ascendente
(
-
adx
Que ascende, que vai de abaixo para arriba, en sentido de ascenso.
Ex: Nos tramos ascendentes o tren vai máis despacio.
Antónimos: descendente. -
s
Parente da liña ascendente que precede na sucesión xenealóxica.
Ex: Aseguraba que o seu reloxo fora unha herdanza dun ascendente suízo.
Antónimos: descendente. -
s
f
Autoridade, influencia moral, que unha persoa ten sobre outras.
Ex: A opinión do meu pai ten un grande ascendente para min.
-
adx
[ASTRON]
Dise dos astros que incrementan a súa altura por riba do horizonte.
-
adx
[BOT]
Chámaselle aos talos que, despois de comenzaren a medrar nunha dirección case horizontal, toman unha dirección de crecemento vertical ou oblícua cara a arriba.
-
adx
[MÚS]
Aplícase ao intervalo musical no que calquera son (agás o primeiro) é máis agudo ca o anterior.
-
s
m
[ESOT]
Punto do zodíaco que aparece no horizonte no momento determinado do nacemento dunha persoa e que se supón que ten algunha influencia sobre a súa vida ou sorte.
Confrontacións: horóscopo. -
liña ascendente
En xenealoxía, liña que vai de fillos a pais.