Pero d’Armea

Pero d’Armea

Trobador galego. Activo a mediados do s XIII, desenvolveu a súa actividade probablemente en contacto co círculo señorial de Rodrigo Gomez de Trastámara, e puido ter relación con Pero Garcia d’Ambroa, Pero Garcia Burgalês e Roi Paez de Ribela. Consérvanse 18 composicións, moitas de mestría. Delas, 13 son cantigas de amor, atribuídas por erro a Juião Bolseiro, en que incorpora habilmente elementos técnicos como o dobre, o mordobre e a palabra rima en estruturas complexas. Destacan “Con gram coyta sol non posso dormir” e “Senhor fremosa, des aquel dia”, en que se preocupa polo insomnio provocado pola coita, “Muytos me veen preguntar”, que trata o segredo de amor, e “A vós fez Deus, fremosa mha senhor” e “Senhor fremosa, non pod’om’osmar”, dotadas dunha complicada técnica estrutural. Tamén se conservan catro composicións de amigo, como “Amigo, mando-vos migo falar”, dialogada, e unha de escarnio “Donzela, quen quer entenderia”, en que compara a fealdade da muller co seu propio traseiro.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Armea, Coirós