"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da constelación de Octante.
-
-
Instrumento astronómico análogo ao sextante, que presenta un sector de 45°.
-
-
Oitava parte dun círculo, é dicir, parte do círculo contida en 45°.
-
Cada unha das oito rexións do espazo determinadas polos tres planos de coordenadas nun sistema de coordenadas cartesianas tridimensionais.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación austral que se sitúa entre as de Pavo, Tucano, Hidra macho, Mesa, Camaleón e Ave do Paraíso. A estrela α-Octantis está a unha distancia de 148 anos-luz e ten unha magnitude aparente de 5,4. En Octante, o astro máis brillante está catalogado como β-Octantis e ten unha magnitude aparente de 4,34. A rexión do firmamento ocupado por Octante contén tamén o polo sur celeste.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no latín Octavianus, xentilicio romano derivado de Octavius, e este á súa vez de octavus ‘oitavo’, que designaba o oitavo fillo da parella. A súa festividade celébrase o 22 de marzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sobrenome (Caio Xulio César Octaviano) que recibiu Augusto despois de ser adoptado por Xulio César (44 a C).
-
-
Relativo ou pertencente ao Emperador Augusto (Caio Xulio César Octaviano).
-
Período de paz completa, semellante á que reinou no mundo romano en tempos do Emperador Augusto (Caio Xulio César Octaviano).
-
-
PERSOEIRO
Eremita. Natural de África, fuxiu da invasión e ocupación dos vándalos e refuxiouse na Toscana. Viviu nunha cova e predicou contra o arianismo. Foi canonizado en 1519 polo Papa León X. A súa festividade celébrase o 22 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Pertenceu á Lexión Tebana e, na persecución de Máximo Hercúleo, sufriu martirio en Turín. Represéntase vestido de militar romano ou medieval, coa espada (atributo dos militares), a palma e a coroa dos mártires. A súa festividade celébrase o 20 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen ocupa un territorio ou un país.
-
Persoa que ocupa un sitio ou un lugar determinado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s III?) Virxe e mártir. Foi unha das 11.000 virxes que, segundo a lenda, foron compañeiras de santa Úrsula. Puido morrer a mans dos hunos en Colonia á volta da súa peregrinaxe a Roma e os seus restos foron trasladados a Bélxica no s XIII. Represéntase con coroa na cabeza, unha frecha na man e cobre as súas irmás cun manto. A súa festividade celébrase o 14 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Auvernia 962? - Souvigny 1049) Quinto abade de Cluny (994-1049). Reconstruíu parte das edificacións da abadía e contribuíu á súa expansión. Reformou mosteiros beneditinos de España, Francia e Italia. Instituíu na súa orde a conmemoración dos Defuntos cada 2 de novembro e a Igrexa fíxoa universal con posterioridade. Represéntase vestido de abade con báculo. A súa festividade celébrase o 1 de xaneiro.
-
PERSOEIRO
Escritor. Arqueólogo de profesión, ocupou diversos cargos políticos e diplomáticos de importancia. As súas obras baséanse en temas históricos, e delas destacan Mihnea-vodă cel Rău (1857), Doamna Chiajna (1860) e Pseudo-Kinegheticos (Falso tratado sobre a caza, 1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 1070 -? 1133) Bispo de Bamberg. Promoveu a edificación de igrexas e mosteiros. Represéntase con vestiduras episcopais e como atributos presenta unha maqueta de igrexa, por ser fundador; frechas ou cravos, xa que recollía as frechas dos soldados e llas daba aos monxes para facer cravos para as igrexas; e un can, animal avogoso contra a rabia en Alemaña. A súa festividade celébrase o 2 de xullo.
-
PERSOEIRO
Segundo abade de Cluny (927-942). Formouse na corte do duque da Aquitania e converteu o seu mosteiro no primeiro centro de espiritualidade de Occidente á vez que reformou cenobios de Francia e Italia. Foi reformador da orde beneditina e obtivo a dependencia directa do papa para os mosteiros cluniacenses. Teórico musical, interesouse pola notación e a determinacion de diversos intervalos da escala. Fixo as sistematización da notación teórica e substitíu as letras gregas polas latinas, fixo coincidir o Α coa nota la. Represéntase con vestiduras de abade beneditino e porta báculo. A súa festividade celébrase o 18 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 1095 -? 1122) Bispo da Seu d’Urgell e reformador. Na súa iconografía viste de bispo con báculo e mitra. A súa festividade celébrase o 7 de xullo.
-
PERSOEIRO
Duque de Aquitania e de Gascoña (685?-735). Rexeu o territorio comprendido entre os Pireneos, o Atlántico, o Loire e o Ródano, e chegou a traspasar este. En 717 foi recoñecido como soberano por Khilperico II de Neustria-Austrasia e aliouse con el para loitar contra Carlos Martel, pero foi derrotado en 718 ou 719. Ao ano seguinte fixo as paces con Carlos e entregoulle a Khilperico. En 731 aliouse co valido da Narbonense, o bérber Munussa, que se sublevara contra Córdoba, pero este foi derrotado en Libia por ‘Abd al-Ra ḥ mān ibn ‘Abd Allāh al-Gāfiquī. En 732 al-Gāfiquī tomou Bordeos, desfixo as tropas aquitanas e saqueou Poitiers, ata que foi derrotado e morto por Carlos Martel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (887-898) e conde de París, fillo de Roberto IV o Forte. Derrotou os normandos (886 e 888), que atacaran París, pero foi derrotado por eles en 889. Someteuse a Arnulfo I de Xermania, quen lle deixou gozar pacificamente do reino. Tivo que loitar contra diversos rivais e pactou con Carlos III de Francia o Simple, protexido tamén por Arnulfo, e repartiuse con el o reino en 897. Correspondéronlle os países entre o Sena, o Atlántico, a terra dos sarracenos e o Mediterráneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano-xermánico (962-973), rei de Xermania (936) e de Italia (951 e 961), fillo de Enrique I de Alemaña e de santa Matilde. Recuperou Lorena e obtivo do rei francés o recoñecemento do seu dominio nesta rexión (942 e 947). Interveu nas loitas de Lombardia e foi proclamado rei (951), aínda que deixou o seu goberno en mans de Berenguel II un ano máis tarde. Por mor da represión deste, o Papa Xoán XII pediulle axuda e depuxo a Berenguel. Foi novamente coroado rei de Italia e Milán e recibiu a coroa imperial de mans do papa o 2 de febreiro de 962 e restaurouse así o Sacro Imperio, vacante desde 899. Deseguido enfrontouse co papa e os romanos ata 967. A loita cos gregos de Italia meridional solucionouna co casamento do seu fillo Odón coa princesa bizantina Teófano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Xermania e de Italia (961) e emperador romano-xermánico (973-983, asociado ao imperio en 967), fillo de Odón I e de Adelaida. En 972 casou con Teófano, filla do emperador bizantino Romano II. Rivalizou cos emperadores bizantinos e tomou o título de imperator romanorum, que reivindicaban aqueles. En 981 pasou a Italia e matou en Roma a un gran número de inimigos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Rambsbury (937) e arcebispo de Canterbury (942). Foi conselleiro na corte inglesa, onde reformou estritamente os costumes eclesiásticos. A súa festividade celébrase o 4 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO