"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Persoa que fai ou vende bastóns.
-
Moble para colocar os bastóns.
-
Quen dirixe en certos bailes o lugar que deben ocupar as parellas e a orde en que han de bailar.
-
Oficial que levaba un bastón como símbolo de autoridade, especialmente para sinalar que estaba revestido de poder executivo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica. Este nome de lugar podería facer referencia á espesura de arboredos ou doutros vexetais presentes -actualmente ou no pasado- no lugar ao que nomea. Aínda que é un apelido frecuente en Galicia, está máis espallado no territorio portugués.
-
PERSOEIRO
Médico traumatólogo. Foi médico militar na Guerra de Marrocos (1909). Profesor de Patoloxía e Clínica Cirúrxica da Universidade de Madrid (1928), fundou a Sociedade Española de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía. Durante a guerra de 1936-1939 foi cirurxián na zona republicana. É autor de tratados médicos (Patología quirúrgica, 1932) e dunhas memorias (De las guerras coloniales a la guerra civil, 1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, ensaísta e periodista portugués. Colaborou en La Renaixença e en La Veu de Catalunya. É autor dos ensaios A crise (1894) e Intereses nacionais (1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que foi coñecido Lesotho antes da súa independencia (1966).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto mesturado e desordenado de cousas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo baixo e pantanoso, que se asolaga coas chuvias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao efecto de desprazamento dunha banda de absorción nunha rexión de lonxitude de onda máis longa, provocado por un auxocromo ao ser introducido nunha molécula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fobia ás profundidades e ao baleiro.
-
-
Que pertence á superorde dos batoideos.
-
Peixe da superorde dos batoideos.
-
Superorde de peixes da subclase dos elasmobranquios que comprende individuos de corpo comprimido dorsoventralmente, de cores escuras no dorso e brancas no ventre. É un grupo rico en especies que, nalgúns casos, presentan órganos eléctricos. Os batoideos distribúense por todos os mares e viven polo xeral nos fondos litorais. A ela pertence a orde dos raiformes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao batolito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Masa de rochas intrusivas de grande extensión de afloramento e enraizadas en profundidade. Está constituída por un complexo de rochas plutónicas ácidas. A súa situación orixina un continuo de transformacións na rocha que encaixa.
-
-
Repetición inmotivada e molesta dun ou máis sons, como se dá, por exemplo, nos tatexos.
-
Repetición innecesaria e molesta dunha mesma cousa, se non coas mesmas palabras, frases ou ideas, si con outras equivalentes.
-
-
CAPITAIS
Capital do estado de Louisiana, nos EE UU, no curso baixo do Mississippi (215.882 h [1996]). Foi fundada como praza militar polos franceses no ano 1719. Porto fluvial, posúe industrias químicas e refinerías de petróleo. Polo que respecta aos servicios, ademais dos administrativos propios do seu carácter capitalino, destaca como centro de ensino superior grazas á Louisiana State University and AM College, fundada no ano 1845.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Foi discípulo de Sebastiano Conca. Cultivou a pintura relixiosa e alegórica nun estilo neoclásico, xunto co retrato a personaxes, papas e reis, aos que dotou dunha graza rococó. É autor das obras Un viaxeiro en Italia e Charles Cecil Roberts, e da pintura Pío VI. No seu estilo mestúranse a Antigüidade clásica, a pintura de Raffaello Sanzio e o academicismo francés. Foi conservador das coleccións papais e realizou retratos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e crítico literario. Publicou importantes estudios sobre narrativa medieval francesa e italiana, poetas provenzais e literatura castelá, recollidos en La coscienza letteraria del Medioevo (A conciencia literaria do Medievo, 1965). O interese pola literatura propia reflíctese en Esemplarità e antagonismo nel pensiero del Dante (Exemplaridade e antagonismo no pensamento de Dante, 1966). Dirixiu, ademais, o volume VII do Grande dizionario della lingua italiana (Gran dicionario da lingua italiana).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Traballou especialmente na determinación de pesos atómicos, de densidades e compresibilidades dos gases reais, e estableceu un método para calcular constantes químicas verdadeiras en substancias monoatómicas. Ocupou entre 1932 e 1963 a cátedra de Química Física na Universidade de Santiago, a primeira desta especialidade no Estado español. O grupo de investigación que se conformou no seu contorno foi un dos equipos que se dedicou, xunto cos de Xenebra e Madrid, á determinación precisa das masas atómicas tomando como base o isótopo do carbono 12. En 1955 foi designado membro titular da Comisión Internacional de Pesos Atómicos, da que foi presidente e na que xogou un papel relevante no establecemento dunha escala única de masas atómicas. Foi membro da Comisión Internacional de Táboas Constantes, académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, e en 1963 foi nomeado conselleiro de honra do CSIC.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor, director e investigador teatral francés. Foi o impulsor da teatralización do espectáculo a partir da relativización do texto. Formou parte do grupo de innovadores escénicos -xunto con Jacques Copeau, Charles Dullin e Louis Jouvet- do célebre Le Cartel, pacto asinado en 1926 contra o academicismo e o teatro comercial. Preconizou o equilibrio entre a palabra e os outros factores do espectáculo teatral. Na fin da súa carreira artística, dirixiu a súa mirada e os seus estudios cara ao teatro de marionetas. Introdutor da estética expresionista en Francia, tamén promoveu o papel das artes plásticas na realización teatral. Entre os seus traballos teóricos cómpre salientar o volume El arte teatral (1932), escrito en colaboración con Renê Chavance e publicado en España en 1951.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Xenro e discípulo de François Boucher. É o representante máis característico da pintura galante da época de Luís XV. As súas obras O froito do amor secreto e A esposa indiscreta, entre outras, reflicten a súa temática amorosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, economista e dirixente socialdemócrata. Foi un dos representantes máis destacados do austromarxismo. A súa teoría nacionalista recóllese en Die Nationalitätenfrage und die ósterreichische Sozialdemokratie (A cuestión das nacionalidades e a socialdemocracia austríaca, 1907), onde contrapón a visión cultural-nacional á visión política. Desenvolveu unha teoría das autonomías dentro do Imperio Austro-húngaro, xustificando a unión co Imperio Alemán. Despois da Primeira Guerra Mundial foi ministro de Asuntos Exteriores, promoveu a á esquerda da socialdemocracia austríaca e tivo un papel decisivo na fugaz segunda Internacional, en Viena. No seu libro Die österreichische Revolution (A revolución austríaca, 1923) expón cómo dentro do proceso revolucionario hai un momento político (toma do poder polo proletariado) e unha fase económica (construción do socialismo); amosouse partidario da folga xeral política, concepción que vincula coa súa análise do proceso de produción...
VER O DETALLE DO TERMO