"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Compañía teatral que crearon en 1996 no Carballiño a actriz Josi Lage e o actor Jouse García. O colectivo desenvolve un importante traballo de animación teatral en colexios e asociacións culturais da comarca do Carballiño. En 1997 presentaron o primeiro espectáculo Sobre o dano que fai o tabaco, que está baseado no texto de Antón Čekhov, e que o dirixiu Xesús Ron. Tamén estrearon Crimes anónimos (1999), sobre textos de Max Aub, con dirección de Roberto Cerdá, Rexurdimento. Coplas de cego (2000), con texto e dirección de Afonso Becerra, O porqué das cousas (2003), de Quim Monzó, e Ás veces sentímonos tan cansos que facemos estas cousas (2004), de Rodrigo García, dirixidas ambas as dúas por Roberto Cerdá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Iniciou a súa andaina artística co ceramista conceptual Setsuko Nagasawa e axiña comezou a facer unha obra baseada en instalacións, happenings e estruturas, en que incorporou os materiais pobres e a fotografía. Foi pioneiro das instalacións e da arte máis experimental en Galicia, con achegas á pop art e á reinterpretación do ready made de Marcel Duchamp. Da súa obra destaca Fume (1991), Céspede artificial (1996) e a instalación Un e outro (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Monterroso. Ten planta en forma de L e a capela está situada a un lado do patio, que conforma o peche en forma de U. Destaca a solaina do primeiro andar, sobre piares que sosteñen o tellado. Conserva o hórreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monterroso. Datada nos ss XII-XIII con reformas do s XVIII, conserva a estrutura románica. Consta de nave rectangular con ábsida tamén rectangular e os muros son de cachotaría e cantaría de granito con cuberta a dúas e catro augas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. En 1747 compuxo o seu primeiro espectáculo para a Opéra Comique. Foi primeiro bailarín e mestre de baile nos principais teatros de Francia, Alemaña, Gran Bretaña, Austria e Italia. Publicou Lettres sur la danse et sur les ballets (1760).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, xornalista e editor ruso. Colaborador do xornal Drone, foi autor de obras filosóficas, económicas e pedagóxicas, e editor de revistas satíricas. A súa popularidade debeuse á crítica contra as inxustizas sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Catedrático na Universidade de Santiago de Compostela, realizou colaboracións con diversas revistas científicas. Das súas publicacións destacan a súa tese doutoral Redución cruenta de las luxaciones traumáticas irredutibles (1903), Sobre el agua mineral como agente terapéutico (1913), e   Tratado de farmacología experimental y terapéutica (1943), en colaboración con R. Villarino Ulloa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, autor e director. Coñecido como Nancho Novo, desenvolveu unha ampla actividade teatral como intérprete (Defendiendo al cavernícola), director e autor de varias obras (Cyborg, blues por un perro muerto ou Maloficio). Cantante e guitarrista do grupo Los Castigados sin Postre, co que publicou o disco Confieso que he bebido (1996), comezou a súa andaina cinematográfica no filme El juego más divertido (1988) e tivo o seu primeiro papel protagonista en La ardilla roja (1992). Tamén cómpre salientar a súa participación nos filmes La flor de mi secreto (1995), Tierra (1996), A noiva de media noite (1997), Fisterra (1998), Los amantes del Círculo Polar (1998), Tierra de fuego (2000), O lapis do carpinteiro (2002) ou Astronautas (2004). Recibiu o premio ao actor revelación da Unión de Actores de Madrid (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Pontevedra a partir de 1888 que non cesou antes de febreiro de 1889. Subtitulado “Defensor d’os intereses gallegos”, estivo dirixido por Juan Manuel Rodríguez de Cea, quen tamén exerceu de colaborador, xunto a Ricardo Barros Pintos. De carácter rexionalista, conviviu algúns anos coa revista O Galiciano. A literatura galega tivo unha importante presenza nesta publicación, en que abundaron a prosa e a poesía de López Pinal, Lourido Sánchez, Marcial Valladares, Barcia Caballero, Pérez Placer ou Leyes Pose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Catedrático de Obstreticia e Xinecoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, foi médico interno no hospital de maternidade de Barcelona. Das súas obras destacan a súa tese doutoral, Biología de la vagina (1935) e El uso terapéutico de las gonadotrofinas en obstetricia y ginecología.