"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Relativo ou pertencente á meteoroloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • meteorólogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de relevos rochosos situados na parte setentrional da chaira de Tessalia, Grecia, ao NO de Tríkala, fronte á cordilleira de Pindos. Orixináronse dunha masa de conglomerados que se formou no Mioceno por deposición deltaica e que no Plioceno e en períodos sucesivos sufriron a acción de fallas, levantamentos e posterior erosión, que lle deron un aspecto característico. Desde o s XIV foron construídos varios mosteiros, dos que destacan o da Transfiguración ou Gran Meteoro, o de Varlaam, o de Rosanni, o da Santísima Trindade ou o de Santo Estevo. Conservan importantes frescos dos ss XIV-XVI, iconas e manuscritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema europeo de satélites meteorolóxicos xeoestacionais que se destinan a cubrir as necesidades específicas da comunidade meteorolóxica europea. Os seus obxectivos son a obtención de fotografías da Terra cada 30 minutos, a análise das nubes e as análises termométricas, higrométricas, radiométricas e anemométricas. O sistema Meteosat explótao comercialmente o Centro Europeo de Operacións Espaciais (ESOC). O Meteosat-1 foi lanzado pola ESA (European Space Agency) en 1977 e o Meteosat-6 está en órbita desde novembro de 1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás metzxeriáceas.

    2. Briófito da familia das metzxeriáceas.

    3. Familia de briófitos, da clase das hepáticas, de nervio medio ben definido, cápsula grande, taliformes e cos órganos sexuais dorsais situados sobre ramas ventrais enroladas. O xénero máis importante é Metzegeria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén mica.

    2. Que ten a aparencia da mica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímica. Doutorada en 1897 pola Universidade de Berlín. Foi fundadora da cinética enzimática, ideou, xunto con L. M. Menten, a ecuación de Michaelis-Menten (1913), e o seu principal campo de estudo foi a física-química, particularmente o seu uso en bioloxía e medicina. Tamén descubriu que a queratina era soluble en ácido tioglicólico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor. Coñecido como Michelozzo, foi discípulo de F. Brunelleschi. Traballou no convento de San Marco (1437-1452) e, protexido por Cosme de Medici o Vello, iniciou (1444) a construción do Palazzo Medici-Ricardi, ambos os dous en Florencia. Decorou as vilas de Careggi (1431) e Cafaggiolo (1451), preto de Florencia e en 1460 chegou a Milán, onde deu a coñecer o estilo florentino combinado con elementos decorativos lombardos, como na capela Portinari da igrexa de San Eustorgio (1460), en Milán. Como escultor foi discípulo e colaborador de L. Ghiberti e Donatello e realizou o Monumento Arangazzi na catedral de Montepulciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás micobacteriáceas.

    2. Bacteria da familia das micobacteriáceas.

    3. Familia de bacterias, da orde dos actinomicetais, integrada por individuos baciliformes e aerobios, que se caracterizan pola súa capacidade para formar filamentos, polo menos nalgún estado do seu ciclo, por ser ácido resistentes, inmóbiles e formar cubertas grosas moi resistentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás micoplasmatáceas.

    2. Bacteria da familia das micoplasmatáceas.

    3. Familia de bacterias, da orde dos micoplasmatais, formada por individuos inmóbiles que se caracterizan por non posuír parede celular ríxida. Comprende o xénero Mycoplasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás micrococáceas.

    2. Bacteria da familia das micrococáceas.

    3. Familia de bacterias, da orde das eubacterias, que está formada por cocos aerobios ou facultativos Gram-positivos que se agrupan en cadeas ou acios. Son saprófitos de vida libre. Os membros máis importantes da familia son os micrococos e os estafilococos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Núcleo máis pequeno dos dous núcleos que posúen algunhas células como os ciliados. É o núcleo que contén a información xenética, tendo un papel decisivo na conxunción.

    2. Núcleo pequeno separado do núcleo principal e formado na telofase xeralmente por un cromosoma retardado ou uns cantos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da paleontoloxía que estuda os fósiles que requiren do uso do microscopio para ser identificados e estudados, principalemte os organismos unicelulares fósiles e os restos esqueléticos microscópicos de protozoos, algas unicelulares, algúns briozoos e fragmentos de esqueleto de certos organismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Naturalizado polaco, na década de 1930 converteuse no autor máis destacado da vangarda poética polaca. A partir de 1951 exiliouse en París, onde sobreviviu como escritor independente, e dez anos máis tarde ocupou a cátedra de Linguas e Literaturas eslavas na Universidade de Berkeley, en California. Na súa obra reflicte a beleza do mundo e o horror de quen o habita. Publicou Zniewolony umysl (O pensamento cautivo, 1953), Zdobycie wéadzy (O poder cambia de mans, 1955), Gdzie wschodzi séońce i gdzie zapada (Alí onde se pon e sae o Sol, 1974) e To (2000). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor lituano. Naturalizado francés (1931), publicou narrativa, obras dramáticas e poesía, principalmente simbolista. Escribiu ensaios filosóficos, traballos de eséxese e estudos de antropoloxía histórica. Da súa produción destacan as obras Les poèmes des décadences (1899), L’amoureuse initiation (1910), Miguel de Mañara (1912), Ars Magna (1924) e La clef de l’Apocalypse (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1295-1320), fillo primoxénito de Andrónico II. Asociárono ao trono en 1295. Combateu sen éxito á fronte do exército bizantino contra os otománs, que se estableceran xa definitivamente en Asia Menor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (1259-1282), fillo de Andrónico Paleólogo e sobriño de Aleixo III Anxo de Bizancio. Á morte de Teodoro II Ducas Láscaris, emperador de Nicea, apoderouse do goberno e fíxose coroar emperador, xunto con Xoán IV Ducas Láscaris. Para lexitimar a súa usurpación ante os gregos, reconquistou a cidade de Constantinopla (1261). Para liberarse de Xoán IV, fíxoo cegar e volveu coroarse. Loitou contra Guillerme de Villehardouin, príncipe de Morea, e derrotouno. Enseñorouse desta rexión e ocupou os dominios de Mistra. En 1269 pediu axuda a Xaime I de Aragón para defender Terra Santa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Numismático. Foi historiador, orientalista e conservador da American Numismatic Society (Nova York). Desenvolveu un importante labor en numismática e arqueoloxía. Publicou os traballos fundamentais para a numismática medieval da Península Ibérica The Coinage of the Umayyads of Spain (1950) e The Coinage of the Visigoths of Spain Leovigild to Achila II (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Georgi Kasabov.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás mimosáceas.

    2. Planta da familia das mimosáceas.

    3. Familia de fabáceas constituída por arbustos, árbores e raramente herbáceas. As follas son xeralmente bipinnaticompostas, con estípulas foliáceas ou espiñosas, as flores son pequenas, agrupadas en espigas ou glomérulos, a miúdo unisexuais e pentámeras, de androceo haplóstomo, diplóstomo ou poliandro e de xineceo súpero, e os froitos son en legume. Son plantas tropicais e subtropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO