"Ende" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 379.

  • PERSOEIRO

    Licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica. Redactora da Enciclopedia Galega Universal e investigadora no eido da Literatura Medieval. Autora do artigo “Encrucillada sociolingüística do Paraguai”.
    Na actualidade é profesora e vicedirectora do IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño. 

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que acende.

    2. Dispositivo que serve para acender.

    3. Instrumento formado de varias pezas que serve para acender. Os sistemas empregados para conseguir o acendido dun combustible son moitos e diversos (por chispa, por resistencia eléctrica, catalítico, etc) e dependen da natureza do material e da aplicación, específica ou non, do acendedor.

    4. Aparello empregado para acender un motor de explosión. Os principais tipos son o manual, con manivela, ou de inercia, que aproveita a enerxía dun volante que xira a alta velocidade, e o motor de arranque, que habitualmente é un motor eléctrico. Empréganse tamén os acendedores de aire comprimido, onde a inxección de aire a presión nos cilindros produce o efecto da explosión do combustible e inicia, así, o movemento do motor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acender.

    2. Apaixonamento dunha persoa ante unha situación determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo comece a arder, comunicar lume ou provocar combustión.

    2. Comezar a arder ou acenderse un lume.

    3. Facer que unha persoa actúe con violencia ou provocar nela fortes e incontrolables desexos.

    4. Facerse máis violento.

    5. Causar ardor.

    6. Poñerse rubio, dunha cor distinta na cara.

      1. Facer que se poña incandescente o filamento dunha bombilla ao facer pasar unha descarga eléctrica nun fluorescente co fin de producir luz, pechando, por medio dun interruptor, o circuíto de alimentación.

      2. Facer que unha cousa comece a funcionar, accionando un mecanismo (un motor, unha máquina, un aparello electrónico, etc).

      3. Botar luz algo ou pórse en funcionamento.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Funcionario do Ministerio de Facenda que exerceu o xornalismo e a creación literaria en diferentes xornais e revistas galegas. Publicou El Liceo-Recreo Orensano. Su pasado. Su presente. Su futuro (1930) e Del Orense antiguo (1935), conxunto de feitos históricos e anécdotas ourensás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador probablemente portugués. Son case inexistentes os datos documentais que temos deste autor, quizais por pertencer a unha familia da pequena nobreza de escasa relevancia social. Non obstante , a súa presenza nun documento de 1290, nunha doazón de Martin Gil de Riba de Vizela ao mosteiro de San Vicente de Fora en Lisboa, permite un mínimo achegamento á súa reconstrución biográfica. Co estalo da Guerra Civil, entre os anos 1247-1253, exiliouse á Corte castelá de Fernando III, integrado no séquito de Gil Martins de Riba de Vizela, home de confianza do Rei deposto, Sancho II. Despois dunha probable participación nas campañas andaluzas, volveu a Portugal; entre os anos 1264-1275 e 1281-1285 frecuentou a Corte castelá de Afonso X, acompañando a Gil Martins e a Martin Gil, respectivamente. Atribúenselle catorce composicións: nove cantigas de amor, dúas cantigas de amigo, dous escarnios políticos e un escarnio persoal. Cinco das súas cantigas de amor constan dunha única cobra, polo que é...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Paradela baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chileno. Licenciado en Medicina (1932) e cofundador do Partido Socialista Chileno (1933), foi Ministro de Sanidade nos gobernos de P. Aguirre Cerda (1939-1941, 1941-1942). Senador dende 1945, ocupou o cargo de Presidente do Senado no 1952. Como representante da coalición de esquerdas Unidad Popular, acadou a Presidencia do Goberno de Chile no 1970. A súa política afanouse nun tránsito pacífico ao socialismo. Nacionalizou os bancos, as minas de cobre e algunhas grandes empresas, o que o enfrontou duramente cos poderes fácticos da oposición de dereitas, tendo que afrontar fortes presións estadounidenses, tendo en conta os grandes intereses que os EE UU mantiñan no tecido industrial e económico de Chile. En setembro do 1973 foi derrocado por un golpe de estado militar, que contou con apoio loxístico e material estadounidense, rematando co réxime democrático. Rexeitando a posibilidade de fuxir e poñerse a salvo, Allende morreu defendendo o Palacio da Moeda, sede do goberno chileno;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriota e militar mexicano de pais españois. Participou nas conspiracións de Valladolid e de Querétaro contra a administración española, ata que se uniu a Hidalgo (1810). Despois da derrota de Puente Calderón (1811) ante as forzas de Calleja, substituíu a Hidalgo na dirección do movemento. Traizoado por Elizondo, morreu executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora chilena. Sobriña de Salvador Allende, estudiou Xornalismo e colaborou en distintas publicacións como Mampato Magazine (1969-1974), Channel 7 (1970-1974) e Nacional (1976-1983). Exiliouse e estableceuse enVenezuela tralo golpe de estado de Augusto Pinochet (1973). As súas novelas caracterízanse pola elaboración dun realismo máxico que rodea e describe historias familiares baixo a sombra de Chile. Publicou, entre outras, La casa de los espíritus (1982), De amor y de sombra (1984), Eva Luna (1989). Cultivou tamén o relato (El plan infinito, 1990; Afrodita, cuentos y otros afrodisiacos, 1997) e publicou unhas memorias (Paula, 1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado ás Cortes (1884) polo Partido Conservador e senador por Lleida (1898), Alcalde de Madrid (1900); Ministro de Finanzas (1901), de Instrución Pública (1902), de Agricultura (1903) e de Estado (1907). En 1919-1920 formou un goberno de coalición que se adheriu á Sociedade de Nacións, creou o Tercio de Estranxeiros e secundou o bloqueo dos aliados contra a Unión Soviética. Despois do asasinato de Eduardo Dato (1921) formou un novo goberno, pero as derrotas militares de Annual e Monte Arruit fixérono demitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e financeiro. De familia xudía, dedicouse aos negocios dende ben novo. Despois do Trienio Constitucional ou Liberal (1823) exiliouse en Londres, dende onde financiou a expedición que rematou coa monarquía absoluta en Portugal. No 1835 volta a España e foi nomeado Ministro de Facenda e logo Xefe do Goberno, tras do que ocupou de novo o Ministerio de Facenda (1836, 1837 e 1843). Sobranceira figura do Partido Progresista, promoveu dende o seu ministerio un paquete de reformas das que salientan, por unha banda, o alistamento xeral no exército (servicio que podía trocarse polo pagamento dunha indemnización), e por outra, a supresión de case todas as ordes relixiosas (1835) agás as dedicadas ao ensino e á asistencia, vendendo os bens do resto ( desamortización) en subasta pública (leis do 1836 e 1837). O obxectivo destas medidas era ao tempo de carácter económico e político, pero non foi plenamento desenvolvido. Cando no 1844 os moderados acadaron o poder exiliouse novamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atrapar algo ou a alguén que se está a perseguir.