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e profesora. Docente da Universidade de Santiago de Compostela, da súa produción destacan Vicente Aleixandre, poeta surrealista (1980) e Las rimas sacras de Lope de Vega: disposición y sentido (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Venancio Manuel Novo Cid-Fuentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Emigrou a Arxentina, onde fundou e dirixiu as revistas Galicia Literaria, Galicia en América e Aires da miña terra, e colaborou en numerosas revistas e publicacións arxentinas e españolas como El Porvenir, El Libredón, El Ciclón e El Huracán. Publicou a obra teatral A volta da romería de Santa Xusta. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Colaborador de diversos xornais e revistas, como Diario de Pontevedra, El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, caracterizouse pola súa sensibilidade lírica. Publicou os libros de poemas Silencio (1932) e El sueño desanclado (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor mercantil. Funcionario de Correos desde 1966, converteuse en xefe provincial da entidade en Ourense en 1993. En 1968 creou en Ourense o Grupo Academia Postal, da que é director, dedicada nos seus comezos á preparación das oposicións para o ingreso en Correos e diversificada posteriormente nunha formación multidisciplinar. Estendeu o grupo polas sete cidades galegas e polo norte de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e escritor. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en 1907. Tras doutorarse, traballou no Hospital de Caridad de Teresa Herrera na Coruña, gañou a cátedra de Patoloxía Xeral tanto da Universidade de Santiago de Compostela como a de Madrid, e foi durante estos anos cando realizou moitas das súas investigacións, das que destacan a clasificación que realizou das enfermidades do fígado, o estudo dos reflexos tónico-postulares, o estudo das influencias psicoxénicas sobre o sistema neurovexetativo ou a súa achega para diagnosticar a hidatidose, enfermidade producida pola hidátide. Publicou artigos en revistas tanto nacionais como estranxeiras e varios libros e ensaios, como Documenta pathologica, a célebre Patología general (1916), convertida en obra de referencia na medicina española, Physis y Psyquis (1922), La mujer, nuestro sexto sentido y otros esbozos (1929), o ensaio Significación y devenir del sexo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Navegante. Participou na conquista das Indias Orientais, motivo polo que conseguiu o mando dunha frota en que ía Amerigo Vespuci. Descubriu a illa da Concepción e de regreso a Lisboa descubriu a illa de Saint Helena. En 1505 volveu ás Indias acompañando a Albuquerque. Como premio aos seus descubrimentos concedéuselle o cargo de alcaide de Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Francis Bacon que se publicou en 1620 e que se presentou xa en 1612 en Cogitata et visa. Precedida dunha autobiografía intelectual, consta de dous libros de aforismos sobre a interpretación da natureza e o reino do home, que formaban a segunda das cinco partes da Instauratio Magna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Especialista en neuroloxía, doutorouse en 1971 na Universidade de Santiago de Compostela e foi catedrático e xefe do servizo de neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Publicou máis dun centenar de traballos en diversas revistas como Revista clínica Española, Revista Médica de Galicia, Revista de Psiquiatría y Psicología Médica, Medicina clínica ou Gaceta Clínica de Bilbao, Revista clínica de geriatría y gerontologia. Algúns dos artigos publicados nestas revistas son “Síndrome de Turner con coartación de aorta y hemorragia subaracnoidea” (1971), “Atrofía cerebral idiopática” (1972), “Hipertensión intracraneal benigna” (1977) ou “El diagnóstico de las hemorragias cerebelosas” (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Fundou a Sociedade Obreira da Guarda, da que foi secretario, e o semanario Nuevo Heraldo, desde onde defendeu o agrarismo. Coa chegada da Segunda República formou parte da Comisión Xestora municipal e en 1939 foi tenente de alcalde. Perseguido polo Franquismo, estivo agochado e pasou dous anos nas prisións de Vigo e Pontevedra. Da súa produción destaca Fuxidos. Memorias de un republicano gallego perseguido por el franquismo (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO