"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Político. Militou na Federación Socialista Catalana do PSOE (1913-1919), mais foise aproximando cara ao anarcosindicalismo. Delegado polo Sindicato de Profesionais Liberais da Confederación Rexional de Cataluña no segundo congreso da CNT, defendeu activamente as directrices da revolución rusa e a adhesión da CNT á Terceira Internacional. En Barcelona, militou na Oposición Comunista Española e conduciuno cara á autonomía organizativa, a Esquerda Comunista, que formaría o Partido Obrero de Unificación Marxista (1935), do que foi secretario ao inicio da Guerra Civil Española. Escribiu Les anarchistes et le mouvement syndical (1924), Les ditadures dels nostres dies (1930), El proletariado español ante la revolución (1931) e Els moviments d’emancipació nacional (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (París 21.2.1903 - Los Angeles, California 14.1.1977) Escritora, filla de Joaquín Nin Castellanos. Na década de 1930 entrou en contacto con H. Miller ou O. Rank. Integrada no vangardismo da época, escribiu novelas surrealistas, das que destacan Sedution of the Minotaur (1961) e Cities of the Interior (1974). Tamén escribiu Diary (1966-1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sicilia ? - Roma ?) Virxe e mártir. Confesou publicamente que Xesús Cristo era o verdadeiro Deus. É a patroa de Palermo, capital de Sicilia. A súa festividade celébrase o 10 de novembro aínda que a reforma litúrxica posterior ao Concilio Vaticano II eliminouna do calendario litúrxico universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á muller que padece de ninfomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esaxeración patolóxica do anhelo sexual na muller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á ninfomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Zhejiang, China, situado na rexión do Leste (552.540 h [1990]) Situada na confluencia do Yongjiang e do Yaojiang, é un porto fluvial. Sede dunha antiga colonia portuguesa (1522-1542), foi un dos primeiros portos abertos ao comercio europeo polo Tratado de Nanquín (1843). Ao S da cidade atópase a pagode de Tian Fengta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prancha metálica en forma de cono truncado que envolve os nivómetros a curta distancia para evitar remuíños de vento no seu interior, especialmente nos lugares fríos onde a neve cae moi seca e é transportada facilmente polo vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado supremo e ideal do budismo en que se alcanza o máis alto grao de paz, evasión e perfecta felicidade e que se consegue a partir da extinción das ataduras corporais (desexos, paixóns) e, como consecuencia, do sufrimento e da propia individualidade, nun intento de alcanzar a fusión coa esencia divina.

    2. Estado de máxima felicidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo formado en 1987 en Aberdeen, Washington, por Kurt Cobain, Chris Novoselic e Chad Channing (substituído en 1990 por Dave Grohl). Líderes do movemento grunge estadounidense da década de 1990, debutaron con Bleach (1989). Da súa discografía destacan Nevermind (1991), Incesticide (1992) e In Utero (1993). A banda desapareceu pola morte de Kurt Cobain en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa automobilística xaponesa, que se creou en 1933. O seu domicilio social está en Yokohama e as súas oficinas centrais en Toquio. Os seus vehículos levaron a marca Datsun ata 1981 e nos últimos anos aumentou a súa presenza internacional, especialmente en América e Europa. En 1999 Renault e Nissan asinaron un acordo estratéxico que lle permitiu á marca nipona superar unha crise financeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cromatina descrita nas neuronas que se atopa no citoplasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta. Foi confesor de Mariana de Austria, muller de Filipe IV de Castela, e primeiro ministro e valido. Fíxose impopular pola prohibición das carreiras de touros e das representacións teatrais. Derrocouno Xoán Xosé de Austria en 1669.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • membrana nititante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que efectúa a nitrificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Cada un dos derivados nitratos das parafinas que teñen a fórmula bruta CnH2n+1NO2. Obtéñense a partir dos haluros primarios ou secundarios por tratamento con nitrilos metálicos, segundo a reacción

    FORMULA

    NaNO2 +RCH2X D RCH2NO2 +RCH2ONO
    e empréganse como disolventes e para a obtención de aminas e de aminoalcohois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado nitrato da anilina, que se pode presentar nas súas formas isoméricas meta, orto e para. A forma meta obtense por nitración da anilina e emprégase como intermediaria na obtención de colorantes. A exposición aos seus vapores produce cianose e metahemoglobinemia. As outras dúas formas presentan propiedades semellantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que se presenta en forma de agullas de cor laranxa que funden a 270-272°C con descomposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado mononitrato do metano cuxo sal sódico ten propiedades explosivas. Emprégase como combustible de foguetes.

    VER O DETALLE DO TERMO