ascensión

ascensión

(< lat ascensione)

  1. s f

    Acción e resultado de ascender.

    Ex: A ascensión ata a cima da montaña resultou máis difícil do que contabamos.

    Sinónimos: subida. Antónimos: descenso, baixada, baixada.
  2. s f [RELIX]

    Subida corporal de Cristo ao ceo dende o Monte dos Olivos corenta días despois da Resurrección. A narración desta ascensión sensible, ligada ao tempo e ao espacio, só é narrada por san Lucas (Evanxeo e Feitos dos Apóstolos). As outras escrituras do Novo Testamento só falan da Resurrección e da exaltación de Cristo á dereita do Pai; coa palabra ascensión e con expresións semellantes enuncian unha verdade de fe que non se pode situar no ámbito da experiencia concreta. A narración da ascensión sensible describiu a última reunión de Xesús cos seus discípulos antes da súa desaparición da terra. Os cristiáns celebran a festa da Ascensión corenta días despois da Pascua, polo tanto sempre en xoves. A tradición litúrxica considerou a ascensión como a manifestación final do triunfo pascual de Cristo sobre a morte e a súa presenza no ceo. O tema aparece representado escultoricamente na arte paleocristiá e bizantina, e xa na Idade Media en San Sadurniño de Toulouse e na catedral de Chartres. Entre os moitos pintores que representaron a Ascensión destacan Giotto, Mantegna e Correggio. Nos ciclos da vida de Cristo represéntase a ascensión, como no retablo maior da Catedral de Lugo, obra de Cornielles de Holanda. OBS: Débese escribir con maiúscula.

    Confrontacións: Asunción, Asunción.
  3. ascensión capilar [XEOL]

    Ascensión da auga profunda dun solo, que se produce en virtude das forzas físicas de capilaridade, a través dos poros finos do solo. Nos casos nos que a ascensión capilar chega á superficie prodúcese unha subida continua de auga que substitúe á perdida pola evaporación (solos exopercolatiuvos). Esta ascensión ten importancia no proceso de maduración dos solos, pero pola súa intensidade feble non adoita ter a significación que se lle atribuía para a nutrición das plantas.

  4. ascensión recta [ASTRON]

    Arco de ecuador celeste que comeza no primeiro punto de Aries e que vai ata o círculo horario do astro en sentido directo, é dicir, contrario ás agullas do reloxo, para un observador situado no hemisferio norte. Mídese en horas, de 0 h a 24 h e é o suplemento de 360°, no ecuador celeste, do ángulo sideral. Forma parte das coordenadas ecuatoriais xunto coa declinación. A ascensión recta verificable e a ascensión recta media difiren na ecuación do tempo.

  5. ascensión recta do cénit [ASTRON]

    Nome co que tamén se coñece a hora sideral, polo feito de coincidir coa ascensión recta da estrela cando esta se atopa no meridiano superior.

  6. máximo de ascensión [ASTRON]

    No sistema de coordenadas ecuatoriais, denomínase deste xeito os círculos horarios. O primeiro máximo de ascensión é o que pasa polo primeiro punto de Aries.

Palabras veciñas

ascendente | ascender | ascendible | ascensión | Ascensión, A | Ascensión, illa da | ascensional