"EAT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 257.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sala de teatro aberta en Dublín en 1904 co patrocinio de Annie Horniman. Foi sede da National Theatre Society, compañía creada no 1905 a partir do Irish Literary Theatre, fundada en xaneiro do 1899 por William Butler Yeats, Augusta Grégory, Edward Martyn e George Moore. En 1903 pasou a denominarse Irish National Theatre Society trala chegada de Maud Gonne, Arthur Griffith, Padraic Colum, George W. Russell, Douglas Hyde e os irmáns William G. Fay e Frank J. Fay. Durante os primeiros anos a compañía estivo sometida a múltiples tensións debido á súa orientación ideolóxica e ao control da compañía. Despois de abandonos como o de Maud Gonne e outros militantes do Sinn Féin xunto a acontecementos como a partida de Padraic Colum e Edward Martyn (fundadores en 1906 do Teatro de Irlanda), a despedida dos irmáns Fay e a morte de John Millington Synge, W. B. Yeats asumiu a dirección artística da compañía e traballou cos directores de escena Lennox Robinson, Ernest Blythe e Tomás MacAnna. En 1910 Annie...
-
GALICIA
Escultora. Realiza estudios de Belas Artes na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela e na Escola de Restauración do Mosteiro de Poio. A súa escultura caracterizouse nos seus inicios polos volumes desproporcionados, nos que predomina a liña curva e envolvente. Pasado o tempo, inclinouse por pezas de maior formato nas cales esquece o detalle para dar á obra un valor máis xeral, podéndose percibir intereses vangardistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Furto de gando. Figura delitiva autónoma no dereito penal antigo. Consérvase nalgúns países de América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación para a propagación da arte, fundada en París (1931) por Georges Vantongerloo e Auguste Herbin. Editaron unha publicación co mesmo nome da que saíron cinco números (1932), centrada no estudo e na investigación da non figuración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro afeccionado que desenvolve diversas actividades de animación teatral na cidade de Lugo, con dirección, entre outros, de Mercedes Arias, Apolinar Vecino e Tareixa Campo. Desde 1988, data da súa creación, estrearon diversos espectáculos, entre os que cómpre destacar Maxia Vermella, recreación do texto homónimo de Michel de Ghelderode, dirixida por Tareixa Campo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional creada en Santiago de Compostela en 1994, ano no que presentaron o seu primeiro espectáculo, Petición de man de A. Čekhov, dirixido por María Armesto. Tres anos máis tarde estrearon Nano, baseado na novela de Suso de Toro Tic-tac, dirixido por Cándido Pazó e interpretado por Xosé A. Porto, co que acadaron os premios María Casares á mellor Dirección, á mellor Adaptación e ao mellor Actor Protagonista en 1998.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro de loita política que nace en Rusia co gallo de espallar a ideoloxía bolchevique entre o proletariado. Malia a escaseza de medios materiais, destacou pola súa liberdade expresiva dentro dos límites regulamentados polo Comité Central do Partido Comunista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de compañías e grupos de teatro creada en Vigo en 1978 co obxectivo de desenvolver proxectos que garantiran condicións de estabilidade na produción, distribución e exhibición teatral, así como reforzar a continuidade na organización da Mostra de Teatro Galego e das Xornadas de Teatro, de ámbito ibérico. Nela participaron agrupacións como A Farándula, Escoitade, Teatro Popular Keyzan, Máscara 17, Saudade, Teatro Popular Galego (despois Artello), Alén e Xiada, se ben cedo xurdiron diferencias entre elas e o movemento rematou por se disolver en 1980. Entre as iniciativas que desenvolveron cómpre salientar un proxecto de Teatro Estable Galego e unha proposta de Escola de Teatro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional creada en Oleiros e que en 1996 presentou o seu primeiro espectáculo, As criadas, a partir do texto homónimo de Jean Genet, con dirección de Elina Luaces.
-
-
Calidade de aleatorio.
-
Propiedade das variables aleatorias de poderen tomar calquera valor dentro dun intervalo, con probabilidades fixadas previamente.
-
-
-
Que depende dun acontecemento incerto ou dunha continxencia.
-
Dise do contrato no que á prestación segura dunha parte correspóndelle unha prestación incerta doutra (renda vitalicia) ou na cal a incerteza afecta a ambas as dúas partes (a aposta).
-
-
Dise dun acontecemento que non se pode asegurar que se producirá ou que se pode producir de diversas maneiras.
-
variable aleatoria Variable que pode recibir diversos valores numéricos que dependen do azar.
