"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • Tratamento de enfermidades mediante a masaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo de Taínaron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista checo. Coñecido como Karel Čapek-Chod, destacou pola mordacidade dos seus artigos en xornais, e as súas obras son unha crónica das condicións sociais e políticas do seu tempo, converténdose no máximo representante do naturalismo checo. Publicou as obras Kašpar Lén mstitel (A vinganza de Kašpar Lén, 1908), Turbina (A turbina, 1916) e Antonin Vondrejc (1917-1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filla de Xerome Bonaparte e sobriña de Napoleón. Casou (1841) co príncipe ruso Anatolio Demidov. Durante a Segundo Imperio (1868-1870) tivo en París un activo salón artístico e literario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberano inca (1246-1276), fillo de Lloque Yupanqui. A súa figura é en parte lendaria e o inca Garcilaso atribuíulle moitas loitas, mentres que Balboa negou que se producisen feitos notables durante o seu reinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doce que se elabora cunha masa feita con améndoas crúas, peladas e moídas e azucre, que se coce no forno xeralmente en moldes de figuriñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento das enfermidades por medios mecánicos, como masaxes, ou mediante aparatos que obrigan o enfermo a executar determinados movementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Seto-naikai.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos megapódidos.

    2. Ave da familia dos megapódidos.

    3. Familia de aves da orde dos craciformes, de 50 a 70 cm, que ten as patas, os dedos e as uñas grandes e fortes e que é a única familia de paxaros que non incuban os ovos e os pitos coa calor do corpo. Fan a posta no interior de moreas de materia vexetal en descomposición ou sotérrana na area da praia. Os pitos poden voar ás 24 horas de saír do ovo. Os xéneros máis importantes son Alectura, Leipoa e Megapodius. Viven en Indonesia, Melanesia, Australia e Polinesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prótalo formado nos pteridófitos heterosporios a partir dunha megaspora, sobre o que se desenvolven os arquegonios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos cetáceos misticetos, da familia dos balanoptéridos, que ten como única especie a M. novaengliae (xibardo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor checo. Viviu en Dresden (1745), onde foi nomeado pintor de cámara da corte saxoa, en Roma (1751) e en Madrid, onde fixo numerosos retratos dos que destacan os de María Luísa de Parma e a Marquesa del Llano, traballou ao servizo de Carlos II e realizou A aurora, A apoteose de Hércules ou A apoteose de Traxano, para o Palacio Real. Elaborou, xunto con J. J. Winckelmann, as teorías do neoclasicismo, que plasmou no Parnaso, decoración dun teito da Villa Albani de Roma (1761), e no seu libro Gedanken über die Schönheit und über den Geschmack in der Malerei (Reflexións sobre a beleza e o gusto na pintura, 1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán activo da illa de Xava, Indonesia, situado ao N de Yogyakarta. O seu cumio acada os 2.911 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada que se emprega para indicar a presenza do grupo -SH nunha molécula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mercapt(o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal de fórmula xeral RSM, obtida substituíndo o hidróxeno do grupo −SH dun tiol por un metal, segundo a reacción 2RSH + 2Na D2RSNa + H 2 .

    2. Nome xenérico do grupos RS - que resultan da eliminación do protón do sulfhidrilo dun tiol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mesapios ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo mesapio.

    3. Antiga poboación de Puglia, de orixe probablemente iliria, emigrada no primeiro milenio a C. As primeiras noticias históricas seguras falan das súas loitas contra Tarento, a principios do s V a C. Sometidos polos romanos (280 a C), participaron, en 90 a C, na Guerra Social. A partir desta data, acelerouse a súa romanización.

    4. Lingua indoeuropea, afín ao ilirio, transplantada á Península Salentina e a unha parte de Puglia a principios do I milenio a C. Documentouse nalgunhas glosas e inscricións. Presenta oclusivas sonoras en correspondencia cunha sonora aspirada indoeuropea.

    VER O DETALLE DO TERMO