"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
GALICIA
Militar e político. Iniciou a súa carreira como garda mariña en 1819, ascendeu a alférez de fragata en 1824 e foi destinado como capitán a La Habana en 1846. Tras ser nomeado capitán xeneral da Armada en 1856, ocupou o ministerio de Mariña en 1866. Foi presidente da sección de Ultramar en 1868 e conselleiro de Estado ata a Revolución de 1868, en que dimitiu. Retomou este cargo coa Restauración, presidiu a sección de Guerra e Mariña e obtivo o cargo de almirante.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Físico. Foi profesor da Escola Politécnica Superior do exército, director de asuntos xerais do Centro de Estudios Técnicos de Materiais Especiais, director de calidade na Empresa Nacional Santa Bárbara, vogal da comisión de normalización de certificación (AENOR) e vogal da sección de Defensa da Asociación Española para a Calidade. Ten varias obras, entre elas Dibuxo técnico (teoría e problemas), Tecnoloxía do metal e diversos artigos en revistas e congresos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, diplomático e militar, segundo conde de Olivares, fillo de Pedro de Guzmán y Zúñiga. Ao servizo de Carlos I, acompañou ao futuro Filipe II na embaixada a Inglaterra que concretou o casamento do infante con María I de Inglaterra (1554). Participou na Batalla de Saint-Quentin (1557) e foi embaixador en Roma (1582-1590) e vicerrei de Sicilia (1591-1594) e Nápoles (1595-1599). De volta a Madrid, foi membro dos consellos de Estado e de Guerra e presidente da Cámara de Contas de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés. Foi profesor da facultade de Ciencias de Bordeos, a Sorbona, o Collège de France e a École Polytechnique de París. Traballou en case todos os campos das matemáticas, especialmente no de cálculo integral, onde creou as bases da teoría da análise funcional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece o arquitecto Hannequin Egas, membro da familia de orixe flamenga Egas, activa na Coroa de Castela nos ss XV e XVI.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Suicidio ritual xaponés realizado polos samurais como castigo e reparación por delitos moi graves. Consiste en abrirse o ventre dun corte horizontal cunha arma branca, acompañado da decapitación realizada por un axudante. Converteuse nun dos símbolos da ideoloxía nacionalista acentuado pola educación ata a Segunda Guerra Mundial.
-
GALICIA
Escritor e tradutor. Licenciouse en Filoloxía Francesa. Escribiu Lerias e enredos para os máis pequenos (1983) e Contos galegos (1983); e traduciu O poema do país que ten fame (1978), de Paol Keineg, Ubu Rei (1989), de Alfred Jarry, Gargantúa e Pantagruel (1991), de F. Rabelais, O rei Kabul (1999), de Max Jacob, e A cantante calva (2002), de Eugène Ionesco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral francés. Coñecido como Leclerc, foi xefe do Estado Maior da infantería (1939), capturárono os alemáns pero evadiuse e fuxiu a Reino Unido. Reorganizou as tropas francesas en África Ecuatorial e reconquistou sucesivamente Camerún e Chad (1942). Ascendeu a xeneral de brigada e integrouse nas forzas de Montgomery que loitaban no N de África. En 1944 dirixiu a segunda division blindada no desembarco de Normandie e liberou París en agosto dese ano. Foi comandante xeneral das tropas francesas en Indochina (1945) e inspector das forzas francesas en África do N (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político revolucionario francés. Fundador do diario Le Père Duchesne (1790) e membro do Club des Cordeliers. Foi dirixente da á máis revolucionaria dos montagnards. Crítico con Robespierre, foi condenado e executado na guillotina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Helsinqui ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Helsinqui.
-
-
CAPITAIS
Capital de Finlandia e do lääni de Uudenmaan (559.718 h [2001]; 920.000 h na súa aglomeración [estim 1998]). Situada nunha península sobre o golfo de Finlandia, rodeada de numerosos illotes, envólvea o mar por tres costados. A forma da península proporciona numerosos portos: o meridional, o de Sörnäinen e o de Sandviken-Hietalahti. Ademais de ser capital administrativa e política, desenvolveuse o sector industrial: alimentación, metalurxia de transformación, artes gráficas, industria téxtil e da confección, construción naval e industria química. É o principal centro comercial e financeiro finlandés. É sé de bispados católicos, luteranos e ortodoxos rusos. Fundada por Gustavo I de Suecia (1550), substituíu a Turku como capital de Finlandia en 1817. Tras sufrir numerosos bombardeos durante a Guerra Ruso-finlandesa (1939-1940) e a Segunda Guerra Mundial, a celebración dos Xogos Olímpicos de 1952 marcou o inicio da súa expansión. Do seu patrimonio cultural destacan as catedrais luterana...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización para a Seguridade e a Cooperación Europea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das dúas partes en que unha cesura divide un verso, sen necesidade de signos de puntuación.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Centrado nun correcto nu feminino de contornos nebulosos, converteuse nun abandeirado da Alsacia perdida por Francia en 1871. O seu estudo de París foi convertido nun museo que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enrique de Borgoña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enrique de Borgoña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enrique de Portugal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo Enrique/ Enriqueta.
-
GALICIA
Lingüista. Doutorouse en Filosofía e Letras, sección de Filoloxía Románica, pola Universidade de Santiago de Compostela (1972). Desde 1993 é catedrática de Filología Española na Universidade de Vigo. Pertence a varias sociedades, entre elas, a Sociedad Española de Lingüística (1972), Asociación de Escritores en Língua Galega (1980), Associaçom Galega da Língua (presidenta desde 1983) e Societé de Linguistique Romane (1989). É membro do Pen Club de Brasil (1993). Destacan as súas obras Léxico de O Grove (1974), Estudo crítico das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1983), Prontuário ortográfico galego (1985), Guia prática de verbos galegos conjugados (1988), Poder, ideologia e língua (1991), La sufijación en el léxico de la Jurisprudencia y de la Legislación (1999) e El vocabulario jurídico en el “Dicionário da Academia das Ciências de Lisboa” y en el “Dicionario de la Real Academia Española” (2002). Recibiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e ensaísta. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade de Minnesota, é membro da Academia Argentina de las Letras e profesor en diversas universidades americanas, escribiu libros poéticos e dramáticos modernistas, ademais de obras de crítica. Destacan Ensayos críticos (1905), El nacimiento de Dionisos (1916), Apuntaciones sobre la novela en América (1927), Gramática castellana (1928), en colaboración con Amado Alonso; e Literary currents in Hispanic America (1946).
VER O DETALLE DO TERMO