    2. Captar algo a través dos sentidos ou da intelixencia.

    3. Na escolástica, coñecer dun xeito inmediato, considerando este coñecemento como a acción do suxeito cognoscente sobre o obxecto.

    4. Coñecer algo de forma simple e inmediata. Constitúe a primeira fase da comprensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adquirir o coñecemento dalgunha cousa co estudio, a atención, a experiencia ou a práctica.

    2. Comunicar o coñecemento dalgunha cousa a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga medida agraria que se corresponde coa metade do que unha xugada pode arar nun día.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de parentes da liña ascendente que preceden a unha persoa.

    2. Influencia ou autoridade que ten unha persoa sobre outra.

    3. Orixe ou procedencia dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ascende, que vai de abaixo para arriba, en sentido de ascenso.

    2. Parente da liña ascendente que precede na sucesión xenealóxica.

    3. Autoridade, influencia moral, que unha persoa ten sobre outras.

    4. Dise dos astros que incrementan a súa altura por riba do horizonte.

    5. Chámaselle aos talos que, despois de comenzaren a medrar nunha dirección case horizontal, toman  unha dirección de crecemento vertical ou oblícua cara a arriba.

    6. Aplícase ao intervalo musical no que calquera son (agás o primeiro) é máis agudo ca o anterior.

    7. Punto do zodíaco que aparece no horizonte no momento determinado do nacemento dunha persoa e que se supón que ten algunha influencia sobre a súa vida ou sorte.

    8. En xenealoxía, liña que vai de fillos a pais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ir en sentido ascendente, de abaixo a arriba.

    2. Chegar ou situarse nun lugar máis alto.

    3. Aumentar a temperatura, o gasto ou calquera cousa que se poida medir.

    4. Trasladarse espacialmente de abaixo a arriba, percorrendo unha distancia, camiño, etc.

    5. Outorgar a alguén un grao profesional, dignidade, cargo, etc máis elevado do que posuía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pórse o cargo dalgunha cousa ou de alguén.

    2. Satisfacer algún tipo de petición, demanda ou necesidade.

    3. Ocuparse o dependente dun comercio ou outra persoa encargada dun despacho ou oficina de saber qué é o que quere un cliente ou persoa do público para servilo.

    4. Prestar atención, estar atento, a algunha cousa, pór coidado nalgunha cousa.

    5. Ter en conta ou en consideración algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO