Mengs, Anton Raphael
Mengs, Anton Raphael
Pintor checo. Viviu en Dresden (1745), onde foi nomeado pintor de cámara da corte saxoa, en Roma (1751) e en Madrid, onde fixo numerosos retratos dos que destacan os de María Luísa de Parma e a Marquesa del Llano, traballou ao servizo de Carlos II e realizou A aurora, A apoteose de Hércules ou A apoteose de Traxano, para o Palacio Real. Elaborou, xunto con J. J. Winckelmann, as teorías do neoclasicismo, que plasmou no Parnaso, decoración dun teito da Villa Albani de Roma (1761), e no seu libro Gedanken über die Schönheit und über den Geschmack in der Malerei (Reflexións sobre a beleza e o gusto na pintura, 1762).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Aussig, Bohemia -
Deceso
Lugar : Roma