"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Masma, que nace no extremo O da parroquia de Oirán (Mondoñedo) e desemboca na de Lourenzá, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mondoñedo baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guerra dos Países Baixos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Presbítero e escritor ascético. Foi capelán do mosteiro da Visitación en Madrid. Publicou   Complemento a La vida feliz, El reinado de Jesucristo (1890), Tesoros del Corazón de Jesús e La vida feliz (1895), onde trata as virtudes cristiás e os seus vicios opostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso dominicano. Emigrou a México, onde exerceu a docencia e predicou entre os indíxenas. Dedicouse á investigación sobre Galicia e publicou Historia del Apóstol e Historia del glorioso Apóstol Sant-Yago patrón de España, de su venida a ella y de las grandezas de su Iglesia y Orden militar (1615).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do curso inferior do río Cubango.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Policía política secreta fundada en Rusia en 1881, tras o asasinato do Tsar Alexandre II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • August Engelbrekt Ahlqvist.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Estudou Física na Universidade de Budapest onde se doutourou en 1949, ocupou diversos cargos universitarios (1949-1954) e foi director do centro para a investigación química da Academia das Ciencias húngara (1954-1956). En 1956 emigrou a Canadá onde traballou en laboratorios e universidades (1957-1965) e, posteriormente (1965), a EE UU, onde foi profesor na University of Southern California (1977). Desde 1991 ocupa o cargo de director do Hydrocarbon Research Institute. Recibiu o Premio Nobel de Química (1994) por demostrar a existencia dos carbocatións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Honduras (24.351 km2; 309.000 h [estim 1991]). A súa capital é Juticalpa (33.300 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Suecia, situada no Mar Báltico, e que está separada do continente polo estreito de Kalmar (1.344 km2; 26.700 h [1980]). Presenta un relevo tabular de pouca altura inclinado cara ao Báltico e unha costa de acantilados no estreito de Kalmar. É un lugar de veraneo, en que o principal centro é Borgholm. A paisaxe agrícola do S foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe galega.

    2. Liñaxe que trae como armas, en escudo mantelado, primeiro mantel, en campo de prata, unha cruz flordelisada, de goles, cargada con cinco vieiras, de ouro, unha en cada brazo, e outra no centro; segundo mantel, no centro, en campo de sinople, un año de prata botado sobre unha almofada, do mesmo metal; e terceiro mantel, en campo de prata, un león rampante, de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e político. Foi presidente da Deputación de Ourense (1973-1974), do consello de administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense e vicepresidente de SODIGA. Foi procurador en representación da Deputación de Ourense nas Cortes (1973-1974) e senador por Alianza Popular-Partido Demócrata Popular (1982-1986) e por Coalición Popular (1986-1989). En 1990 foi nomeado delegado provincial da Consellería de Agricultura Gandería e Montes en Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ciclista. Debutou como profesional en 1992. Foi campión de España de fondo en estrada (1994), campión de España contrarreloxo (1994), campión do mundo de fondo en estrada (Tunja, Colombia 1995), campión do mundo contrarreloxo (Valkenburg, Países Baixos 1998) e conseguiu a vitoria final na Volta a Galicia (1996) e na Vuelta a España (1998). Nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) obtivo a medalla de prata na proba contrarreloxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Realizou investigacións nos campos da xenealoxía e o   folclore. Da súa produción destacan Ortografía española (1933) e os artigos “Os canteiros” (1951), “Toponimia gallega” (1967-1968), “El mariscal Pedro Pardo de Cela y el sitio de Peña Frouxeira” (1973) e “Vocabulario gallego” (1956-1961), recollidos no Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Domínguez Olano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Merca. Realizouse en estilo barroco no s XVIII e reformouse durante o s XX. No seu interior destaca o retablo maior barroco, realizado polo mestre González (1735-1736).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Noruega (1016-1030). Puxo fin á anarquía do seu país, resturou a dignidade real, desaparecida tras a morte de Olavo I, e impuxo o cristianismo aos seus súbditos. En 1014 dirixiu unha expedición viquinga que penetrou pola desembocadura do río Miño para tomar Tui, cidade que incendiou e destruíu, pero foi vencido polo Rei Afonso V. Iconograficamente represéntase con vestimenta e coroa real. Leva como atributos unha macheta de guerra de dobre fío ou unha alabarda na man e, aos seus pés, un dragón encadeado con cabeza humana (símbolo do paganismo vencido). Considerado heroe nacional e patrón de Noruega, a súa festividade celébrase o 29 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - 1093) Rei de Noruega (1066-1093), fillo do Rei Harald III de Noruega. Reinou conxuntamente co seu irmán Magnus II de Noruega ata 1069. O seu goberno de carácter pacífico, foi a orixe do seu alcume. Organizou xerarquicamente a igrexa do seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kamil Zeman.

    VER O DETALLE DO TERMO