeiramente apuntado. No muro sur engadiuse unha capela con bóveda oxival de cinco claves, posiblemente do s XVI. No interior destacan os frescos do s XVI do arco central que representan a Anunciación. No exterior destaca a espadana con remate triangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Gran coñecedor das literaturas inglesa, francesa, italiana e clásica, está considerado como un dos grandes poetas do s XVIII. En 1704 iniciou os seus contactos co círculo literario do dramaturgo William Wycherley. Nos seus Pastorals (1709), escribiu un prólogo titulado “Discours on Pastoral Poetry” en que se amosaba partidario dunha poesía breve e delicada, que como en Essay on Criticism (1711), facía sobresaír a relación entre arte e natureza. Esta filosofía poética plasmouna en moitas das súas composicións, desde Windsor Forest (1712) ata Collected Poems (1717). Da súa obra tamén destacan os textos satíricos The Rape of the Lock (1712-1714), The Dunciad (1728) e An Essay on Man (1733-1734).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadador ruso. Nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 e nos de Atlanta 1996 foi campión nas modalidades 50 e 100 m libres. Tamén nestas modalidades foi sete veces campión do mundo: en Roma (1994), en Perth (1998) e en Barcelona (2003, ademais de campión en relevos 4x100 m libres). Desde 1999 é membro do Comité Olímpico Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO