"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Bizancio e marquesa de Montferrato (1305-1306). Sucedeu o seu irmán Xoán I e, ao cabo dun ano, renunciou ao marquesado en favor de seu fillo Teodoro I. En 1287 casou co Emperador Andrónico II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación de san Xosé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e escritor. Especializouse en lexislación sobre teatro e cine. Colaborou en ABC e Pueblo e escribiu Derecho cinematográfico español (1952) e Summa de legislación del espectáculo (1962); a peza teatral Las luciérnagas (1963) e libros de ensaio e narrativa, como La España de la postguerra, de camisa vieja a chaqueta nueva (1976), Al tercer año resucitó (1978), La chapuza nacional (1990),   Los rojos no usaban sombrero (1995) e Los pasos contados (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador, cartelista e deseñador de cerámica. Foi o principal responsable do deseño da sección de cerámica de Sargadelos e da ilustración de libros, cubertas e carteis de Edicións do Castro, entre outros De cando Suso foi carteiro (1988) de X. Neira Vilas, O troleiro e outros contos (1999) de D. Vázquez, ou O País acuático (2001) de E. Alonso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de vociferar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que vocifera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falar a grandes berros.

    2. Anunciar algo en público cun ton xocoso ou xactancioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade linfoproliferativa de células linfoplasmocitoides secretoras de inmunoglobulina. OBS: Tamén se denomina macrogobulemia de Waldenström.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunións internacionais que se celebraron en Washington en 1921 e 1922 para tratar os problemas do Extremo Oriente e do Pacífico. O Tratado de Washington, entre EE UU, Reino Unido, Francia, Italia e Xapón, acordou limitar o armamento naval no Pacífico. Polo Pacto das Catro Potencias, EE UU, Reino Unido, Francia e Xapón comprometíanse a celebrar consultas mutuas sobre calquera cuestión que xurdise naquela zona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paniculite non supurativa nodular febril recidivante, de etioloxía descoñecida, caracterizada pola formación de nódulos inflamatorios necrosados no panículo, con febre, malestar xeral e síntomas xerais de enfermidade. OBS: Tamén se denomina paniculite nodular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro creada en 1998, co obxectivo de ter a sede na casa natal de W. Fernández Flórez. Entre os seus proxectos inclúense actividades relacionadas co estudo da súa obra, a edición das obras en galego e a creación dunha aula de Interpretación Ambiental, destinada a mellorar o coñecemento e a protección da Fraga de Cecebre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico militar e botánico. Viaxou ás Filipinas (1835-1836) e participou na Primeira Guerra Carlista. Publicou obras de tema naturalístico (principalmente botánico), médico e histórico, entre as que destacan Elementos de botánica (1843), o primeiro manual botánico publicado en España e no que incorporou a clasificación natural e a teoría botánica de Candolle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade caracterizada por artralxias, dor abdominal, diarrea con esteatorrea e perda de peso, debida a unha obstrución linfática relacionada con microorganismos baciliformes aínda non identificados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo alemán. Coñecido como Ferdinand von Richthofen, organizou unha asociación de xeografía e fundou un instituto oceanográfico. Está considerado como un dos creadores da xeomorfoloxía. Foi o primeiro científico que individualizou as rías como un tipo singular de costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria autosómica recesiva ocasionada pola falla de capacidade hepática na excreción do cobre cara á bile, polo que o metal se acumula en diversos órganos e provoca efectos tóxicos. OBS: ; Tamén se denomina dexeneración hepatolenticular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Inspirado na ópera cómica italiana do s XVIII, compuxo Le donne curiose (1903), I quattro rusteghi (1906), L’amore medico (1913), Sly (1927), Il campiello (1936) e La dama boba (1937, baseada na obra de Lope de Vega).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altofalante deseñado para reproducir baixas frecuencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce ou que ten xemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión internacional realizada en Xenebra do 26 de abril ao 21 de xullo de 1954 para tratar os problemas de Extremo Oriente. Non se tomou ningunha resolución respecto á unificación de Corea e, en canto a Vietnam decidiuse a división provisional en dúas zonas e a celebración de eleccións ao cabo de dous anos co obxectivo de reunificar o país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte sólida da Terra, en contraposición á hidrosfera e á atmosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO