"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
-
División estratigráfica, con categoría de supersistema, que agrupa o Carbonífero e o Permiano, unidos por razóns de analoxía paleontolóxica.
-
Nome dado inicialmente, en Rusia, ao Artinskiano.
-
Termo que designa algunhas formacións locais do Paleozoico Superior, das que non é posible precisar se son permianas ou carboníferas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Permocarbonífero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
duquesa de Abrantes.
-
PERSOEIRO
Escultor alemán. Traballou con Weissenkorcher o Vello en Salzburgo e con Kracker en Viena, aínda que a súa formación foi primordialmente italiana (1675-1689) e influída pola arte de Pietro da Cortona. Nomeado escultor da corte de Dresden (1689), traballou no Zwinger co arquitecto M. Pöpelmann (1711-1718) e fixo a Apotheose des Prinzen Eugen (1718-1721).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo usado nas áreas onde se fai moi difícil a separación do Permiano e do Triásico, por englobar os terreos que pertencen a estes dous sistemas ou períodos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Permotriásico.
-
-
Acción de permutar unha cousa por outra.
-
Contrato polo que se obriga a cambiar unha cousa por outra, a diferenza da compra-venda en que o cambio se realiza entre unha cousa por diñeiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
permutable.
-
-
Que se pode permutar.
-
Aplícase ao elemento lingüístico capaz de ser cambiado por outro sen desaparecer a gramaticalidade. Para case todas as escolas lingüísticas modernas, a característica da permutabilidade é decisiva para definir unha unidade da lingua. Por exemplo a e o son permutables en cousa e causa.
-
-
-
Acción e efecto de permutar.
-
Aplicación dun conxunto de n elementos a n lugares diferentes, é dicir, cada unha das diferentes combinacións que se poden facer cos diferentes elementos, entrando todos eles en cada unha das combinacións. O número de permutacións diferentes que se poden facer cun conxunto de n elementos é n! (n factorial). Se se identifica algúns dos elementos do conxunto, obtéñense as permutacións con repetición.
-
Termo empregado pola escola lingüística glosemática, aplicado usualmente a elementos do nivel do contido e correlativo ao da conmutación, que se aplica ao nivel da expresión. Por exemplo, en O home matou o lobo, se se intercambian os substantivos obtense O lobo matou o home, polo tanto hai permutación entre home e lobo desde o momento en que ambas as dúas son gramaticais e semanticamente distintas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen permuta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen fai unha permuta.
-
-
-
Cambiar unha cousa por outra.
-
Cambiar dous eclesiásticos ou dous funcionarios públicos entre si os seus destinos ou prazas.
-
-
Poñer unha cousa no lugar doutra, e viceversa.
-
-
GALICIA
Deseñador gráfico. Formouse na Escuela EINA de Barcelona e en 1992 creou Permuy Asociados SA. O seu traballo esténdese aos campos da identidade corporativa, o deseño de marcas e logotipos, o deseño de publicacións e o deseño editorial, empresarial e institucional. Destacan, entre outras, os traballos realizados para o Xacobeo 99, o Consorcio de Santiago de Compostela, a Fundación Eugenio Granell, o Centro Dramático Galego e Galicia Terra Única. Participou, entre outras, nas mostras Barcelona 92, la creativitat gráfica a l’esport olímpic (1989), Galicia: tradición y diseño (1991) e Signos del Siglo. 100 años de Diseño Gráfico en España (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Rusia, situada a ambas as dúas beiras do Kama (1.005.000 h [2000]). Predomina a industria pesada, principalmente as construcións mecánicas: equipos para a industria metalúrxica, mineira e forestal; conta tamén con refinarías de petróleo. Entre 1940 e 1957 denominouse Molotov.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (160.600 km2; 2.970.400 h [estim 1999]). A súa capital é Perm’.
-
PERSOEIRO
Escritor ruso. Combinou a fantasía e a tradición popular cos elementos sociais do momento. Escribiu teatro, novelas como Skazka o serom volke (Conto do lobo gris, 1960) e libros de divulgación científica para nenos, dos que destacan Kem byt’? (Quen é?, 1946) e Skazka o strane Terra-Ferro (Conto do país Terra-Ferro, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador galego. Activo a mediados do s XIII, desenvolveu a súa actividade probablemente en contacto co círculo señorial de Rodrigo Gomez de Trastámara, e puido ter relación con Pero Garcia d’Ambroa, Pero Garcia Burgalês e Roi Paez de Ribela. Consérvanse 18 composicións, moitas de mestría. Delas, 13 son cantigas de amor, atribuídas por erro a Juião Bolseiro, en que incorpora habilmente elementos técnicos como o dobre, o mordobre e a palabra rima en estruturas complexas. Destacan “Con gram coyta sol non posso dormir” e “Senhor fremosa, des aquel dia”, en que se preocupa polo insomnio provocado pola coita, “Muytos me veen preguntar”, que trata o segredo de amor, e “A vós fez Deus, fremosa mha senhor” e “Senhor fremosa, non pod’om’osmar”, dotadas dunha complicada técnica estrutural. Tamén se conservan catro composicións de amigo, como “Amigo, mando-vos migo falar”, dialogada, e unha de escarnio “Donzela, quen quer entenderia”, en que compara a fealdade da muller co seu propio traseiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Osteocondrite deformante xuvenil da cadeira que foi descrita en 1902 polos cirurxiáns Arthur T. Legg (1874-1939), Jacques Calvé (1875-1954) e George C. Perthes (1869-1927). OBS: Tamén se denomina enfermidade de Legg-Calvé-Perthes.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e industrial francés. Xunto co seu irmán Eugène Peugeot (Hérimoncourt 1844-1907) iniciou a fabricación en Francia de bicicletas e automóbiles, agrupando varias sociedades da familia Peugeot. En 1897 fundou a Société des Automobiles Peugeot. Máis tarde fóronse independizando varias sociedades: Peugeot Cycles (1926), Peugeot Automobiles (1929) e Peugeot et Cie.
VER O DETALLE DO TERMO