Novo Galiciano, O

Novo Galiciano, O

Semanario publicado en Pontevedra a partir de 1888 que non cesou antes de febreiro de 1889. Subtitulado “Defensor d’os intereses gallegos”, estivo dirixido por Juan Manuel Rodríguez de Cea, quen tamén exerceu de colaborador, xunto a Ricardo Barros Pintos. De carácter rexionalista, conviviu algúns anos coa revista O Galiciano. A literatura galega tivo unha importante presenza nesta publicación, en que abundaron a prosa e a poesía de López Pinal, Lourido Sánchez, Marcial Valladares, Barcia Caballero, Pérez Placer ou Leyes Pose.