"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade das plantas causada en xeral polo fungo Botrytis cinerea e que se ve favorecida por unha elevada humidade do ambiente. Tamén pode ser producida por outros fungos do xénero Botrytis ou do xénero Sclerotinia. En xeral, a vía de penetración son as feridas, e as partes mortas ou vellas da planta, as primeiras en infectarse. Os síntomas son podremia branda de cor marrón escura en froitos e flores; e sementes, brotes novos e follas que se murchan. Tamén se denomina podremia gris ou simplemente podremia. Nalgunhas variedades de uvas resistentes (Semillon, Riesling, Furminto, etc), se a colle no momento adecuado, provoca nela unha pasificación e unha adquisición de características que dá orixe ás uvas coas que se fan os famosos viños de podredume nobre ou branca, como o Sauternes-Barsac, o Tokay e os de vendimas tardías de Alsacia e Alemaña, entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fentos da familia das botriquiáceas que abrangue máis de 30 especies. A máis representativa é B. lunaria, que pode acadar ata 25 cm de altura e presenta dúas frondes: unha estéril pinnatisecta, con segmentos en forma de media lúa, que sae do alto dun talo máis ou menos erecto, e outra fértil panicular. Distribuída por todo o hemisferio boreal extratropical, na Península Ibérica está presente na súa metade norte e en Sierra Nevada. En Galicia ocupa prados e turbeiras da metade oriental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de urocordados sésiles, da familia dos ascidiáceos, que poden acadar ata 2 mm de lonxitude; forman colonias planas e vivamente coloreadas, que recobren as rochas do infralitoral. Estas colonias están constituídas por numerosos grupos dispostos en forma de estrela, grupos formados por uns 12 individuos que circundan un único sifón común.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos deuteromicetos da familia das perisporiáceas. As colonias, formadas basicamente polo conxunto das hifas, teñen unha cor verdosa e presentan conidios de forma variable, entre esféricos e oviformes, e grandes esclerocios negros. Aparece sobre calquera resto orgánico orixinando putrefacción.
-
ENTRADA LARGA
Botswana esta baixo un dominio climático tropical no N e subtropical tendente a temperado no resto do país, con invernos suaves e veráns moi quentes. Na capital, Gaborone, situada ao SL do país, a temperatura media anual acada os 19,5°C, rexistrando a máxima no mes de xaneiro (26,1°C) e un mínimo en xullo (12,8°C). As chuvias distribúense segundo un réxime que as concentra entre os meses de decembro e abril: recóllese unha media anual de precipitacións que oscila entre os 700 mm, na zona setentrional, e os 200 mm no SO, no deserto do Kalahari.
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrografía
O solo é areoso e moi permeable, aspecto que contribúe a escaseza de augas subterráneas. Os ríos son todos de réxime intermitente. Os máis importantes son o Okavango, o Chobe e o Limpopo. No N, as concas do Okavango e o Makarikari constitúen extensas áreas pantanosas. Ao N hai bosque claro de oleáceas salvaxes, baobabs e acacias. Grandes extensións de sabana fan de transición entre os espiñeiros e as herbeiras... -
-
Relativo ou pertencente a Botswana.
-
Habitante ou natural de Botswana.
-
-
PERSOEIRO
Historiador, médico e político italiano. Ocupou altos cargos no Imperio Napoleónico e na Francia da Restauración. Escribiu Storia della guerra dell’independenza degli Stati Uniti d’America (Historia da guerra da independencia dos Estados Unidos de América, 1809) e Storia d’Italia dal 1789 al 1814 (Historia de Italia de 1789 a 1814, 1824).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo e diplomático, adaíl da arqueoloxía mesopotámica. Cónsul do goberno francés en Mossul (entón de Turquía) dende 1842, dedicouse a escavar ruínas, sobre todo en Khorsābād, e trasladou os relevos do palacio de Sargón a Francia (1846). As copias das inscricións que levou a termo foron transcendentais para descifrar a escritura cuneiforme.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Taller renacentista italiano onde o artista traballaba xunto aos seus aprendices e axudantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alessandro di Mariano Filipepi.
-
PERSOEIRO
Pintor e debuxante. A súa pintura, relacionada coa de Toulouse-Lautrec, reflectiu o Montmartre de finais de século. Foi autor de ilustracións para obras literarias como La maison Philipert (A casa Philipert), de Jean Lorrain.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta eslovaco. Utilizou a lingua eslovaca como réplica á tradición literaria checa. Publicou, entre outras obras, Smrt’ Jánošíkova (A morte de Jánošik, 1862).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Quark b, de masa 5 GeV e carga -1/3. Tamén se coñece como beaty. Ten beleza igual a 1.
