Olavo II de Noruega, san o Gordo
Olavo II de Noruega, san o Gordo
Rei de Noruega (1016-1030). Puxo fin á anarquía do seu país, resturou a dignidade real, desaparecida tras a morte de Olavo I, e impuxo o cristianismo aos seus súbditos. En 1014 dirixiu unha expedición viquinga que penetrou pola desembocadura do río Miño para tomar Tui, cidade que incendiou e destruíu, pero foi vencido polo Rei Afonso V. Iconograficamente represéntase con vestimenta e coroa real. Leva como atributos unha macheta de guerra de dobre fío ou unha alabarda na man e, aos seus pés, un dragón encadeado con cabeza humana (símbolo do paganismo vencido). Considerado heroe nacional e patrón de Noruega, a súa festividade celébrase o 29 de xullo.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Stiklestad