"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Relativo ás operacións comerciais ou aos elementos que interveñen no comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levante-El Mercantil Valenciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Vigo a finais de 1975 co subtítulo de “Boletín Social del Círculo Mercantil de Vigo”. Inicialmente saíu dúas veces ao ano, para logo converterse en boletín trimestral. Recolle todas as actividades desenvolvidas polo Círculo Mercantil de Vigo para os seus socios nos ámbitos do ocio, a cultura e o deporte, incluíndo unha sección dedicada á biblioteca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espírito excesivamente mercantil, sobre todo en cousas que se deberían realizar de maneira desinteresada.

    2. Corrente de pensamento económico, dominante en Europa do s XV ao XVIII, caracterizada polo principio segundo o que a riqueza dun estado depende do seu comercio exterior e é directamente proporcional ao volume de reservas de materiais preciosos (especialmente o ouro), e tamén polo feito de fomentar as exportacións e reducir as importacións. Interpretouse o nacemento do mercantilismo como unha consecuencia da aparición ao final da Idade Media dun novo tipo de estado e de capitalismo comercial. Como consecuencia da súa estreita visión “nacionalista”, os mercantilistas non examinaron o comercio desde un punto de vista internacional e non comprenderon, polo tanto, os defectos do seu esquema: se un estado acadaba unha balanza de pagamentos positiva, facíao en detrimento da balanza doutro estado, feito que implicaba a posibilidade de guerras arancelarias e dunha mingua considerable dos intercambios comerciais internacionais. Por iso, a corrente mercantilista é considerada máis como unha expresión...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mercantilismo.

    2. Partidario do mercantilismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada que se emprega para indicar a presenza do grupo -SH nunha molécula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mercapt(o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal de fórmula xeral RSM, obtida substituíndo o hidróxeno do grupo −SH dun tiol por un metal, segundo a reacción 2RSH + 2Na D2RSNa + H 2 .

    2. Nome xenérico do grupos RS - que resultan da eliminación do protón do sulfhidrilo dun tiol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ƒn

    2. Adquirir algo a cambio de diñeiro.

    3. Conseguir, de maneira ilícita, o favor de alguén a cambio de diñeiro ou outras recompensas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gerhard Kremer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao sistema de proxección de Mercator.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Pontevedra a partir de 1999. Inicialmente editado polo grupo Filmigal, a partir de 2001 a cabeceira foi adquirida por La Capital. Seguiu publicándose de xeito independente e distribuíuse en Pontevedra e nos concellos do contorno cunha periodicidade mensual. Incluíu noticias, reportaxes, deporte e información de carácter local.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antropónimo feminino que ten a súa orixe no nome desta advocación. Vén do catalán Verge de la Mercé ‘Virxe da Mercé’, patroa de Barcelona desde 1637. A palabra mercé procede da latina merx, mercis ‘mercadoría’, ‘prezo dunha mercadoría, dun ben’, que despois pasaría a significar ‘misericordia, perdón’. Presenta as variantes Mercedes e Mercés, e os hipocorísticos Chiruca, Chirisa, Merche e Merchi. En Galicia ten sona o santuario de Nosa Señora da Mercé de Chanteiro. A Nosa Señora da Mercé é patroa dos concellos de Corcubión, Poio e Rairiz da Veiga, que a celebran o día 24 de setembro, e de Ares e Mugardos, que celebran o chamado Voto de Chanteiro o día 21 de maio.

    2. Beneficio de graza ou don que se concede, como favor especial, a algunha persoa.

    3. Antigo tratamento de cortesía que equivalía ao actual ‘vostede’. OBS: Empregábase acompañado do posesivo vosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Beneficio de graza ou don que se concede, como favor especial, a algunha persoa.

    2. Antigo tratamento de cortesía que equivalía ao actual ‘vostede’. OBS: Empregábase acompañado do posesivo vosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que ten a súa orixe no nome desta advocación. Vén do catalán Verge de la Mercé ‘Virxe da Mercé’, patroa de Barcelona desde 1637. A palabra mercé procede da latina merx, mercis ‘mercadoría’, ‘prezo dunha mercadoría, dun ben’, que despois pasaría a significar ‘misericordia, perdón’. Presenta as variantes Mercedes e Mercés, e os hipocorísticos Chiruca, Chirisa, Merche e Merchi. En Galicia ten sona o santuario de Nosa Señora da Mercé de Chanteiro. A Nosa Señora da Mercé é patroa dos concellos de Corcubión, Poio e Rairiz da Veiga, que a celebran o día 24 de setembro, e de Ares e Mugardos, que celebran o chamado Voto de Chanteiro o día 21 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina. Coñecida como La Argentina, trasladouse a España, onde se incorporou ao ballet do Teatro Real de Madrid. Xunto con Encarnación López, La Argentinita, protagonizou a modernización da danza española no s XX. Realizou varios espectáculos por Europa, e creou en 1929 a primeira compañía de ballet español en París. Dos seus espectáculos destacan Goyescas, de Granados e El amor brujo de Falla. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Soto Soto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde relixiosa fundada en Barcelona por san Pedro Nolasco o 10 de agosto de 1218 co asesoramento de Reimundo de Penyafort e a axuda do Rei Xaime I, despois de dedicarse á redención de cristiáns cativos polos sarracenos. A tradición tamén recolleu unha suposta aparición da Virxe días antes da fundación. En 1235 o Papa Gregorio IX autorizou aos seus membros a constituírse como orde relixiosa e adoptaron a regra de santo Agostiño. Ademais dos votos de pobreza, castidade e obediencia, os mercedarios engadiron outro polo que se comprometían a quedar como reténs ou dar a vida para devolverlle a liberdade aos cristiáns que tiñan o perigo de perder a fe. A rama feminina da orde fundouna en Barcelona, María de Cervelló en 1261. Durante os ss XVII e XVIII experimentou unha grande expansión, grazas ás misións de América Latina, onde se fixo importante a súa presenza nas universidades, principalmente na de Lima. En 1690, por un privilexio do Papa Alexandre VIII, e desde 1725, por outro de Benedicto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Compostela. Encargóuselle a obra ao arquitecto Diego de Romay (1674-1683). Construíuse fóra das murallas da cidade, ante a porta de Mazarelos. Ten planta rectangular con tres alturas. A fachada, de estilo neoclásico, está flanqueada por pilastras corintias e na parte central, entre escudos, destaca un relevo da Anunciación, obra de Mateo de Prado (1674). A igrexa ten planta de cruz latina cunha soa nave e capela maior rectangular. Cóbrese con bóveda de canón e cúpula no cruceiro. No interior consérvase o sepulcro do fundador do convento, o arcebispo Andrés Girón, rematado en arco de medio punto. Sobre a porta destaca o campanario rematado en cúpula, realizado por José Crespo en 1740, a imitación do de San Fiz de Solovio.

    VER O DETALLE DO TERMO