-
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, na conca do Ruhr (121.565 h [1998]). Dedicada esencialmente ás actividades mineiras, é tamén un núcleo industrial siderúrxico. Posúe un porto fluvial á beira do canal Rin-Herne. A cidade xurdiu ao se desenvolver a explotación dos depósitos de carbón da conca do Ruhr no s XIX, no lugar que ocupaba unha pequena vila chamada Borgthorpe na Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘embutido’.
-
-
Relativo ou pertencente ao botulismo.
-
Nome dun complexo de exotoxinas de natureza proteica producidas pola bacteria Clostridium botulinum, que provocan o botulismo. É o veleno máis potente que se coñece. A súa acción fundamental consiste en bloquear a transmisión nerviosa nas fibras nerviosas colinérxicas, feito que determina a conseguinte parálise muscular (ó impedir a contracción dos músculos). A toxina é termolábil, de maneira que se pode destruír fervéndoa durante 10 minutos ou ben quentándoa a 80°C durante 30 minutos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
De forma cilíndrica alongada, lixeiramente curvada e con extremos redondeados.
-
-
Forma grave de intoxicación producida pola inxestión de alimentos que conteñen a toxina botúlica, producida polo Clostridium botulinum, bacteria que se atopa no chan e no tracto intestinal dos animais domésticos. Os casos de botulismo humano están causados polo crecemento do microbio baixo condicións anaeróbicas en alimentos crus ou en conserva. A un pH inferior a 4,5 o crecemento da bacteria é imposible, en calquera alimento. Por esta razón, en tecnoloxía alimentaria, diferénciase entre condicións estipuladas para alimentos de baixa acidez (pH > 4,5) e condicións para alimentos de alta acidez (pH < 4,5). A porcentaxe máis alta de botulismo en conservas alimentarias deuse en conservas caseiras de baixa acidez, pois a elaboración doméstica de alimentos con frecuencia non pode cumprir con seguridade os parámetros tecnolóxicos da esterilización. Os síntomas característicos da intoxicación botúlica adoitan aparecer entre as 12 e 36 horas e son: debilidade, cefalxia,...
-
Tipo de botulismo, coñecido dende 1976, que afecta especialmente a nenos máis pequenos dun ano, orixinado pola inxestión de alimentos contaminados polo Clostridium botulinum. Crese que é a responsable do 5% dos casos de morte repentina dos nenos.
-
-
PERSOEIRO
Heroe grego. Foi un dos xefes da insurrección grega de 1820. Distinguiuse na defensa de Mesolongion fronte aos turcos (1822-1823).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Arte de pesca de arrastre cunhas dimensións variables (entre os 16 e 20 metros). Consta fundamentalmente de tres partes: as bandas, cunha relinga alta, que leva corchos, e unha relinga baixa, con chumbada; a manga de 5 ou 6 metros e o copo de 3 a 4. No principio das bandas dispón de dúas portas de madeira, reforzada con ferro, que levan na parte interior uns triángulos de barra de ferro, cunha inclinación variable que permite regular a abertura de boca da rede, e dos que parten os cables que van ao barco. A malla ten unha luz que vai diminuíndo conforme se achega ao copo; as dimensións da mesma varían segundo as normas pesqueiras do momento. No interior do copo van uns aros de ferro que regulan a súa anchura. É característica esencial desta arte a participación de dúas embarcacións. Unha lanza o aparello a barlovento e, acabada esta operación, achégase á outra que colle un dos calóns e inician o arrastre que ten unha duración variable. Logo desta faena, recollen a rede, realizando, normalmente,...
-
Embarcación que se dedica á pesca mediante este sistema.
-
Pequenas embarcacións, xeralmente pesqueiros que, en Galicia, durante a Guerra Civil española, se armaron de pequenos canóns e participaron en distintas accións bélicas e/ou de sabotaxe ao servizo do bando nacional.
-
Aparello da pesca de arrastre, tamén nomeado trambolín ou trampolín. Dunhas características físicas semellantes ás do bou, pero cunhas medidas máis reducidas. Está formado polas pernas ou alas, dunha lonxitude aproximada de 7 metros; o cope ou saco, coa entrada (boca) e fondo máis longos e cun estreitamento na parte central. As pernas de entrada do aparello mantéñense abertas mediante unha vara metálica, que posibilita unha maior e constante abertura da boca. O bou de varas trabállase con pequenas embarcacións a motor, e ás veces de remos. Lárgase pola popa e arrastra durante un tempo establecido. Ao rematar, métese a bordo e ábrese a xareta para recoller as capturas. As especies que pesca son, fundamentalmente, vieira, nécora, choco, peixe plano, etc.
-