"Adá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
VER O DETALLE DO TERMO
frechada.
-
MACIZO
Macizo máis elevado da Península Ibérica, no núcleo da cordilleira Penibética. As formas pesadas e arredondadas das lousas e dos xistos cristalinos do seu eixo non impiden que se ergan nela os picos Mulhacén (3.478 m), Veleta (3.392 m) e Alcazaba (3.366 m). A altitude baixa cando os materiais cambian de paleozoicos a triásicos, e volve ascender co triásico calcario da periferia, que se mantén nunha altitude de 2.500-2.000 m ata preto dos vales do macizo dos ríos Genil e Guadiana Menor (afluentes do Guadalquivir), Gérgal e Andarax, Cádiar e Lecrín (que forman o Guadalfeo). Estes ríos aliméntanse das neves de Sierra Nevada, que orixina os contrastes máis brutais da Península Ibérica ao pasar en 30 km de altitudes alpinas (3.000 m) ao mar. Foi declarado Parque Nacional o 11 de xaneiro de 1999 e Reserva da Biosfera en 1986. Cunha superficie de 86.208 ha pertence ás provincias de Granada e Almería. Representa os sistemas naturais ligados á media e á alta montaña mediterránea. Hai máis de 2.000...
VER O DETALLE DO TERMO -
CORDILLEIRAS
Cordilleira de California, EE UU, con dirección NO-SL, situada entre o gran val central e a conca de Nevada. Acada a máxima altitude no monte Whitney (4.418 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Serra de América meridional, situada no NO de Venezuela. É unha prolongación cara ao O da cordilleira oriental andina de Colombia. De dobramento alpino, acada a máxima altitude no pico Bolívar (5.007 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Serra do extremo N de Colombia que se estende desde a costa do mar Caribe ata a serra de Perijá (Andes Orientais). Formada por rochas cristalinas paleozoicas (granitos, gneis e xistos), a máxima altitude está no pico de Cristóbal Colón (5.780 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás sifonocladais.
-
Alga da orde das sifonocladais.
-
Orde de clorofíceas que está integrada por algas filamentosas, simples ou ramificadas, de células plurinucleadas, cun cloroplasto parietal e con moitos pirenoides.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome serbocroata de Shköder.
-
PERSOEIRO
Economista escocés. Punto de partida da escola clásica, escribiu Inquiry Into the Nature and Causes of the Wealth of Nations (1776). A obra componse de cinco libros. O primeiro comeza coa división do traballo e continúa cos problemas do valor e o prezo. Non estableceu con claridade teoría ningunha de valor, senón que examinou as diversas partes do prezo das mercadorías, é dicir, os salarios, os beneficios e a renda da terra. O prezo fórmase no mercado, que tende a un equilibrio automático, entre demanda e oferta. É o que quere ilustrar a imaxe da man invisible. O segundo libro estuda a natureza e o proceso de acumulación do capital. A finalidade deste é conservar e aumentar o stock de bens que serven para o consumo inmediato da poboación. O traballo anual dun país é o fondo que lle proporcionan estes bens; distingue un traballo produtivo, que dá lugar a mercadorías físicas, e un traballo improdutivo, que non ten esta característica. O libro terceiro, de contido histórico,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Tomiño baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de santa María Madanela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sobrada de Aguiar (Outeiro de Rei). De planta rectangular, ten dependencias auxiliares e alpendres unidos aos laterais da fachada de acceso. Nun extremo atópase a antiga torre de planta cadrada realizada en cachotaría, con reforzos de granito nos vans. Foi propiedade das familias Ribadeneira, Aguiar e Maseda de Andrade. Sufriu varias reformas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embutido que se fai con carne picada, touciño e graxa de porco, adobada con sal, pemento vermello e outras especias, típico das Illes Balears.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manterse sobre a superficie dun líquido sen afundir.
-
-
Malestar que se sente despois de estar moito tempo exposto ao sol, sen protección.
-
Tempo de sol entre dúas chuvias.
-
-
PERSOEIRO
Político, neto de Salvador de Madariaga. Catedrático de Física na Universidad Complutense de Madrid, foi militante do PSOE desde 1964, e deputado entre 1977 e 1996. Foi ministro de Cultura (1982-1988), de Educación e Ciencia (1988-1992), de Asuntos Exteriores (1992-1995) e voceiro do Goberno (1985-1988) en España. Secretario xeral da OTAN (1995-1999), desde 1999 foi nomeado secretario xeral da Unión Europea Occidental (UEO), do Consello de Ministros da Unión Europea e alto representante da Unión Europea no ámbito da Política Exterior e de Seguridade Común (PESC), cargo para o que foi reelixido en 2004.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Licenciado en Ciencias Políticas e Económicas, traballou para o Grupo Loewe (1963-1975) e para Liferpharma Laboratorio de España SA. Subdirector xeral de Plus Ultra Seguros, foi director de CABSA Red Supermercados INI, presidente executivo de CABSAFRICA, do matadoiro industrial Gypisa e de Conservas vegetales y cárnicas, CARCESA. Así mesmo, foi director xeral de ENDIASA e de Aguas de Mondariz, presidente do Balneario de Mondariz e presidente de Thomil, SA, vicepresidente do Instituto de Empresa e do Círculo del Progreso e administrador de Chocolates Eureka. Membro do Padroado Fundación Instituto de Empresa e presidente da Fundación Balneario de Mondariz, contribuíu de xeito relevante ao fomento e á promoción do turismo en Galicia. Recibiu a Medalla de prata de Galicia (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Renda que recibe o traballador pola súa colaboración no proceso produtivo, especialmente os soldados e os mariñeiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xugada con que se atreixa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervalo de tempo en que quenta o sol entre dúas chuvieiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sono lixeiro e curto.