"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Fariseo e escriba xudeu. Membro do sanedrín, menciónase en tres ocasións no Evanxeo segundo san Xoán: cando tivo unha conversa nocturna con Xesús, cando o defendeu ante o sanedrín e cando axudou a Xosé de Arimatea a baixalo da cruz e a preparar o seu enterro. Polo xeral, aparece representado nas imaxes dos descensos da cruz e nos santos sepulcros, a carón dos pés de Xesús Cristo. A súa festividade celébrase o 3 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Mira. Afirmouse a súa participación no Concilio I de Nicea (325), onde combateu o arianismo. Atribúenselle como miragres a salvación da deshonra de tres doncelas que o pai quería prostituír por falta de diñeiro e a resurrección de tres rapaces mortos por un carniceiro. Iconograficamente represéntase con vestiduras de bispo (grego no mundo bizantino, coa cabeza descuberta e un libro na man, e latino en Occidente, coa mitra sobre a cabeza e o báculo na man), cunha man encol dos Evanxeos e unha pirámide de tres bólas ou bolsas de ouro (alusión á dotación que lles deu ás doncelas) e, ás véces, cunha áncora, por ser patrón dos mariñeiros. A súa festividade celébrase o 6 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (858-867). Interveu na controversia do patriarcado de Constantinopla e enfrontouse con Lotario I, que esixía o divorcio de Teuberga. A súa festividade celébrase o 13 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e miniaturista. Activo entre 1434 e 1468, traballou o estilo gótico internacional en León, onde abriu un taller. Para a catedral fixo o retablo maior e pinturas murais. Atribuíuselle un retablo de santo Estevo, en La Bañeza, e o políptico do convento Santa Clara de Tordesillas. Realizou tamén a miniatura dunha Natividade para a colexiata de San Isidoro de León.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano. Fusionou os principios ríxidos do clasicismo cunha temática romántica e escribiu dramas de tema clásico e histórico, se ben a maioría son poemas clásicos e estudos de teoría dramática. Destacan as súas obras Nabuco (1819), Arnaldo da Brescia (1837) e Poesie (1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático grego. O seu libro Introdución á aritmética, de inspiración pitagórica, foi considerado durante toda a Idade Media como un dos máis típicos representantes da ciencia grega. Escribiu tamén Enjeiridon harmonikes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(ss III - IV) Mártir. Foi martirizado baixo o mandato de Diocleciano (303). A súa festividade celébrase o 15 de setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das solanáceas, que inclúe plantas de América tropical e de Oceanía, das que se obtén o tabaco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Niculoso.
-
PERSOEIRO
Ceramista italiano. Coñecido como Niculoso Pisano, estableceuse en Sevilla en 1498, onde incorporou a decoración pintada á técnica tradicional de reloxaría, segundo o procedemento e o modelo toscano. Realizou o frontal do altar e o retablo da Visitación da capela do Alcázar de Sevilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade que está relacionada co metabolismo dos esfingolípidos e que comporta un atraso mental. É causada por unha deficiencia no enzima esfingomielinase, o que provoca a acumulación de esfingomielinas no sistema nervioso, o fígado e o bazo.
-
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Nikolaus Lenau, difundiu a súa obra, cargada de dor, pesimismo e melancolía, en alemán, da que destacan Gedichte (Poemas, 1932), Polenlieder (Cantos polacos, 1835), Savonarola (1837) e Waldlieder (Cantos do bosque, 1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Escribiu comedias políticas e panfletos contra a conservadora clase media, onde reflectiu os turbulentos eventos políticos do seu tempo. É autor das Istoričeskikh pesen (Cancións históricas, 1816).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Tratou temas moi diversos aproveitando a súa rica formación humanística e teolóxica. Coñecido pola súa versión castelá da Imitación de Cristo, de Kempis, tamén publicou Obras y días (1628), Oculta filosofía (1634) e Epístolas (1649).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Colaborou en El Eco Franciscano cos pseudónimos de Querubín e Amacialbene, e foi premiado nos Juegos Florales de Almería (1912) por un traballo que apareceu no xornal La Independencia. Publicou Vida compendiosa y popular de San Francisco de Asís, que foi premiada en Santiago de Compostela (1909).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1916. Instalouse no hospital da Coruña como especialista en dermatoloxía e sifilografía. Facultativo da Asociación da Prensa, ingresou na Academia Española de Dermatoloxía e Sifilografía. Publicou El capitán de yate (1944) e Higiene naval (1950), galardoados co premio Virgen del Carmen, e Primeiros auxilios sanitarios en la mar (1969). Foi galardoado coa Cruz do mérito naval con distinción branca.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e político. Destacou no transcurso da Guerra Civil (1936-1939) e ascendeu a segundo xefe da Casa Militar de Francisco Franco. En 1957 alcanzou o grao de almirante xefe da Xurisdición Central da Mariña. Foi secretario da Mariña Mercante (1960), desde onde renovou a frota pesqueira e creou as Escolas Naútico-Pesqueiras, e ministro da Mariña (1962-1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Colaborador habitual da revista Foro Gallego, foi elixido Académico de mérito da Internacional de Letras, Ciencias e Artes de Pontzen. Publicou obras relacionadas co mundo do dereito, como Contestaciones: Temas de derecho para oficiales primeros de notarías (1975). Da súa obra literaria cómpre salientar Ternuras (1991), Anduriña: Cuadernos de bitácora (1994), Orolín del Pazo: notario y torero (1995), Poemario de chispas: Valle-Inclán y xacobeo (1996) e Chazarel: sonetario de los Pazos de Ulloa (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Deportista e político. Coñecido como Leri, foi concelleiro vigués nas listas do PSOE e pola candidatura Vigueses Independentes (1970-1999). En 1955 fundou Campeonatos de Playas, unha organización altruísta dedicada á práctica do deporte, que se distinguiu por defender os intereses da cidade. Foi seleccionador galego de rugby, árbitro e entrenador nacional de fútbol. Recibiu a Medalla da Cidade de Vigo (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante lírica. Coñecida como Ángeles Otein, percorreu o mundo conseguindo numerosos éxitos en Italia, nos países nórdicos e en América. Abandonou a escena en 1942 e dedicouse ao ensino.
VER O DETALLE DO TERMO