baixada

baixada

(< baixar)

  1. s f

    Acción e efecto de baixar.

    Ex: Quedou unha paisaxe moi bonita trala baixada do sol.

    Sinónimos: caída, descenso, diminución, baixa, baixa. Antónimos: aumento, elevación, subida.
  2. s f

    Lugar ou camiño por onde baixa alguén ou algunha cousa.

    Ex: Hai unha baixada antes de chegar ó quiosco.

    Antónimos: subida.
  3. s f

    Inclinación ou pendente dunha superficie cara a abaixo.

    Ex: A mesa de billar non pode ter esta baixada.

    Sinónimos: baixeira.
  4. s f [MAR]

    Escada que permite descender ao interior do casco dun barco.

  5. s f [XEOG]
    1. ertente suave que forma o reverso dunha costa.

    2. ertente suave, ao pé dun relevo, formada pola unión dunha serie de conos aluviais coalescentes.

  6. baixada de antena [TECNOL]

    Condutor eléctrico que une a antena co aparello receptor.

Palabras veciñas

Baixa Normandía | Baixa Saxonia | Baixa Verapaz | baixada | baixada | baixado | baixado -da