-
-
música aleatoria
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica para obter a dirección dunha información a partir da clave por medio dun algarismo que a trata segundo criterios preestablecidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía creada por Rosa Hurtado e Santiago Montenegro e na que colabora habitualmente Manuel Pombal. Baixo esta denominación os integrantes do grupo Artello inician unha nova andaina baseada nun traballo máis artesanal, centrada no teatro de obxectos e orientada ao público infantil e xuvenil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Foi creado en 1988 pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Dotado economicamente con 1.000.000 de pesetas e convocado con carácter anual, podían acceder a el tan só textos teatrais inéditos. O premio incluía a publicación e, de ser o caso, a representación da obra premiada. Nas sete edicións que tivo resultaron gañadores do Premio: Roberto Salgueiro con O arce do xardín (1988); Euloxio R. Ruibal por Azos de esguello (1989); Agustín Magán por Os rebertes (1990); Roberto Vidal Bolaño con Saxo tenor (1991); Xosé Cid Cabido e Andrés Vila con Copenhague (1992) e Manuel Riveiro Loureiro por O prazo. Convocouse por última vez en 1994, debido a unha reestruturación na política de premios da Consellería de Cultura, pola que se decidiu outorgar un único galardón, o Premio das Letras e das Artes de Galicia, no que se recoñece o labor de toda unha traxectoria vital dedicada á cultura galega. En xaneiro de 1999 o Instituto Galego das Artes...
-
PERSOEIRO
Eclesiástico castelán. Dominico, predicador e reformador da súa orde. Foi confesor da Raíña Catalina de Lancáster, muller de Enrique III, e aio do infante Xoán. Defendeu os dereitos do infante para converterse en Xoán II de Castela, quen lle ofreceu o priorado do convento de Scala Coeli. A súa festa celébrase o 19 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista ruso. Emigrou a París e dirixiu unha revista de oposición. O esencial da súa obra constitúeno novelas sobre a intelligencija rusa de fins do s XIX e sobre problemas como o da prostitución: Marja Susjevna (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor de orixe rusa. No 1937 trasládase aos EE UU, onde alterna a tarefa de director de orquestra coa de compositor de música para cine.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución formada o 21 de xaneiro de 1991 e presidida por Eligio Rivas Quintas. O seu obxectivo é conservar a natureza e promocionar o pobo da serra ourensá de San Mamede e dos concellos do seu contorno. Organizan conferencias sobre etnografía ou historia, escaladas ao alto de san Mamede e obras de restauración do camiño e da ermida.
-
-
Edificio romano no que se celebraban diferentes espectáculos públicos. Aquí tiñan lugar as loitas de gladiadores, os xogos venatorios con animais salvaxes, as loitas de homes desarmados con feras (que a miúdo se convertían en execucións en masa) e, con menos frecuencia, había simulacións de combates navais. Era un edificio de planta elíptica, cun espazo central, area, e unha serie de bancadas que o rodeaban, cavea, separadas por un muro, podium, e ás veces por un foso. Tipicamente romano, só se podían atopar nas cidades máis importantes. Un dos máis antigos que se conservan é o de Pompeia (s I a C). A maior parte deles foron construídos durante o Alto Imperio (ss I-III d C). O maior é o Coliseo, en Roma. Son tamén importantes os de Nimes e Arles (Francia), o de Verona (Italia), o de Pula (Croacia), o de El-Djem (Tunicia) e os de Mérida, Itálica, Tarragona e Segóbriga na Península Ibérica.
-
-
Nun teatro moderno, conxunto de asentos colocados ordinariamente en bancadas semicirculares.
-
Público que ocupa estes asentos.
-
-
Aula con asentos colocados en bancadas dispostas de forma semicircular.
-
-
Cabeceira dun val ou dun terreo deprimido, de forma máis ou menos circular, rodeada de montañas.
-
anfiteatro de moreas
Acumulación en forma de arco circular das moreas terminais dun glaciar, ao redor do extremo final da lingua glacial. Ten unha altura que pode oscilar entre uns poucos metros e os 40 ou 50 m. O anfiteatro ou vallum de moreas presenta habitualmente un perfil disimétrico, cunha vertente interna abrupta e unha vertente exterior cunha pendente pouco pronunciada e que se une, auga abaixo, cos depósitos fluvioglaciais.
-
-
Sala de disección nas escolas de medicina, hospitais e outros edificios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo aparecido nos anos cincuenta do s XX para referirse ás pezas teatrais que romperon cos principios básicos do teatro clásico tradicional; isto é, coas regras das tres unidades (acción, lugar e tempo), cos conceptos de ilusión e imitatio, coa acción lóxica dos acontecementos, cos valores heroicos ou mesmo coa coherencia dos personaxes. Naceu coa obra de Eugène Ionesco La Cantatrice chauve (A cantante calva, 1950) que o propio autor cualificou de “antiobra” e pasou a designar todas as obras da época como En attendant Godot, (Agardando por Godot, 1953). En galego temos a obra Cochos (1992) de Roberto Vidal Bolaño.